Blogia
Sekeirox

Tecnoloxías

Recoméndase non apagar o mobil

Recoméndase non apagar o mobil

Resulta habitual en moitos espazos que nos rodean, ver carteis de: Prohibido o uso do mobil; ou Apague o seu móbil. Nas aulas, mesmo: - Como vexa ou escoite algún mobil...

Pois despois de ver novas como a que escoitei ontes na radio e da que se fixeron eco numerosos medios de comunicación, como por exemplo Galicia Hoxe , non nos debe estranar que en certas ocasións mesmo animemos, por exemplo aos alumnos, a levar consigo o seu mobil e a que o teñan aceso. Trátase de sacarlle punta a esta forma de acceso á información, e pensar con certa creatividade nos usos educativos que se lle pode dar a esta tecnoloxía presentada na sede coruñesa da Fundación Caixa Galicia. Como recollen no citado xornal, "calquera usuario que visite dende agora as mostras abertas na entidade acompañado dun teléfono móbil con tecnoloxía Bluetooth poderá recibir datos e ata material audiovisual sobre as mesmas no seu propio terminal". O sistema "facilita que os propios artistas sexan os que presenten a súa propia exposición", o cal constitúe tamén unha novidade interesante. Podería ser por exemplo cunha presentación en vídeo coma a que gravou o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, para a exposición Galicia, a forza da palabra, dedicada ó centenario da institución.

Imaxinade, por exemplo esa clase de literatura, na biblioteca do centro, e ao achegarnos aos libros recomendados, cada alumno recibe no seu dispositivo mobil con bluetooth os comentarios do autor, do profesor ou do experto na materia; ou mesmo as indicacións para ir realizando o comentario...para imaxinar, pensar, reflexionar e soñar. Que usos se vos ocurren no eido educativo?

Ms Dewey: un buscador máis atractivo que Google

 

 

Vía Código Cero dou con Ms Dewey , un buscador cunha interface bastante máis "atractiva" que a de Google, por exemplo. Gustoume (a idea tamén). Moi simpática a interacción con Ms Dewey, e a súa actitude, ás veces sarcástica, ante determinadas buscas.

Actualización:

Máis sobre a ferramenta en:

NireBlog, agora tamén en galego

O outro día falaba das bondades dun servizo de creación e aloxamento de blogs: o NireBlog . Pois ben, hoxe grazas a Marcus de Código Cero entérome dunha nova que fai subir moitos enteiros a esta ferramenta. Resulta que este servizo ven de presentar a súa versión en galego, de xeito que aumenta o número de linguas coas que se poden editar os seus blogs.
"Cada unha das falas dispoñibles incorpora a súa propia páxina de entrada dende a que aparecen as últimas publicacións nas mesmas dentro do sistema de NireBlog".

Búscase lector de sementes bo, fiable, de balde e amigable

Búscase lector de sementes bo, fiable, de balde e amigable

Menos mal que o Planeta educativo nos mantén ao día, e que as rutinas de visitas obrigadas, están máis ou menos establecidas; porque o que é o meu lector de sementes...: o Feedness leva unha tempada dando problemas e non atopo explicación algunha que me devolva a confianza depositada estes anos nesta ferramenta e os seus autores . Hai un mes ou por ahi, xa tiveran problemas co servidor, pero agora parece que o problema é máis serio. ¿Alguén sabe algo ao respecto?

Despois de ver o pulo e o interese co que se están a empregar os de Google (acaban de mercar tamén YouTube ) e de ter probado o ben que funciona o Google Reader , estou case que decidido a mudar de lector de sementes (a pesar do magnífico servizo prestado por Feedness ata o de agora). Outra opción a barallar é voltar ao clásico (pero actualizado) FeedReader , coa súa Beta 3.06 que ten versión en galego, ou recurrir ao Bloglines de sempre, opción que non me atrae demasiado porque aínda que cumple a súa función, levan moito tempo sen evolucionar nada, e iso nestes tempos xa sabedes o que implica.

Indeciso Acéptanse suxerencias ;)

Actualización das 16:30

Parece de broma pero non o é Riendo. Publicar esta anotación e poñerse o Feedness a funcionar foi todo un. Haberá que darlles outro voto de confianza, pero subscribo todo o dito anteriormente e será bo ter unha boa opción na recámara.

iPods para a docencia

Teño un mogollón de posts no tinteiro pero é o que hai...; irán saíndo na medida en que vaia collendo o ritmo adecuado.

De momento, recollo de Código Cero unha nova que me fixo lembrar o ben que o pasei revisando o que publicaban ao respecto dos podcasts, os colegas Lourdes e Alejandro , e a cola que trouxo o tema.

Din en Código Cero que "o South Kent College de Dover (Reino Unido) investiu 25.000 (36.811 euros) na adquisición de reprodutores iPod nano para 250 dos seus estudantes para que os poidan empregar tanto para escoitar música como para repasar as súas clases, como un xeito de reforzar a súa aprendizaxe.
A iniciativa resulta polémica, xa que hai que considera que é un desperdicio dos cartos públicos, aínda que tamén resulta moi interesante o feito de que poñan en funcionamento un servizo de podcasts coas clases para permitir a descarga das mesmas.O uso de reprodutores de MP3 xa se está a probar en centros educativos de EE.UU. e Australia e supoñen unha boa solución para recuperar clases perdidas ou para repasar temarios dun xeito cómodo e atractivo, que mellora a calidade da docencia
".

Tomamos nota.

Comentarios a viva voz con podcasts

Este é o título dun post publicado por Alejandro , sobre unha idea que está a desenvolver man a man con Lourdes Barroso . A verdade é que terán que pasar ainda uns días ata que o poda dixerir ben, e poida parar de pensar en posibles utilidades á súa idea, que non é nin máis nin menos que facilitar comentarios a un post en podcast. En dúas verbas: Im - presionante. Tan sinxelo, tan complexo, tan xenial.

Web 2.0 e o futuro da web. A Xornada

Web 2.0 e o futuro da web. A Xornada

Tal e como estaba previsto celebrouse na ETSE da USC a xornada co título Web 2.0 e o futuro da web , organizada polo Grupo de Sistemas iIntelixentes do Departamento de Electrónica e Computación .

Ao entrar no estupendo Salón de Actos da Escola, fíxosenos entrega aos asistentes de dous documentos: Web 2.0 en la Wikipedia e What Is Web 2.0: Design Patterns and Business Models for the Next Generation of Software de Tim O’Reilly.

No flikr de Pedro Jorge , que asistiu como blogger e membro da Asociación de usuarios de Linux da USC, temos cumprida información gráfica do evento; e tamén hai unha boa crónica escrita no Código Cero de hoxe.

Ao principio da xornada, e tras o saúdo do Director da Escola de Enxeñería: Juan M. Lema; Eduardo Sánchez Vila, fixo unha presentación da xornada encaixada dentro das liñas de investigación do Grupo ao que pertence. A que máis me interesou é a liña aberta no eido do elearning e o seu proxecto EUME .

Comezou Pedro Jorge, facendo referencia ao grao de subxectividade que aínda encerra o concepto de web2.0, seguindo a definición da wikipedia: ... o que os usuarios "perciben" do que é a evolución da www.

Centrou a súa charla en torno a dúas ideas: Falou da web como plataforma (idea presente en todas as intervencións) que dá soporte ás aplicacións que a maioría dos usuarios de internet utilizamos e mesmo á información que nos acompaña a onde queira que chegue a rede.

A segunda idea principal, ao meu modo de ver, é a da Intelixencia colaborativa; é dicir o realmente importante da rede non é a propia rede senón as persoas que a conforman.

Fixo un percorrido polas aplicacións máis utilizadas na liña da web2.0 (wikis, blogs, flikr, gmail, writely,..), e tamén destacou a importancia que teñen os estándares á hora de que toda a web funcione (independentemente da súa acreditación por parte dunha axencia ou outra) . No eido da empresa destacou a importancia que ten poñerlle rostro á participación da xente nos diversos intercambios que teñen lugar nos distintos frentes de negocio e fixo referencia ao éxito dos comentarios sobre diversos productos por parte dos usuarios en empresas com por exemplo Amazon.

Chegoulle o turno a Joaquín Lameiro Paz de IBM, quen (dende o punto de vista da empresa) fixo un repaso da evolución de internet nos últimos anos e dos movementos de IBM en cada unha das fases desa evolución. Falou do estalido da burbulla en torno ao ano 2000, pasando a cobrar especial relevancia para as empresas o coñecemento colaborativo; o novo paradigma da evolución dende o usuario como "consumidor" ao usuario como "creador" de información.

Falou de como as empresas punteiras foron quen de rentabilizar esa información coletciva, facilitando novas plataformas e recursos, novas ferramentas de participación e souberon adaptarse ás novas estruturas económicas. A aportación por parte dos usuarios supón un valor engadido aos productos e ahi ten moita importancia a folksonomía ou etiquetado popular.

Falou de como os novos medios e o trasvase do protagonismo na producción e difusión da información sobre os usuarios implica necesariamente ter en conta aspectos relacionados coa autoridade (autoría) da información, e na inversión da secuencia: publicación - filtro de información (antes filtrábase e despois publicábase e agora publícase e logo fíltrase).

Destacou a importancia e necesidade de incremento dos anchos de banda de cara á descarga e subida da información e de cara a que os usuarios poidan facer na rede o que desexan, xestionar e editar a información.

Lameiro destacou algúns dos actuais proxectos de IBM, como por exemplo a solución Nstein Public Imaging Monitoring , que entre outras cousas axuda ás empresas a aproveitar toda esa información xenerada coa web2.0 para ter unha idea de como é percibida (e os seus productos); ou o proxecto do Visual Communication Lab de IBM : History Flow , que permite ter, dunha ollada, información relevante sobre o seguimento dun sitio, das contribucións e colaboracións que recibe.

O relator rematou a súa intervención adiantando que el cre que sen dúbida "a web será a máquina", converténdose nunha extensión do noso cerebro.

Manuel Guerreiro de SUN, Falou da empresa á que representa na evolución da web; parouse (pouco) no "concepto" da web 2.0, e falou do "momento Java" que estamos a vivir. Apelou ao eslogan de SUN: "The network is the computer", para falar da intención de SUN de seguir liberalizando os seus productos (dende outubro: Operación "Red October") e a idea da compañía é ir pasando todos os seus productos a código aberto (nun ano ou dous) dependendo da implicación ou non de outras compañías.

Fixo fincapé na idea de SUN de estar presente de cheo no movemento web 2.0; manteñen que os servizos web son un valor en alza na web. Sosteñen a idea de que a web2.0 pode xirar en torno ao desenvolvemento de Java. Sinalou que o cambio do contido estático e unidireccional a dinámico e multidireccional é imparable. Puxo o exemplo de que parte dos servizos de Google teñen a súa base en Java, e que está previsto que o open office se intedre dende a web a través dos servizos de Google.

Engadiu que a web 2.0 vai permitir un modelo mellor de pago por uso (o software como servizo).

Guerreiro, destacou a importancia do desenvolvemento de estándares, que deben ser totalmente abertos para que todo esto se desenvolva, para que a tecnoloxía evolucione e se poidan crear comunidades en torno a elo.

Contou como se está a desenvolver unha importante rede de bloggers entre os traballadores de SUN, entre os que destacou ou blog do propio presidente quen publica a opinión dos seus empregados a través do seu blog; os mantén informados, e ademais crea comunidade(s).

Como proxecto destacado (ademais do xa mencionado "octubre vermello"), falou o relator do lanzamento do Java System Portal Server que actúa como ligazón entre os usuarios finais, a información e servizos empresariais permitindo aos usuarios crear fácilmente comunidades de usuarios e servizos, e desa forma construír portais comunitarios poboados de contido cooperativo, incluindo RSS feeds, blogs e wikis.

Para rematar a rolda de intervencións Álvaro Morón Alonso de Microsoft, falou da "segunda década da web" para referirse á web 2.0. Morón falou de tres piares nos que se sustenta este cambio de cara aos usuarios: o alcance ás tecnoloxía e polo tanto á información; a seguridade, e a fidelidade.

Con respecto ás novidades de Microsoft nesta nova "década" falou do Windows Media Center como o novo gran aparello que vai permitir a integración dixital (PC, TV, audio,...) nas nosas casas, permitíndonos dese xeito acceder a teda a información multimedia das nosas vidas dun xeito doado e rápido.

Falou tamén das características do Windows Vista e das diversas integracións de servizos "web" que permite este Sistema Operativo.

Ao final non puiden quedar para a mesa redonda, que prometía. se alguén o quere contar, pois xa sabe, isto queda aberto ;)

Web 2.0 e o futuro da web

A través do Xornal da USC , entereime da xornada que terá lugar na ETSE da USC o vindeiro xoves 19 de xaneiro, na que se debaterá sobre a Web 2.0 e o futuro da web. Nesta xornada participarán Pedro Jorge Romero da Asociación de Usuarios de Linux da USC, Joaquín Lameiro Paz Delegado de IBM, Manuel Guerreiro de SUN e Álvaro Morón Alonso, de Microsoft.

Tentarei acudir; e se o fago, contareino.

Gústame conducir...!

No tinteiro

Cousas para facer co RSS

Juan Freire, recolle de TimYang un listado de 15 cousas que se poden facer co RSS, o listado, segundo Juan parafraseando ao autor, é convencer á xente do útil que pode ser empezar a utilizar un agregador de feeds RSS, e non só para sindicar blogs ou agregar novas. A min dende logo, cambioume a forma de enfocar o meu traballo e de navegar pola rede.

Chamada no blogomillo

Xa había tempo que esperaba unha chamada deste tipo. E tivo que ser o amigo Dorfun, na súa versión 3.0 (segundo moitos que pasaron por ela, unha das épocas nas que optimiza a relación froza - creatividade - produción;D), quen a fixera. Temos falado da necesidade de darlle un empurrón ao blogomillo, e Dorfun acaba de poñer unha seMente de algo que promete.
De momento a idea é "ter un punto onde a xente poda construír documentos colaborativos, aportar novas, crear foros, dirixir bitácoras,… e tamén solicitar e/ou crear cursos en liña, enfocado sempre a axudar a outros a sobrepasar os seus problemas e dúbidas informáticas diarias". É un xerMolo que, entre outras cousas, puidera dar cabida, por que non? a ese planeta galego do que temos falado e que é tan desexado por moitos de nós.

Oída a chamada, tentarei seguir este interesantísimo proxecto, e na medida en que me dean os folgos, participar e colaborar. Sabendo quen leva a brúxula, estou seguro de que se chegará a bo porto.
Non sabes canto me alegrei hoxe ao descubrir esta seMente! Dorfun, enhoraboa.

Máis sobre weblogs

Recollo de Mario Núñez en Avalúo, a sección sobre weblogs que teñen en M/cyclopedia of New Media. Moi interesante.

Bitacorae aberto ao público

A través de Francisco Muñoz de Aulablog21, entérome de que está Bitacorae aberto ao público. Para os que estamos ollando posibilidades para mellorar o noso blog, pode ser unha estupenda noticia; depende de como calle esta iniciativa de bitacoras.com que está en fase inicial.

Ferramentas multiusos

Ferramentas multiusos Unha das cousas polas que teño debilidade, son as ferramentas multiusos.
Xa sei que normalmente temos "a ferramenta axeitada para cada cousa, creada cunha finalidade determinada", pero moitas veces os que gostamos da bricolaxe, dámoslle usos ás ferramentas para os que non foros creadas.
En Deakialli Docu-Mental, publican un interesante artigo sobre unha aplicación: Gmail Drive creada por Viksoe.dk que permite facer outro uso (como unidade de disco virtual) das contas Gmail. Moi útil mentres dure.

Un descanso para a vista?

Vía Avalúo e Tecnologías de Aprendizaje, Mario A. Núñez fala da nova versión de Opera, que ofrece apoio para RSS e recibe ordes vía voz.
Ao respecto, Gemma Ferreres en tinta china, amplía un pouco a información e dí que non só recibe ordes vía voz, senón que lee (daquela maneira) en voz alta as noticias.
Paréceme, dende logo un novo paso de xigantes de cara á accesibilidade á información, e un descanso para a vista.

Máis podcasting

Seguindo co tema da voz, Gemma Ferreres en tintachina, fai referencia a dous artigos de mini-d e pjorge, sobre o podcasting. E Bea en Blog d'una profe publica un interesantísimo artigo sobre as utilidades didácticas do podcast (tamén revisei por onde anda Su ao respecto). Neste artigo Bea, conta os seus pasos co podcasting e os resultados, ademais fai unha avanzada de posibles usos educativos desta aplicación que sen dúbida será importante na docencia.

Documentos en formato aberto

Carles de sierto recolle e comenta a documentación oficial da Unión Europea sobre os formatos abertos: Available documentation on the Promotion of Open Document Exchange Format.

Traballlo colaborativo/blogging/e-portfolio

Vía HeadsPace J, dou con ELGG que como a define Jeremy é unha nova aplicación de traballo colaborativo en rede (Social Network, que inclúe en sistema de xestión e edición de contidos (Personal Publishing) que funciona como un blog e inclúe un servicio de ePortafolio = elgg
A ferramenta está nos seus comezos, pero coido que tal e como David Tosh e Ben Werdmuller están a montar esta aplicación combinando ideas simples para crear unha ferramenta poderosa, vailles ir moi ben.