Polo recoñecemento oficial das publicacións na rede
Blogfesora e compañeira Lu.
Fai algún tempo, nunha anotación ou comentario na que falaba das forzas que somos quen de mover ao amparo da rede, que nos protexe e nos fai á súa vez máis fortes, falaba de ti, mellor dito de ti en relación ao teu traballo, aos teus proxectos, ao teu bo facer no eido das linguas e da utilización destas tecnoloxías que chegan cada vez a máis xente. Falaba de ti como referente (nalgúns temas) de tantas e tantas persoas, entre as que me inclúo.
O outro día Lu, cando lin a túa anotación, sobre o non recoñecemento (por parte da administración educativa) do teu traballo na rede como mérito do teu desenvolvemento profesional, tiven un sentimento de mágoa polo que podería estar pasando polo teu maxín; tamén de rabia polo que supón tanto para ti como para todas aquelas persoas que se podan atopar na túa situación (cada vez son máis os que planifican, desenvolven e comparten o seu traballo na rede).
O que non sentín foi sensación de sorpresa. Non tiven esta sensación, porque este incidente (accidente) que viviches e narraches "en calidade de... pringueision" é tan só unha consecuencia de "algo" que vimos dicindo e mantendo os que nos movemos pola blogosfera educativa. Ese "algo" é que imos (nalgúns eidos) un pasiño (máis ou menos longo) por diante da administración. Este "ir por diante" ten as súas vantaxes e inconvintes. Algunha vantaxe clara é, por exemplo, o sentir que estamos na punta de lanza (polo menos nunha das puntas de lanza) da innovación educativa; e iso fainos sentir ben, activos. Neste senso, case sempre "imos por fóra" do sistema, nun movemento subversivo marabilloso que nos mantén vivos e con ilusión.
Unha clara desvantaxe de ir "ese pasiño por diante nestas cuestións", é o que che aconteceu a ti e a outras moitas persoas, que non é máis que a constatación de que a administración educativa non está aínda preparada para certas cousas. Á administración cústalle cambiar, adaptarse, polo menos á velocidade que os tempos actuais o requiren.
Ante esta situación o que temos máis ou menos claro (moitos de nós), é que teremos que facer algo para que a administración mova ficha e dea ese salto que lle falta para que o que che aconteceu Lu, non siga pasando. O tempo e as tendencias convertidas en usos máis ou menos normalizados das ferramentas e usos que nos unen, irán dando paso a un recoñecemento máis que xustificado deste tipo de traballo que todos desexamos que se valore.
Mais non podemos agardar, senon axudar dalgún modo a que se visualice esta necesidade, por exemplo asinando no manifesto a prol do recoñecemento oficial do traballo na rede, ou engadindo as imaxes creadas para a campaña, entre as que está esta estupenda, (deseñada e traducida ao galego pola xentileza de Néstor Alonso)
O que che pido Lu é que o teu ánimo e a túa forza non decaigan e que o que fas, o sigas a facer a gusto e con ilusión.
Máis información:
2 comentarios
ugg shoes -
Lu -
Agradezco muchísimo el eco de la campaña, porque sé que es sincero y que sienta la primera piedra para que las administraciones valoren el trabajo que realizamos en la Red. Algunos blogferores excépticos han dicho que un blog no es un mérito. Yo no presenté como mérito mi blog, sino todos los materiales de lengua de elaboración propia y que constituyen un banco de recursos para muchos docentes.
Gracias, Carlos por poner tu granito de arena.