Blogia
Sekeirox

(SI) Sociedade da Inf...

Liberdade de opinión e de expresión

Liberdade de opinión e de expresión Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Declaración de principios:
4. Reafirmamos, como fundamento esencial da sociedade da informaicón, e segundo se esípula no artigo 19 da Declaración Universal de Dereitos Humanos, que todo Individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión, que este dereito inclúe o de non ser amolado a causa das súas opinións, e de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión. A comunicación é un proceso social fundamental, unha necesidade humana básica e o fundamento de toda organización social. É tamén indispensable para a sociedade da información. Todas as persoas, en todas partes, deben poder participar e non debe exluirse a ninguén das vantaxes que ofrece a sociedade da información

Demasiado bonito para ser certo. Todavía hai moitas bocas pechadas á forza, ou por medo.

Unha educación a prol dos dereitos humanos

Unha educación a prol dos dereitos humanos Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Declaración de principios:
3. Reafirmamos a universalidade, indivisibilidade e interrelación de todos os dereitos humanos e as liberdades fundamentais, incluido o dereito ó desenvolvemento, consagrados na Declaración de Viena. Reafirmamos asimesmo que a democracia, o desenvolvemento sostible e o respecto dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais, asi como o bo governo a todos os niveis, son interdependentes e se reforzan entre sí. Resolvemos asimesmo reforzar o respecto do imperio da lei nos asuntos internacionais e nacionais.
Partindo do respecto a priori do enunciado neste cumio de Xenebra, e da interdependencia de varios factores fundamentais para o desenvolvemento da sociedade, eu pregúntome ¿que entenden por liberdades fundamentais? ¿cal é o concepto de democracia, do que se fala no paragrafo anterior? ¿que se considera como modelo de bo governo? ¿pode ser a lei verdadeiramente xusta cando se convirte nun "imperio" ou forma parte del?...

Sociedade da información para o desenvolvemento sostible

Sociedade da información para o desenvolvemento sostible Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005
Declaración de principios:
2. O noso desafío é encauzar o potencial da tecnoloxía da información e a comunicación para promover as metas de desenvolvemento da Declaración do Milenio, a saber, erradicar a pobreza extrema e a fame, lograr unha educación primaria universal, promover a igualdade de xénero e a habilitación das mulleres, reducir a mortalidade infantil, mellorar a saúde materna, combater a VIH/SIDA, o paludismo e outrar enfermidades, garantir a sustentabilidade ambiental e forxar alianzas mundiais en favor do desenvolvemento para lograr un mundo máis pacífico, sostible e as metas de desenvolvemento convidas, que se sinalan na Declaración de Johannesburgo e no Plan de Aplicación do Consenso de Monterrey, e outros resultados dos Cumios pertinentes das Nacións Unidas.

Unha sociedade da información incluínte

Unha sociedade da información incluínte Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005

Declaración de principios:
1. "Nós, representantes dos pobos do mundo, reunidos en Xenebra do 10 ó 12 de decembro de 2003 con motivo da primeira fase do cumio mundial sobre a sociedade da información, declaramos o noso desexo e compromiso comúns de construir unha sociedade da información centrada na persoa, incluínte e orientada ó desenvolvemento, na que todos poidan crear, consultar, utilizar e compartir a información e o coñecemento, para que as persoas, as comunidades e os pobos poidan desenvolver o seu pleo potencial na promoción do seu desenvolvemento sostible e mellorar a súa calidade de vida, dacordo cos obxectivos e principios da Carta das Nacións Unidas e respectando e definindo plenamente a Declaración Universal dos Dereitos Humanos