Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema Eduticadas. II xornadas de TADEGa con regalo incluídoRematando o 2007, tiveron lugar en Santiago as II xornadas de TADEGa . O principal obxectivo destas xornadas foi o agasallarnos cunha nova asociación cargada de bos obxectivos, ideas e profesionais, que van traballar para compartir con todos nós o seu saber sobre o emprego das TIC na atención á diversidade. Destacados no Magazine de HorizonteCando se traballa ben, e se fan as cousas con gusto: nótase. Así no Magazine de Horizonte , unha das publicacións de referencia, no eido da educación e as tecnoloxías, están a destacar o traballo dos compañeiros de Aulablog , e dos blogfesores en xeral. Si en marzo destacaban a Aulablog21 de Paco Muñoz , en setembro a Fernando Santamaría polo seu Gabinetedeinformatica , en outubro o destacado foi Anibal de la Torre, e nesta ocasión, no número 83 pertencente a Novembro o que aparece como web destacado do mes é Cuaderno del Profesor de José Cuerva . Parabéns a todos Monográfico sobre blogs e wikis na educación, e outras lecturas“El mal diseño de las bitácoras”, é o artigo de Alejandro Valero que aparece no Monográfico "Wikis y Blogs en la educación " publicado recentemente polo Observatorio tecnológico del CNICE. Neste artigo, o "maestro" analiza diversos aspectos dos blogs a ter en conta para non caer en erros no deseño de bitácoras que nos poden levar a ter certos tropezós na práctica. Grazas Alejandro por facernos máis fácil o camiño.
IMS Common Cartridge: novo estándar de contidos de aprendizaxeVía Octeto , entérome que o IMS Global Learning Consortium ven de anunciar que "o novo estándar de contidos dixitais de aprendizaxe Common Cartridge estará dispoñible en diversos produtos na primaveira de 2007. Para este fin, conta co compromiso de ANGEL Learning , Blackboard , Sakai , McGraw-Hill e outros desenvolvedores de software e de materiais de e-learning. O novo estándar estará baseado en especificacións xa existentes: Content Packaging 1.2, Question & Test Interoperability 2.0 e Learning Object Metadata 1.0. E será, ademais, compatible con SCORM 1.2 y SCORM 2004. IMS/GLC confía en que o Common Cartridge facilite a produción e distribución de contidos para cursos nun formato común ampliamente aceptado". Haberá que ver as reaccións por estes lares. Abrindo portas da educación superior ... con blogsEste artigo, publicado por un servidor en Aulablog , foi recollido e destacado en e-learning, conocimiento en red por era-ser. Fíxome ilusión que lle gustase e o recollese no seu blog; un dos que reviso a diario. O día de ... Internet O vindeiro 25 de outubro, é outro deses "Días de..." dos que falaba no post anterior; trátase do Día de Internet. Como dixen no seu momento, o achegamento de internet aos cidadáns, ou dos cidadáns a internet, é unha tarefa que debemos traballar día a día; sen embargo, dende o punto de vista docente, pode ser unha boa data para traballar moitas cuestións relacionadas co uso de internet, que aínda que nos parezan obvias, poden resultar moi importantes para sermos mellores membros da sociedade que conformamos a rede, e para intentar aportar o noso grao de area na procura da reducción da fenda dixital.Dende este punto de vista docente, os membros de aulablog decidimos participar ativamente nese día, realizando unha serie de actividades "extraordinarias" (coas que trataremos de desenvolver unha sesión continua de apoio e asesoramento no eido blogosférico (na docencia principalmente) a través dos foros, chats,..., repartiremos algún que outro "premio", e moito máis que iremos contando en aulablog). Ademais aulablog participa nos Premios convocados para o Día de Internet como mellor iniciativa educativa para o día de internet. Se aulablog che parece unha boa iniciativa educativa, neste senso, que merece ser recoñecida, podes votar a súa candidatura premendo neste vínculo: VOTO a Aulablog ou na web do Día de Internet O Equipo de Aulablog, tamén participamos co Planeta Educativo na categoría de mellor webloger ou periodista dixital. Se queres votalo preme aqui: VOTA Planeta Educativo De vacacións (II): Usos dos blogs no ámbito educativoHoxe tocou abordar algunhas desas tarefas "para as que nunca tes tempo": facer certas compras, realizar algúns trámites,...; tamén houbo un oco para visitas varias; e por sorte puiden facer unha das cousas que máis me gustan: recargar pilas na Frouxeira en boa compañia. Entre tarefa e tarefa, puiden revisar outro dos artigos que tiña pendentes nos recortes do recolledor, e a verdade é que foi un tempo ben invertido. Por suposto, tamen irei facendo algúns apuntes ao respecto no meu CiteUlike durante estes días. O artigo en cuestión, bueno en realidade os artigos en cuestión foron: Blogs @ Anywhere: High fidelity online communication e dos dous posts que James Farmer publicou en Incorporated Subversion e en Blogsavvy a propósito deste artigo: How NOT to use blogs in education e How you SHOULD use bloggs in education. A valoración: estupendos, tanto os posts como os comentarios e o debate suscitado a través dos mesmos. Realmente interesante. Os artigos recollen unha revisión de varios estudos realizados no ámbito da pedagoxía con respecto ao uso de blogs na docencia. James, toma como referente tamén uns estudos que están a levar a cabo na University of Technology Sydney e outro da Deaking University (que haberá que seguir de preto). O autor centra a súa análise do uso dos blogs atendendo á súa vertente comunicativa, xa que no que lle interesa afondar é nas dinámicas comunicativas dos blogs e das súas tecnoloxías asociadas e o seu impacto nos entornos de ensinanza - aprendizaxe online. O mellor de todo é que estas lecturas me serviron, (xunto con algúns dos últimos posts de Juan Freire como: Las meta-universidades: filtrado y agregación de contenidos externos, tamén de recomendada lectura), para animarme a retomar unha vella "idea" (intención, ilusión), de ir recollendo todas as iniciativas de incorporación de blogs ou servizos e blogs nas institucións educativas que van aparecendo cada día (a nivel internacional e nacional; comenzando polo nivel universitario para continuar coa educación secundaria, primaria e infantil); recoller se a súa introdución se fixo a nivel institucional, ou por iniciativa de profesores aillados; recoller se existe unha planificación do que se pretende facer con estas ferramentas ou non; o tipo de ferramentas que usan, e como as usan (por exemplo se fomentan o uso de blogs individuais ou blogs colaborativos, ou a modo de planeta de blogs ou metablogs,...) ...Algo máis?. Teño visto listados de blogs de institucións, e por suposto de profesores que teñen blogs a tódolos niveis, pero coido que iso non abonda, neste caso trataríase de darlle a ese listado o valor engadido do fácil acceso á información sinalada. Sei que esta é unha idea ¿ambiciosa? e supoño (sei), por suposto, que esta é unha idea compartida por moitas persoas; e o que teño claro é que para desenvolvela é necesaria a participación e colaboración de varias destas persoas; por tanto gustaríame animar a todo aquel que o desexe, a aportar ideas para, de forma colaborativa, ir pensando e desenvolvendo esta recolleita da forma o máis cómoda, inxeniosa, rica e sobre todo aberta posible. Web semántica e redes sociais, entre Santiago e a Frouxeira Ando cun pé no meu quefacer diario e con outro no curso Novas Tendencias en Internet: a Web semántica e as redes sociais virtuais que se celebra en Santiago do 18 ao 21 de xullo, ou sexa que remata mañá. De momento estoume a divertir, nalgunhas ponencias máis que noutras, depende do plantemaento das mesmas; rematado o curso analizaremos e valoraremos un pouco a experiencia. dende logo hoxe estouno a pasar estupendamente e espero rematar a tarde téndoo pasado mellor xa que nos agardan uns interesantes obradoiros.Do visto ata o de agora, presentáronse dúas das tendencias con máis forza en Internet: a web semántica (como di Catuxa en deakialli, un novo paradigma que persegue que a web sexa utilizada e a súa información comprendida por máquinas ou programas, e as redes sociais virtuais, a contrapartida en Internet das redes sociais tradicionais. Algúns dos poñentes: José Luis Orihuela, Juan Julián Merelo, Pedro Jorge Romero, Fernando Tricas, e outros destacados prelatores como Eduardo Sánchez Vila ou Manuel Lama Penin, José Manuel Alonso, Mariano Fernández López, Juan carlos Vidal Aguiar, Ricardo Rocha Amorim, Óscar Corcho García, Jesús contreras, ou José fernando Mendes... a verdade é que non están a defraudar. E entre os asistentes, algunhas "caras" coñecidas a través do seu traballo, agora tamén en persoa, como por exemplo a propia Catuxa de deakialli . Poñerse ao día (II)A verdade é que o ritmo que levamos nestes tempos non é moi normal; todo o día e parte da noite pegado ao trebello. Isto de tentar estar ao día; facer o que me gusta; facer o que teño que facer (que case sempre, afortunadamente, coincide co que me gusta), e non sucumbir no intento, empeza a ser unha tarefa complicada. Pero mentres se poida seguiremos. O meu recolledor está aos topes, e non poderei comentar todas as cousas interesantes cas que me atopo no camiño. Sen embargo non pode deixar de comentar, o diccionario visual ao que cheguei grazas a deakialli, e que basea os seus resultados nas etiquetas das fotos de Flickr; a miña busca foi: Frouxeira, e o resultado axudou a alegrarme a tarde. E tampouco podo deixar de comentar, unha nova á que chego da man de Paco en aulablog21, i é que dende hoxe xa se pode navegar coas "pestanas" en Internet Explorer e grazas á MSN Search Toolbar. Segundo Genbeta que é a fonte de Paco, instalando a última versión en inglés desta barra de navegación engadiranse ao Explorer, permitindo ter varias páxinas web nunha sola ventana (isto sónanos de algo verdade?). Trátase dun adianto do que será IE7. Era cuestión de tempo, que se producira o cambio. Adaptarse ou morrer. Artigos de intereseVía Innovate dou cunha xeira de artigos moi interesantes publicados en abril/maio de 2005: - Russell, G. 2005. The distancing question in online education. Innovate 1 (4). http://www.innovateonline.info/index.php?view=article&id=13 (accessed May 4, 2005). The article is reprinted here with permission of the publisher, The Fischler School of Education and Human Services at Nova Southeastern University. - Foreman, J., and R. Jenkins. 2005. Full-featured Web conferencing systems. Innovate 1 (4). http://www.innovateonline.info/index.php?view=article&id=45 (accessed May 4, 2005). The article is reprinted here with permission of the publisher, The Fischler School of Education and Human Services at Nova Southeastern University - LaCour, S. 2005. The future of integration, personalization, and ePortfolio technologies. Innovate 1 (4). http://www.innovateonline.info/index.php?view=article&id=85 (accessed May 4, 2005). The article is reprinted here with permission of the publisher, The Fischler School of Education and Human Services at Nova Southeastern University. - Gibson, D. 2005. Network-based learning and assessment applications on the Semantic Web. Innovate 1 (4). http://www.innovateonline.info/index.php?view=article&id=87 (accessed May 4, 2005). The article is reprinted here with permission of the publisher, The Fischler School of Education and Human Services at Nova Southeastern University. - Bender, T. 2005. Role playing in online education: A teaching tool to enhance student engagement and sustained learning. Innovate 1 (4). http://www.innovateonline.info/index.php?view=article&id=57 (accessed May 4, 2005). The article is reprinted here with permission of the publisher, The Fischler School of Education and Human Services at Nova Southeastern University. - Maddux, C., R. Cummings, L. Liu, and J. Newman. 2005. Aids and cautions in planning, developing, and delivering online instruction in higher education. Innovate 1 (4). http://www.innovateonline.info/index.php?view=article&id=32 (accessed May 4, 2005). The article is reprinted here with permission of the publisher, The Fischler School of Education and Human Services at Nova Southeastern University. - Klonoski, E. 2005. Cost-saving collaboration: Purchasing and deploying a statewide learning management system. Innovate 1 (4). http://www.innovateonline.info/index.php?view=article&id=69 (accessed May 4, 2005). The article is reprinted here with permission of the publisher, The Fischler School of Education and Human Services at Nova Southeastern University. - Downes, S. 2005. Places to go: New York Public Library Digital Gallery. Innovate 1 (4). http://www.innovateonline.info/index.php?view=article&id=177 (accessed May 4, 2005). The article is reprinted here with permission of the publisher, The Fischler School of Education and Human Services at Nova Southeastern University. A cada cal máis interesante. Dalgúns deles irei dando conta no meu CiteUlike Outro pasiño"Antes sencilla que muerta", é a inxeniosa frase ca que Juan Freire resume a idea que nos quere trasladar, no seu post comentando a iniciativa da UAB de ir dando pequenos pasos (sinxelos), pero importantes para incentivar o uso de software libre no ámbito universitario. Segundo recolle Juan de La tercera ola, a aposta inicial da UAB é facer un uso combinado de software libre co software propietario. O primeiro paso cara a promoción do software libre por parte da comunidade universitaria, é a implantación masiva do navegador Firefox e o xestor de correo electrónico Thunderbird. Os seguintes pasos a dar van na liña promocionar dentro do campus outras aplicación libres de calidade, por exemplo Open OfficeGIMP como programa de tratamento de imaxes ou Inkscape para o debuxo vectorial. Materiais educativo reutilizablesDe Octeto, recollo o documento Packaging and Publishing Learning Objects: Best Practice Guidelines (PDF 2 MB), publicado por Becta Trátase dunha guía para a verificación de materiais educativos, de cara ao cumprimento dos estándares que permiten a accesibilidade e reutilización dos mesmos en diferentes plataformas de ensianza a través da rede. Sobre Apcala e outras cuestiónsEn Cuaderno del Profesor, José Cuerva Moreno, comenta de forma ben clariña, coma sempre, varias novas que captaron o meu interese e nas que estiven a afondar un pouco. Refírome ao seu comentario sobre Apcala: Software Social, que me parece dun potencial enorme. Fai tamén referencia no seu post: ao xa clásico del.icio.us (para compartir ligazóns); a flikr, que xa temos comentado (para compartir imaxes); ao citeUlike (para compartir ligazóns a referencias bibliográficas), no que estou especialmente interesado e que estou a probar máis a fondo; e ao wists e blogmarks (para compartir ligazóns con imaxes), que non coñecía. Pareceume moi interesante tamén o seu post Mis primeras fórmulas en la bitácora, polas indicacións para editar fórmulas e simboloxía matemática. A fonte que cita: Mathematicus Scriptorium, pareceume tamén moi boa, non coñecía este blog (a pesar de que xa a tiña recollida no bloglines o amigo dorfun, no súa ampla recolleita de blogs relacionados co mundo das matemáticas; escapóuseme ;)). Poñerse ao día No intento de ir baleirando o meu recolledor de feeds para poñerme ao día, atopo algunhas novidades que non podo deixar de destacar: En aulablog21, Francisco Muñoz comenta dous estupendos artigos sobre o uso dos blogs; ademais, de indicarnos de forma clariña as novidades (melloras) que incorpora bitacorae. Mario Núñez Molina, en Avalúo y Tecnologías de Aprendizaje comenta a entrevista a Tony Bates en elearningamericalatina. James Farmer en Incorporated Subversion, aportou moitos posts interesantes nestes días, pero o último, sobre os sistemas de weblogs multiusuario "multi user weblogging", xunto co Massively Multi User Weblogging de D'Arcy Norman, pareceume estupendo. Ferramentas... moitísimas coas que irei trasteando, a última da que tiven noticia, unha para a creación de blogs: BlogSpirit. Documentos.... tamén moitísimos, pero por destacar algúns (que todavía non revisei en profundidade)..., os que conforman o II monográfico de RED a Revista de Educación a Distancia. Seguirei baleirando... Comunidades => comunicación => foros + weblogsGustoume o post da presentación de James Farmer: Communication Dynamics Web Presentation (with audio) sobre os foros e os weblogs como ferramentas facilitadoras de comunidades de investigación grazas ás súas dinámicas e características comunicativas. Fluida, directa. "Asistimos" á EDUCAUSE NLII ConferencePodería ser estupendo. En D’Arcy Norman Dot Net o autor publica o post Podcasts from EDUCAUSE NLII Conference e fala da iniciativa de EDUCAUSE de "contarnos" si con audio, dun xeito "organizado" a través deste "recolledor" "contedor", o que aconteceu na EDUCAUSE NLII Conference. Bueno, bueno,..., ten moi boa pinta pensei, e alá fun. Cando cheguei, leveime a mesma sorpresa que levou a Tom Hofman a amolarse de verdade. Cando chegas ao recolledor, atópaste cunha serie de posts (textuais) e tes que facer un par de "piruletas" (que diría unha amiga) para dar cos arquivos mp3 anexados, e o que é peor, cando tentei abrilos, deume unha mensaxe de erro. Despois de varios intentos conseguín ver (oír) o que quería ;). Innovación Educativa: TendenciasComo cada día, salta o meu chivato feedness, das novidades. Neste caso distintas fontes: firgoa, octeto,... apuntan ao artigo publicado en elearningeuropa.info: Hacia un nuevo paradigma de aprendizaje Trátase dun estudo recente, no marco da iniciativa e do plan de acción eLearning da UE, que ven de identificar tendencias teóricas e prácticas innovadoras en novos contornos de aprendizaxe no ámbito da educación escolar en Europa. O estudo completo: Study on Innovative Learning Environments in School Education en formato PDF(8 MB) As conclusións do estudo suxiren un cambio do instruccionismo en favor do constructivismo, que se entende como o marco de referencia a seguir. Analízase o concepto de contorno de aprendizaxe, entendendoo como un lugar ou comunidade onde se desenvolven actividades coa finalidade de apoiar a aprendizaje e que conta con numerosos recursos. O cambio cara ao novo paradigma de aprendizaxe, segundo os autores, require cambios importantes nas percepcións comúns, que se poden resumir en: - Visión dos alumnos como individuos, activos e responsables da súa aprendizaxe. - Planificación da aprendizaxe en función de estilos e ritmos de aprendizaxe individuais. - Atención á participación social, ás capacidades de comunicación e á colaboración. - Cambio do rol do profesor: como asesores, guías, supervisores e facilitadores do marco de aprendizaxe dos seus alumnos. - Da reproducción á construción de coñecemento. Da reproducción de contidos e datos á experimentaicón e a exploración para a creación de coñecemento. - Reorganización da situación de aprendizaje: reorganización do currículo; enfoques multidisciplinares e unha organización e planificación do tempo distintas, tanto da aprendizaxe como do traballo do profesorado. Abórdase o uso das TIC como potenciador, reforzador e axente transformador dos cambios cara o novo paradigma de aprendizaxe. A conclusión é que as TIC, tanto poden apoiar e conservar os métodos tradicionais; como ser un medio –ou un apoio– para transformar os métodos pedagóxicos e a organización da situación de aprendizaxe. Como parte do estudo, analizáronse seis casos como exemplos de boas prácticas. Producto destas análises, sinalan algunhas das características dos contornos de aprendizaxe que utilizan as TIC como soporte de novas formas de aprendizaxe: - O uso de TIC ofrece ás escolas a oportunidade de conectarse en rede con outras institucións e acceder a novas formas de aprendizaxe. - O uso innovador da tecnoloxía a miúdo únicamente ten lugar dentro da aula, e non é moi habitual entre clases, entre escolas nin entre escolas e outras institucións ou organizacións. - As TIC utilizanse principalmente en actividades de colaboración e de comunicación, produción e busca de información. - As TIC utilizanse con menos frecuencia para xogar, para realizar simulacións e para outros usos experimentais. - As TIC adoitan ser un catalizador de cambio, pero non determinan de por sí a dirección do cambio. Algúns dos principais retos dos novos contornos de aprendizaxe: - Necesidade de avaliar en novos términos. - Superar as resistencias ao cambio tanto por parte dos alumnos como dos profesores e dos pais. - Superar as dúbidas sobre os nuevos métodos de aprendizaje: sobre a capacidade das escolas para desenvolver as competencias que os alumnos necesitan para aprobar os exames nacionais e os das escolas que seguen métodos máis tradicionais; sobre a capacidade das escuelas para ensinar e ofrecer apoio aos alumnos con necesidades especiais. - Superar as dúbidas sobre aa reorganización: dos tempos, os espazos, as metodoloxías... - Atender ás dificultades dunha aprendizaxe independente. Aprender a escribir e a tocar o pianoHillary Meeler en EduBlog Quest, dí que está totalmente dacordo ca analoxía proposta no Juha Haataja's weblog, Universal Rule, dicindo que aprender a escribir é como aprender a tocar o piano. Tanto unha actividade como a outra requiren dunha práctica diaria constante para producir un traballo efectivo. É unha das tarefas máis difíciles de realizar, e a escritura e lectura de blogs, pode ser unha actividade enriquecedora no adestramento desta habilidade, xa que os estudantes expóñense a bos (e tamén malos) exemplos de escritura; e poden practicar as súas propias habilidades creando e compoñendo anotacións e comentarios. Recursos en Aulablog21Paco de Aulablog21, lavoulle a cara ao seu blog ;) (ainda que non lle facía falta ao meu parecer, porque estaba estupendo). A verdade é que lle está a quedar moi ben e sobre todo, o máis importante (sobre todo para el), é que mudou de xestor do blog, pasándose ao wordpress. A verdade é que teño un pouco de envexa, xa que teño pensado facer un cambio no sekeirox na mesma liña, máis non atopei nin o tempo nin os recursos para mudarme; e polo tanto seguirei facendo uso desta magnífica ferramenta que nos ofrece blogia. Ca súa nova ferramenta, Paco publica unha serie de posts, que me pareceron realmente de interese: Fala do Snap log Photo Blog; moi interesante Fala tamén do Email Icon Generator que descoñecía e do que xa fixen uso como se pode ver na sección Contact Ando de sekeirox. E por último destaco o comentario que fai sobre unha plantilla para avaliar blogs: Blogging evaluation; haberá que analizala un pouco. SimulaciónsMartin Shroeder de Online Learning Update fai un comentario sobre os usos que lle dan ás ferramentas de simulación na Universidade de Phoenix. Solidariedade e educaciónXa comentei no post anterior, que estaría estes días navegando baixo mínimos, deixándome levar polo vento, pola forza das mareas,... pero tentando manter o rumbo. E como non son surfeiro experimentado, fago (como moitos dos actuais navegantes) un pouquiño de trampa e utilizo uns pequenos pero potentes motores auxiliares: neste caso o feedness. Axudado pola súa forza, dou vía fírgoa, con tres novas que me pareceron de gran interese, que coido gardan unha estreita relación. Por unha banda, fan referencia a unha nova de noticiasdot.com , na que falan de TextArchive: a resposta da comunidade libre (concretamente da asociación sen ánimo de lucro "Internet Archive") emulando á iniciativa de construír unha gran biblioteca online, anunciada hai pouco polos responsables de Google: a Google Library. En TextArchive xa participan como doantes: a Biblioteca do Congreso estadounidense, a Universidade Carnegie Mellon, as Universidades de Toronto, Ottawa e McMaster; a universidade china de Zhejiang, o Instituto Indio da Ciencia ou a Bibliotheca Alexandrina de Egipto. Por outra banda, destacan a través de barrapunto.com, o post de rvr que informa de que a versión en galego do Wikcionario, chegou a sobrepasar as 10000 entradas (10391 concretamente ás 13h de hoxe), colocándose dentro dos tres maiores wikcionarios. E por último, e pola mesma vía, din tamén co artigo: Education for All Global Monitoring Report 2005 - The Quality Imperative, (o seu resumo pódese descargar tamén en fírgoa), no que se argumenta que a calidade: é o centro da educación; que inflúe no que aprenden os estudiantes, no ben ou mal que estudian, e nos beneficios que obteñen do seu proceso educativo. Tras facer unha análise profunda da situación educativa de diversos países e a nivel mundial, fálase da importancia que teñen os gobernos tanto a nivel nacional como internacional, de cara a asegurar un ensino de calidade a todos os alumnos do mundo, por medio de políticas educativas solidarias. A solidariedade e o compartir no ámbito educativo, son elementos comúns aos tres artigos comentados. Leerei este último da UNESCO con máis detemento estes días. Un pasiño para dianteO compartir información, experiencias e esforzos na elaboración de información na rede ponse, cada día que pasa, máis doado. Só necesitamos pagar (que non é pouco) a peaxe para meternos na grileira; o resto é case todo de balde e ca posibilidade de compartilo: discos virtuais, galerias de imaxes online, blogs, podcasting, feeds, ePortfolios, wikis, redes sociais, ... e un sinfín de aplicacións, que teñen a súa razón de ser na rede. Nesta ocasión, penso neste tema despois de ver por Onde anda Su ultimamente e de ler: este post de Albert Delgado en Edblogger Praxis e as ligazóns que nel se fan; despois de ler o que comenta James, en Incorporated Subversion; e despois de ler vía weblogg-ed, este interesante artigo de Naomi Augar, Ruth Raitman e Wanlei Zhou, da Universidade de Deakin, sobre o uso de wikis como ferramentas de ensino - aprendizaxe. Will, R. no mesmo post, pon como exemplo de uso de wikis o Planetmath.org. Stephen fai referencia ao artigo Extreme Blogging publicado en Forbes.com, comentado, pola súa banda, por George Siemens en elearnspace, no que falan dos wikis como "un paso máis adiante na democratización da web" con respecto aos blogs, xa que posibilitan que as contribucións individuais e máis ou menos ailladas a un tema a través de páxinas web normais ou a través de blogs personais, se podan combinar nunha tarefa de construcción viva de documentos. Comenta o seu autor, Matt Rand, que estas ferramentas encerran algúns riscos, no senso de que a bondade participativa deste tipo de ferramentas depende en última instancia do grao de control que desexe exercer o administrador do wiki, e do grao de implicación que teñan os colaboradores ou coeditores participantes do mesmo. Tipoloxía de Comunidades VirtuaisNo what's new do eLearningCentre e en elearnspace comentan o atrigo: A Typology of Virtual Communities: A Multi-Disciplinary Foundation for Future Research de Constance Elise Porter da University of Notre Dame, e publicado polo Journal of Computer-Mediated Communication da University of Southern California. O obxectivo central deste artigo é o desenvolvemento dun sistema de clasificación das comunidades virtuais, atendendo ás súas características definitorias. É un artigo que tenta poñer certa orde ante un dos termos máis utilizados polos investigadores educativos pero que aínda xenera certa confusión, dependendo do ámbito do que se analice. Neste artigo, defínise unha comunidade virtual como un conxunto de persoas ou entidades que interactúan en torno a intereses compartidos, estando esta interacción mediada na súa totalidade ou en parte polas TICs e guiados por algúns protocolos e normas. Aprendizaxe por proxectosPola mesma vía de aulablog21, boteille unha nova ollada aos artigos publicados na eduteka. de todos eles, un máis interesantes para mín que outros, destaco os dous capítulos (capítulo 1 e capítulo 2 escritos por David Moursund, do libro Project-Based Learning Using Information Technology, publicado por ISTE e traducidos por eduteka. Nel faise unha introducción ao tema da aprendizaxe por proxectos, as súas características; exemplos; recomendacións para a incorporación de TICs a este tipo de metodoloxía instructiva. Construcción virtual da mente Facéndome eco de octeto destaco o artigo de Carles Monereo, publicado no número 9 da revista Interactive Educational Multimedia. Ao que adicarei un tempo de lectura nesta ponte entre días festivos, case que acueducto.As TEI no trabalho de educadores que cooperam em comunidades de pesquisadoresVía EdBlogger Praxis, Albert Delgado, achéganos a tese de Suzana de Souza Gutierrez, (Dissertaçao apresentada ao Programa de Pós-Graduaçao da Faculdade de Educaçao da UFRGS como requisito parcial para obtençao do título de Mestre em Educaçao) recollida na Biblioteca Dixital da Universidade Federal do Rio Grande do Sul, e que comparte con todos nós. Ten como obxectivo investigar a constitución e desenvolvemento de comunidades de investigadores, a fin de contribuir á construcción de alternativas para a formación de educadores no traballo cas TIC. Dadas as súas características, utiliza os blogs como contornos de aprendizaxe. Estouna a ler, e estame a gustar moito. Suzana, enhoraboa. Aprendizaxe e construcción do coñecemento na redeRecollo de octeto, a nova sobre a recente publicación do número 5 da Revista Electrónica de la Universidad de Salamanca Teoría de la Educación: Educación y Cultura en la Sociedad de la Información. Trátase dun monográfico sobre «Aprendizaje y construcción del conocimiento en la red» coordinado pola doutora Begoña Gros Salvat da Universitat de Barcelona e que contén os seguintes artigos: 1. «La construcción del conocimiento en la red: límites y posibilidades» (Begoña Gros Salvat). 2. «Reflections on the transformation of education for the knowledge age» (Marlene Scardamalia). 3. «Websites construction as learning tools» (Isabel Álvarez & Brent Kilbourn). 4. «La formación del profesorado basada en redes de aprendizaje virtual: aplicación de la técnica dafo» (Pilar Colás Bravo e Juan de Pablos Pons) 5. «El rol del tutor en un ambiente virtual de aprendizaje para la formación continua de docentes» (Juan Eusebio Silva Quiroz)- 6. «Estudio sobre el uso de los foros virtuales para favorecer las actividades colaborativas en la enseñanza superior» (Begoña Gros Salvat e Mariella Adrián). 7. «Comunidades de aprendizaje en red: diseño de un proyecto de entorno colaborativo» (Antonia Lozano Díaz). Palabras chave destes artigos sobre a aprendizaxe e a construcción do coñecemento na rede: Comunidades de aprendizaxe; foros virtuais; actividades colaborativas; construcción do coñecemento; aprendizaxe situada; construcción colaborativa; contornos de aprendizaxe; Formación do profesorado; integración TIC; tecnoloxía educativa; rol de titor; foros. Inspiración en aulablog21Magníficos, os catro comentarios que publican en aulablog21 con data de 21-11-04. Algunha das novas xa as coñecía como a de Google Scholar, pero non coñecía o directorio de programas gratuitos que destacan vía Avalúo y Tecnologías del Aprendizaje, ou o convertidor a PDF online, nin o artigo de Alek Couros: Presentation about Bloging in Education. Dá gusto cando dás con alguén que está inspirado nas súas pescudas e as comparte. Grazas unha vez máis. Chamarlle ás cousas polo seu nomeCoincido con García Areito, na necesidade de chamarlle ás cousas polo seu nome, e de non reinventar continuamente o que xa está inventado pola vía de renomealo. O seu artigo, Blended Learning, ¿Es tan innovador? recolle esta idea, aplicada ao concepto de Blended Learning. Weblogs na educaciónComa sempre dorfun e José Luis Orihuela dende eCuaderno e en educ.ar, están na punta da lanza e fan referencia a un novo artigo sobre o uso dos weblogs na educación: Los weblogs como herramienta educativa: experiencias con bitácoras de alumnos. Este artigo elaborado por Orihuela xunto con Mª Luisa Santos, forma parte do último monográfico adicado á educación a distancia publicado na Revista de nuevas tecnologías y sociedad de QuadernsDigitals. Só revisei os resumos destes documentos, pero hai algúns (ademáis do citado) que, polas miñas inquedanzas, me teñen moi boa pinta, e se podo comentarei máis adiante: Sobre los nuevos entornos virtuales de enseñanza y aprendizaje de Alejandra Bosco El sistema de campus virtual como solución integral para un adecuado proceso de formación on line de Marta González Arechabaleta Los entornos virtuales de aprendizaje como instrumento de mediación de Cristóbal Suárez Guerrero Acompañando al profesor universitario en el uso de las TIC en la docencia de Marina Tomás Folch; Gemma Carreras; Alejandro Villela. Contenidos en e-learning: El rey sin corona de Javier Martinez Aldanondo E-learning y gestión de la calidad: reflexiones prácticas a partir de una experiencia de Charo Repáraz Abaitua; Fernando Moreno. Promoción del uso del web docente en la Universidad de Navarra: Estrategia seguida y evaluación de Concepción Naval Durán; J. Redrado; L. Echarri Prim; P. Sánchez de Miguel; G Pérez Beruete. Crear comunidades para compartir recursosJordi de sierto destaca neste blog un artigo de Sergio Monge Benito, de entre unha morea de outros interesantes artigos presentados ao I Simposio Pluridisciplinar sobre Diseño, Evaluación y Descripción de Contenidos Educativos Reutilizables. O artigo que elixiu Jordi, pola súa temática, fala sobre a necesidade de crear auténticas comunidades de práctica docente, que de modo similar ao modelo de traballo comunitario dos deesenvolvedores de software libre, compartan os seus contidos e recursos. Para que esto fora posible, sería necesario adoptar estándares nos distintos ámbitos que rodean á creación dos contidos educativos, sinala o autor que estes estándares ben poden ser os propostos no SCORM. Primeiras Xornadas de Software Libre na EducaciónEVAs: especificaciónsNa mesma liña de unificar criterios e especificacións técnicas do post anterior, o AACE Journal, publica un documento de Kathleen Roberts The need for universal design in Online Learning Environments (OLEs), sobre a necesidade de aunar criterios e estándares para o deseño e uso dos entornos virtuais de aprendizaxe. ePortafolios: especificaciónsDende a web de Stephen, e dende octeto, chego á nova do IMS Global Learning Consortium que acaba de publicar un primeiro borrador das especificacións dos ePortfolio que ten o obxectivo a mellora da interoperabilidade dos portafolios electrónicos entre institucións e sistemas. Na IMS aceptan comentarios deste borrador con data límite de 12 de novembro. Monográfico: Formación virtualEn Educaweb.com, dedican o seu último monográfico á formación virtual. Aprendizaxe aberta e a distanciaSeguindo a mesma fonte de Horizonte, dou con dous documentos da UNESCO en PDF. Trátase de dous documentos que xa tiña ollado pero non recollido. Un deles é: Aprendizaje abierto y a distancia. Consideracións sobre tendencias, políticas e estratexias, e o outro :Las tecnologías de la información y la comunicación en la formación docente. Guía de planificación, que fai unha análise do cambio educativo a nivel mundial, a raíz da incorporación de TICs en tódolos ámbitos da docencia. Xestión do coñecementoVía elearnspace, atopo un post sobre 8 formas de xestión do coñecemento. Interesante o PDF. Saltando desta rama para outra, dou coa ferramenta web da semana segundo TAFE frontiers. Models and Methods, trátase dunha ferramenta de axuda ou guía para os profesores, para desenvolver webs educativas utilizando modelos e métodos de ensinanza flexible. Pareceume realmente interesante Usar weblogs en educaciónEduBlog Insights, ofértanos un interesante post sobre distintas formas de usar weblogs en educación" Teorías da aprendizaxe e TICs para a docenciaNa eLearnopedia recollen: ademais dun sitio no que se recollen as diversas teorías da aprendizaxe, un sitio da University of British Columbia: eLearningtools que recolle e comenta diversas ferramentas baseadas en TIC que se poden utilizar nas clases (algunhas delas parecen moi interesantes). Sitios web educativos destacadosvía Eduresources weblog, dou con esta ligazón das mellores webs educativas en USA, segundo o Center for Digital Education. Algúns dos sitios destacados son: eLearnopedia, University of Wisconsin System Indianapolis Regional Center Plan 2020, Ball State University, Indianapolis, Work Ready Electronics, Maricopa Advanced Technology Education Center, Arizona MySite eServices, South Orange County Community College District, California Ask a Biologist, Arizona State University Electronic Student Career portfolios-CUNNY, NYC College of Technology, N.Y. Instructional Center Plano ISD, Plano Independent School District, Texas MIT Open Course Ware, Massachusetts Institute of Technology, Cambridge Utopia-University of Texas at Austin Informática máis libreO concepto de mediación na tecnoloxía apropiada e críticaEn educ.ar publican un artigo moi interesante de Beatriz Fainholc, sobre o papel mediador da tecnoloxía nos procesos de ensinanza - aprendizaxe dende unha perspectiva socio-cultural. lectura e escritura con weblogsVía dorfun dou con este artigo para revisar, parece interesantelectura e escritura con weblogs Selección do EVA na Dublin City UniversityVía EdTechPost atopo un interesante documento sobre o proceso de selección do EVA na Dublin City University no seu proceso de migración de plataforma. Interesante tamén o comentario que fan ao post de edtech. Educación: información, coñecemento e comunicaciónVía Fabián, accedo á entrevista a Elena García, publicada en educar, do que destaco dúas reflexións que me parecen moi interesantes, nas que se pon a énfase na producción como base da xestión da información e o coñecemento. [...] O alumno debe entrar en internet e baixar información, e hai que pedirlle que compare, que analice, que saque as súas conclusións, e non esquecerse de que tamén en internet se pode publicar, entón hai que incentivar a producción para amosar e compartir cos que non están na aula. [...] creo que o camiño é propoñer situacións que provoquen moito a producción, que a xente se recoñeza a sí mesma reelaborando os contidos, adaptándoos á súa idiosincrasia, á súa concepción da vira, e lles dea un valor engadido fundamental: a súa propia percepción. Calidade educativa; avaliación online, e outros temas de interese no Nº 24 de pixel bitO número 24 da revista PixelBit inclúe artigos sobre a calidade da formación on-line e sobre o proceso de avaliación a través da rede. Complétase cos seguintes artigos: - LA ZONA DE DESARROLLO PRÓXIMO, CATEGORÍA PEDAGÓGICA PARA EL ANÁLISIS DE LA INTERACCIÓN EN CONTEXTOS DE VIRTUALIDAD. Cristóbal Suárez Guerrero. Instituto Universitario de Ciencias de la Educación. Universidad de Salamanca - ¿CALIDAD EDUCATIVA ON-LINE?: ANÁLISIS DE LA CALIDAD DE LA EDUCACIÓN UNIVERSITARIA BASADA EN INTERNET. José Miguel Correa Gorospe. Escuela de Magisterio de San Sebastián. Universidad del País Vasco. - ¿ES NECESARIA LA FORMACIÓN TÉCNICA Y DIDÁCTICA SOBRE TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN Y LA COMUNICACIÓN? ARGUMENTOS DEL PROFESORADO DE LA UNIVERSIDAD DE VIGO. Manuela Raposo Rivas , Universidad de Vigo (España-UE) - EVOLUCIÓN Y UTILIZACIÓN DE INTERNET EN LA EDUCACIÓN Profesora Montserrat Tesouro Cid .Universidad de Girona. Profesor Juan Puiggalí Allepuz .Universidad de Girona Departamento de Electrónica, Informática y Automática. - EXPERIMENTACION Y EVALUACION DE ELEMENTOS MUSEISTICOS COMO RECURSO PARA LA EDUCACION AMBIENTAL. Dr. Manuel Cebrián de la Serna.Facultad de Ciencias de la Educación.Universidad de Málaga. Dr. Juan Jesús Martín Jaime Museo Acuario Aula del Mar de Málaga - EVALUAR A TRAVÉS DE INTERNET. Mª. Teresa Fontán Montesinos. Facultad de Formación del Profesorado. Universidad de Las Palmas de Gran Canaria - USO Y EVALUACIÓN DE LA PLATAFORMA DE ENSEÑANZA-APRENDIZAJE VIRTUAL "BLACKBOARD" María del Pilar Vidal Puga Departamento de Didáctica y Organización Escolar. Facultad de Ciencias de la Educación. Universidad de Santiago de Compostela (USC). - SICOLE: Diagnóstico y tratamiento computarizado de la Dislexia en español. González C.S., Estevez J., Muñoz V., Moreno L., Alayon, S. Escuela Técnica Superior de Informática. Universidad de La Laguna - LOS MEDIOS DE ENSEÑANZA: CLASIFICACIÓN, SELECCIÓN Y APLICACIÓN Juan Luis Bravo Ramos. Profesor Titular de Universidad. ICE Universidad Politécnica de Madrid ETSI Modelos virtuais das universidades europeasO impacto das TIC na educaciónA través de elearningeuropa.info, chego ó documento: "The Impact of ICT on Education: the three opposed paradigms, the lacking discourse" , escrito por Roni Aviram and Deborah Talmi do Center for Futurism in Education. Ben Gurion University of the Negev, Israel. No artigo, os autores analizan distintos puntos de vista no proceso de integración das tecnoloxías no proceso educativo. Identifican tres enfoques diverxentes na maioría dos seus principios (o enfoque tecnocrático; o reformista e o holista), que conviven ignorándose uns os outros, o que non permite chegar a unha discusión do problema, máis enriquecedora e significativa, que poida derivar na adopción de mellores políticas no eido da integración das tecnoloxías na educación. Asociación Profesional de Pedagogos de GaliciaNo mes de xaneiro botou a andar APEGA, unha asociación profesional de e para pedagogos. Esta asociación deu os seus primeiros pasos coa creación do portal educativo da Pedagoxía, que pretende ser un espacio de encontro, diálogo, creación e participación de todos. A través do portal de APEGA, pódese acceder a servicios, novas, debates, ofertas,... relacionadas co mundo da pedagoxía. Algúns mitos do e-learningKimberly M. Woodward , en LTI magazine, publica un artigo sobre algúns dos mitos que rodean ás prácticas de e-learning. Monográfico: blended learningXa está na grileira o Nº 23 da revista PIXEL-BIT. REVISTA DE MEDIOS Y EDUCACIÓN. Trátase dun monográfico sobre, o denominado por algúns: "blended learning". Trae artigos como: BLENDED LEARNING. CONCEPTOS BÁSICOS.Antonio Bartolomé Pina (Universidad de Barcelona, España). EL BLENDED LEARNING COMO PRÁCTICA TRANSFORMADORA.Martín Aiello y Cilia Willem (Universidad de Barcelona, España). LAS HERRAMIENTAS DE COMUNICACIÓN EN EL "APRENDIZAJE MEZCLADO".Julio Cabero, María del Carmen Llorente y Pedro Román (Universidad de Sevilla, España). EL CHAT Y OTROS PROCEDIMIENTOS DE EVALUACIÓN A DISTANCIA APLICABLES EN SISTEMAS MIXTOS.Ivory Mogollón (Universidad Central de Venezuela, Venezuela). HERRAMIENTA ASINCRÓNICA PARA UNA ENSEÑANZA PRESENCIAL: EL FORO EN UNAS PRÁCTICAS DE LABORATORIO.Manuel Cebrián de la Serna (Universidad de Málaga, España) MULTIAMBIENTES DE APRENDIZAJE EN ENTORNOS SEMIPRESENCIALES.Marcelo Brito Carneiro Leão (Universidade Federal Rural de Pernambuco, Brasil) CAMPUS EXTENS COMO SISTEMA UNIVERSITARIO SEMIPRESENCIAL.CAMPUS EXTENS AS UNIVERSITY SYSTEM SEMIPRESENCIAL.Bárbara De Benito, Adolfina Pérez i Garcias, Jesús Salinas (Universitat de les Illes Balears, España) COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL, UNA EXPERIENCIA BASADA EN EL BLENDED LEARNING EN LA UNIVERSIDAD.Mariona Grané Oró (Universidad de Barcelona, España) Tecnoloxía e AprendizaxeEn librosvivos.net , pódese descargar en formato .PDF e de balde o informe Tecnología y aprendizaje / Investigación sobre el impacto del ordenador en el aula, elaborado por Marchesi, A.; Martín, E. Casas, E.Ibáñez, A.; Monguillot, I.; Rivière, V.; Romero, F. Ten boa pinta, e sobre todo ten boa pinta a iniciativa de librosvivos de poñer materiais descargables. Repositorios: Sembrar para RecollerGisemens en elearnspace afirma que A paradoxa dos repositorios é que a maioría da xente quere usalos, pero non quere contribuir Novo número de edutec Cando un está moi liado e esgotado, ten que ir "facendo a goma", como din os ciclistas. Neste caso vía dorfun entérome de que xa está na grileira o número 17 da revista edutec, nesta ocasión recollen unha serie de interesantes artigos de investigación e opinión (sobre webquests; o papel do titor nos EVAs; a aprendizaxe colaborativa e os foros; aprendizaxe en rede; lectoescritura;... )Series context / weblog contextEste weblog, ofrece un feixe de ligazóns interesantes e referencias bibliográficas sobre a blogosfera. Máis alá dos obxectos de aprendizaxeDandolle unha volta máis ós learning objects, Stephen Downes da Australian Flexible Learning Community, no seu artigo Beyond Learning Objects, apoia a idea de que ó subministrar contidos de aprendizaxe na rede, debemos ollar máis alá dos obxectos de aprendizaxe, tal e como se intentan conceptualizar de forma estricta. En primeiro lugar porque calquera recurso dixital pode servir para apoiar a aprendizaxe, e en segundo lugar porque moitos recursos non dixitais tamén poden considerarse recursos de aprendizaxe. Recursos que ademáis se poden integrar en contornos virtuais de ensinanza, utilizando os metadatos axeitados. incorporated subversion: the bookJames Cheers en Incorporated Subversion, convídanos a planificar a acción educativa e refexionar sobre ela. Neste caso de cara ó uso de blogs. No noso contorno faltan este tipo de iniciativas. Haberá que innicialas. Novos medios, novos contornos de aprendizaxeNun artigo publicado en elearningeuropa.info , por D. Buckinham: Nuevos medios, nuevos lugares de aprendizaje , o autor pregúntase se nos estamos a enfrontar cunha crise da cidadanía, facéndose eco das opinións de algúns autores, e dun sector da poboación que arremete contra o "pasotismo" da xuventude e da infancia, en xeral. Dí o autor, que máis que unha crise da cidadanía, o que estamos apresenciar é un proceso no que as formas de cidadanía tradicionais (modernas) están a dar paso a novas formas (posmodernas). Estas novas formas non dependen tanto da situación xeográfica como das novas formas de comunidade que permiten os medios electrónicos. Os xóvenes participan activamente na sociedade e na política, aínda que non do xeito como o poderían desexar os adultos. Fano mediante campañas moi específicas e movementos artesanais. A educación debe estar moi atenta a estas formas de expresión particulares dos rapaces; concretamente, a educación relativa ós medios de comunicación debería desempeñar un importante papel, tal e como se recolle na Declaración de Sevilla da UNESCO (2002) "a educación relativa ós medios de comunicación é un instrumento para fomentar a participación democrática". É necesario establecer un nexo entre o que se vive nas rúas e o que se vive na escola. Debemos comenzar por sintonizar cos usos que dan os nenos ós medios, máis dende a súa axenda de actividades que dende a nosa, atendendo máis ó que eles consideran pertinente que ó que nós pensamos que deberan facer. En segundo lugar debemos recoñecer que a participación é algo máis que o consumo crítico: implica tamén a PRODUCCIÓN. A educación sobre os medios ten que abarcar tanto unha análise crítica (reflexión) como unha producción práctica e creativa; trátase de poñer ó alcance dos rapaces os medios de producción culturais e de animalos a utilizalos dun modo reflexivo e crítico, tendo en conta que os medios que utilizan os rapaces trátanos cada vez máis como individuos autónomos e activos. Os medios requiren unha interacción, non respectan necesariamente a autoridade, son lúdicos e irónicos e ofrecen múltiples voces disonantes. Ou sexa que os rapaces participan activamente na construcción da sociedade, só que usando as súas normas e as súas ferramentas, e a escola non pode obviar esta realidade, senón que debe partir dela. Nace Expocampus Expocampus é unha iniciativa creada e promovida pola Axencia Española para o Desenvolvemento e Investigación da Sociedade da Información (AEDISI). Baixo a denominación de Expocampus® agrupanse unha serie de espacios, creados todos eles para colaborar cas universidades de fala hispana no proceso de incorporación da educación virtual. A estructura principal de Expocampus vertebrase nunha comunidade virtual de expertos en e-learning e persoas interesadas nesta modalidade educativa e unha conferencia anual aberta organizada en torno a mesas redondas con expertos que concurren por invitación expresa. Desenvolvemento das telecomunicacións A Unión Internacional de Telecomunicacións UIT, presentou un informe na última Cumbre Mundial para a Sociedade da Información, en Xenebra, Suiza (10-12 decembro de 2003).Este informe de 180 páxinas, pretende identificar os indicadores pertinentes para avaliar o acceso das poblacións mundiais ás TIC. O primeiro capítulo trata de situar á sociedade da información no seu contexto. No segundo capítulo analízanse os indicadores destinados a avaliar o acceso ás TIC. No terceiro capítulo, examínase a avaliación do acceso ás TIC nos sectores chave dos gobernos, as empresas e as escolas. No cuarto capítulo examínase a relación entre os indicadores TIC e os obxectivos de desenvolvemento para o milenio, que suscitaron un gran interese como pauta para fixar e avaliar os obxectivos de desenvolvemento mundial. No quinto capítulo estúdiase a necesidade de crear un índice TIC pertinente e completo co fin de avaliar os progresos logrados polos distintos países. Por último, no sexto capítulo faise unha proposta de recomendacións encamiñadas a mellorar a dispoñibilidade de indicadores de acceso á sociedade da información. Extractado do resumo do informe que se atopa en formato PDF no sitio web da UIT . e-learning e software socialDende OCTETO , portal informativo do CENT (Centre d'Educació i Noves Tecnologies) da Universidade Jaume I de Castellón, comentan o artigo de Eva Kaplan-Leiserson en Learning Circuits: «We-Learning and E-Learning». «O primeriro e-learning cambiou interacción humana por tecnoloxía. Agora, o elemento persoal estase engadindo outra vez. Novas ferramentas de software social tomadas dos negocios e das xeneracións xóvenes combinan a tecnoloxía e o toque humano para reunir o mellor de todos os mundos posibles (incluíndo os virtuais).» As ferramentas sociais destacadas e analizadas pola autora pola súa relevancia para a educación, son as seguintes: - A mensaxería instantánea. - Os espacios de traballo colaborativos. - Os weblogs. - O software de xestión de expertos. Kaplan abonda na opinión de que estas ferramentas abren novas posibilidades nos contornos virtuais de ensinanza/aprendizaxe e incluso apunta que, no futuro, poderían chegar a reemplazar totalmente o courseware actual (as aplicacións de creación e gestión de cursos, centradas nos materiais). Internet e educaciónREY VALZACCHI, J(2003): Internet y educación. Aprendiendo y enseñando en los espacios virtuales. AICD Este libro editado pola Axencia Interamericana para a Cooperación e o Desenvolvemento AICD, é un bo recurso para aqueles profesores que desexen introducirse no uso de internet e as NTIC no ámbito educativo. Pódese descargar en formato PDF no weblog de educ.ar Programa eLearning 04-06 da UENunha una entrevista publicada no portal elearnineuropa.info , Maruja Gutiérrez (directora da Unidade Multimedia da Dirección Xeneral de Educación e Cultura da Comisión Europea, unha das responsables directas da elaboración e desenvolvemento do Programa eLearning 2004-2006) afirma que a Comisión Europea vai dedicar casi a metade do presuposto ó apartado de irmanamento de escolas: uns 7 millóns de euros anuais. Irmanamento de escolas Trátase de utilizar as TIC para establecer relacións de cooperación entre centros escolares situados en países distintos. O obxectivo, según Gutiérrez, é que ningún neno saia da escola sen ter participado nalgún proxecto europeo deste tipo. Pero de momento vanse propiciar que polo menos 30.000 escolas europeas se irmanen mediante Internet antes do 2007. Na primaveira de 2004 lanzarase una campaña de información e agárdase que no verán todos os centros escolares teñan coñecemento desta iniciativa e que os primeiros irmanamentos empecen en setembro de 2004. Están a estudiar tamén, a posibilidade de crear unha rede de profesores pioneiros, particularmente dinámicos e experimentados nestes temas, para que podan axudar e animar ó resto. Campus virtuais universitarios A comisión dedicará o 30% dos recursos ó segundo gran tema do Programa eLearning que é o desenvolvemento de campus universitarios virtuais. O obxectivo é impulsar a movilidade virtual mediante as NTIC. Alfabetización dixital O último gran eixo do Programa eLearning é a alfabetización dixital. O concepto de alfabetización dixital nace no cumio europeo de Lisboa no ano 2000, cando se constata a carencia de persoal cualificado para ocupar postos de traballo relacionados coas NTIC. 01/12/2003. Extraído de elearningeuropa.info Novas tecnoloxías no ensino das linguasRODRÍGUEZ ILLERA,J.L.(2003):"Nuevas tecnologías en la enseñanza de las lenguas" en Cuadernos de Pedagogía; 330, pp:.91-93 Neste artigo fálase do uso das TIC como mediadoras na ensinanza e aprendizaxe das linguas xeneralizouse nos últimos anos. Hai unha dobre dirección neste proceso: por unha parte, o seu uso como ferramentas de axuda; e por outra, os avances que están a provocar en determinadas habilidades lingüísticas e comunicativas. El ordenador al servicio del texto oralMUÑIZ, M.(2003): "El ordenador al servicio del texto oral" en Cuadernos de Pedagogía; 330; pp.95-97 O artigo desenvolve unha proposta para integrar as TIC na planificación e producción dunha exposición oral. Un procesador de textos axuda a discriminar ideas principais e secundarias para elaborar un guión. Logo este, trasládase a un programa de presentacións, dende o que se traballa a estructura dos paragrafos e a súa adecuación á audiencia. Uso das TIC na aula: Condicións "Entendemos a integración das TIC na secuencia didáctica como un instrumento ó servicio da ensinanza e a aprendizaxe, unha ferramenta para aprender e ensinar, que debe facilitar neste proceso a tarefa do profesorado e do alumnado". P.95 "O uso das TIC na aula, non debe supoñer dificultades, é dicir non debe requirir por parte de uns e outros grandes coñecementos nin moito tempo para a súa aprendizaxe, pois en tal caso, non terá sentido o seu emprego". P.95 "Outra condición para a utilización das TIC ,a aula, é que o equipamento informático estea ó alcance de calquera centro educativo e non debe ser custoso, pois ningún centro educativo pode permitirse a actualización constante de hardware e software". P.95 "O uso das TIC na producción de textos proporciona melloras significativas no proceso de planificación e preparación dunha exposición oral e facilita levar a cabo ensaios da exposición que permitirán a corrección entre iguais, o traballo cooperativo e a autorregulación da aprendizaxe". P.95-97 Os libros de texto nos tempos da ReformaNo artigo de Felipe Zayas e Carmen Rodríguez Gonzalo, publicado no número 330 da revista Cuadernos de Pedagogía , faise unha crítica á utilización irracional do libro de texto na escola. Aparecen afirmacións interesantes como: "... parece como se a concepción tradicional da ensinanza como transmisión de coñecementos pesara tanto que fora imposible desembarazarse dela". P.27 Ou que as actividades dos libros de texto de lingua (primaria e secundaria) non esixen relacionar, nin xerarquizar, nin tomar decisións. Son actividades pechadas, de comprobación, fáciles de realizar so se comprendeu a explicación previa... Estas actividades teñen boa acollida, por parte do profesorado quizais porque non dan problemas, non esixen levar o control do que está a facer o grupo: Non requiren gran esforzo nin de preparación nin de organización na aula, [...] e non se perde o fí conductor dunha clase a outra, sencillamente porque non hai fío[...]P.30 Para finalizar o artigo, os autores fanse unha pregunta á que responden de forma directa e incisiva: ¿Perdeuse a oportunidade de que os libros de texto contribúan á innovación educativa nas aulas, en relación coa aprendizaxe lingüística? Polo menos nas propostas maioritarias, parece que si, quizais porque innovar non é un dos seus obxectivos. Punto DIT da U. de Alicante A Universidade de Alicante puxo en funcionamento o Secretariado de Innovación Educativa (Director: Alfredo Ramón Morte), e o Punto DIT (Docencia e Innovación tecnológica), onde o profesorado poderá acudir tanto para ofrecer suxerencias e iniciativas, como para recibir asesoramento para introducir as Novas Tecnoloxías na docencia.Punto DIT (Docencia e Innovación Tecnológica) Creo que está a traballar ben e paréceme acertado o planteamento de colaboración aberta con outras instancias da Universidade de Alicante para desenvolver as súas propias funcións. Portal de e-formación e-scolaE-scola é un proxecto desenvolto pola Escola Galega de Formación, S.L.http://www.e-scola.org/ Sobre hipertextoUn blog sobre hipertexto: Ted Nelson contra la web Por unha nova alfabetizaciónEntrevista a José Luis Orihuela José Luis Orihuela é profesor universitario, conferenciante e consultor de eComunicación. Ten unha extensa traxectoria no uso de weblogs e é un referente na utilización de novas tecnoloxías na educación. Entrevista a José Luis Orihuela |
Temas
Archivos
Enlaces
BlogheadasCeroTresContornoDeseñoDeseño InstruccionalDocument AndoEdublogsEduc AndoEduticadasRecursos(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin Ando
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |