Blogia
Sekeirox

Imaxin Ando

Acuarela

Acuarela

O outro día, aproveitando o "festivo", estivemos a gozar do bo tempo e dun fermoso contorno. Entre as actividades que nos propuxemos realizar coa máis pequena, estivo a de tentar debuxar distintos lugares e momentos da nosa estadía . Saíron cousas ben bonitas: algunhas, quedaron recollidas pola cámara; outras en papel, outras en servilletas e esquencidas nalgunha cafetería; e moitas, moitas,... na praia,... borradas, con toda seguridade polas pegadas dos paseantes descoidados e pola seguinte marea alta, que non se apiada do maxín e do esforzo creativo. En todo caso o realmente interesante foi o proceso e os bos momentos de representación gráfica do maxín da pequena, como pasa na cantiga (non debemos deixar que o paso do tempo esvaeza as cores e a imaxinación) que recollo do Laboratório de Desenhos  : unha moi boa fonte de recursos educativos.

 

 

Máis ferramentas para imaxes

Estupendas as tres utilidades online para o tratamento de imaxes, que nos comenta Francisco Muñoz en Aulablog21.
- Montage-a-Google
- Painter
- Resize 2 mail

A verdade é que as probei e encantáronme as tres, grazas unha vez máis Paco, por compartir...