Sekeirox |
![]() |
|
Chaves para acadar unha docencia de calidade na universidadeGrazas a este artigo publicado por D. Besadío no DUVI , temos información dunha conferencia impartida por M.A. Zabalza (catedrático de didáctica da USC ). Os que tiveron a sorte de acudir á cita, encadrada dentro do ciclo A docencia universitaria e que tivo lugar na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo , teñen agora máis chaves para reflexionar sobre os novos retos que terá que afrontar a universidade para adaptarse aos novos tempos e, con el, ao EEES . Algunhas das cuestións e afirmacións, sen dúbida moi resumidas e expresadas de forma sintética nesta nova, son aspectos chave sobre os que dialogar e conversar tanto na docencia universitaria como noutros niveis do ensino. Segundo a fonte citada, M. Zabalza mantivo que para ser un bo docente non abonda con ter capacidade de planificar o curso, seleccionar e presentar os contidos do xeito axeitado e explicalos de forma comprensible. É necesario ademais:
Con respecto ao comentario xeralizado entre docentes universitarios da deficiente formación coa que os estudantes chegan ás aulas universitarias, Zabalda destacou que “os nosos alumnos son distintos a como eramos nós, veñen peor preparados en determinadas materias pero saben moito máis doutras, como a informática ou os idiomas. Habería que sacarlle o máximo partido a estas novas fortalezas”, comentaba.
Para este autor, o labor fundamental que ten que asumir o profesor universitario é o de docente, fronte á investigación. Por outra banda, o papel do alumnado vaise ver modificado xa que se esperará del un certo grado de autonomía e que asuma parte da responsabilidade dentro do seu proceso educativo.
19/01/2008 11:44. Comentarios » Ir ao formulario
Carlos, agradézoche a participación en Remexer e foron precisamente os comentarios os que motivaron esta especie de meme: http://remexernalingua.blogspot.com/2008/01/intercambios.html Gustaríame que alguén coma ti, con experiencia nestes proxectos, botase un pouco de luz sobre o tema. Unha aperta. Data: 31/01/2008 04:57. |
Temas
Archivos
EnlacesBlogheadas
ContornoDeseño
Deseño InstruccionalDocument AndoEdublogs
Educ AndoEduticadas
Recursos
(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests
1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin AndoCeroTres
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |