Blogia
Sekeirox

Tecnoloxías

Ferramentas para enriquecer o blog

Dou con blogbox.com onde se ofertan caixas do tempo, de fotos, de sons, de ligazóns... que poden axudar a enriquecer un blog.

Tecnoloxías no "ollo do furacán" no ensino superior, segundo educause

De octeto, recollo a nova dos libros brancos publicados por educause sobre tecnoloxías en «que están a ter un impacto directo nas institucións de educación superior»:

1. A xestión do correo lixo
2. Os usos legais das redes P2P (peer-to-peer)
3. A creación e intercambio de obxectos de aprendizaxe reutilizables
4. A converxencia de bibliotecas, repositorios de obxectos dixitais e sistemas de xestión de contidos web
5. O desenvolvemento da tecnoloxía "sen fíos" dentro das redes do campus
6. As redes rexionais académicas

Blogs en Flash

Vía aulablog21, atopo esta nova ferramenta opensource de blogs, baseada en Flash, PHP, MySQL: FlashBlog

Simulacións e demostracións

Aínda que non me guste facer publicidade, coido que a ferramenta Macromedia Captivate, ten moi boa pinta para facer simulacións e demostracións. Non estaría demais que algúen que a probase, fixera algún comentario.

A Universidade de Montana elixe o seu LMS

Segundo e-learning,conocimiento en red, a Universidade de Montana, ven de seleccionar a ferramenta Blackboard, como LMS, para por os seus cursos en internet.

KidzLog: weblogs para nenos

Ten boa pinta esta ferramenta KidzLog de edición de weblogs para nenos, parece faciliña e intuitiva, haberá que seguila.

Novas versións de Moodle, A-Tutor e Sakai

Publican en Octeto, dúas interesantes novas: unha sobre as novas versións do contorno Moodle 1.3.2, que incorpora melloras en canto aos estándares (SCORM), e A-Tutor que inaugura o acceso público ao repositorio do seu código fonte.
Outra nova interesante que recolle é sobre a ferramenta de Sakai, que acaba de anunciar a primeira versión do seu Collaboration and Learning Environment (CLE), un contorno modular de código fonte aberto que ten o obxectivo de integrar diversas funcionalidades de e-learning nun portal académico. Lembremos que o proxecto Sakai é unha iniciativa das universidades de Michigan, Indiana e Stanford, o MIT e o consorcio uPortal.

Anatomía dun weblog

Coincido con Piscitelli, en que o post de Barret Anatomía de un weblog describía o formato e a filosofía dos weblogs como vehículo dunha rede para todos feita por todos.

UNESCO Free Software Portal

UNESCO Free Software Portal A través deste portal, a UNESCO fai unha recolleita de software libre, na que se inclúen comentarios moi interesantes sobre as distintas ferramentas. Agradezo que dende un organismo oficial ofrezan "variedade".

Comparativa de sistemas de weblog

En slashdot, atopo un artigo sobre sistemas de weblogs. prostoalex, establece unha comparativa segundo ás súas características e prestacións.

que EVA, e Porqué

A Universidad Jaume I ven de publicar, a través do seu Centro de Educación y Nuevas Tecnologías, un informe no que se detallan os criterios e a metodoloxía empregados no proceso de avaliación e selección do Entorno Virtual de aprendizaxe (EVA).
Os criterios que guiaron a selección foron tres:

A flexibilidade didáctica.
A usabilidade.
A flexibilidade tecnolóxica.