O amigo dorfun, no
Caderno de Ciberlingua, comenta un interesante blog sobre webquests:
Webquests, Trabajando con la red, desenvolto por un grupo de traballo do
Centro de Profesores de Sevilla.
Comenta ademais a súa intención de explicar o tema da sindicación de contidos. Coido que é necesaria unha explicación clara e comprensible para os que non somos técnicamente mo avezados. Dende logo o tema da sindicación cando o descubrín, foi algo estupendo e moi útil, que trocou os meus costumes de navegante pola rede.
Agardo que, os que controlades, me ilustredes.