Blogia
Sekeirox

Eduticadas

Simulacións

Martin Shroeder de Online Learning Update fai un comentario sobre os usos que lle dan ás ferramentas de simulación na Universidade de Phoenix.

Solidariedade e educación

Xa comentei no post anterior, que estaría estes días navegando baixo mínimos, deixándome levar polo vento, pola forza das mareas,... pero tentando manter o rumbo. E como non son surfeiro experimentado, fago (como moitos dos actuais navegantes) un pouquiño de trampa e utilizo uns pequenos pero potentes motores auxiliares: neste caso o feedness. Axudado pola súa forza, dou vía fírgoa, con tres novas que me pareceron de gran interese, que coido gardan unha estreita relación.
Por unha banda, fan referencia a unha nova de noticiasdot.com , na que falan de TextArchive: a resposta da comunidade libre (concretamente da asociación sen ánimo de lucro "Internet Archive") emulando á iniciativa de construír unha gran biblioteca online, anunciada hai pouco polos responsables de Google: a Google Library. En TextArchive xa participan como doantes: a Biblioteca do Congreso estadounidense, a Universidade Carnegie Mellon, as Universidades de Toronto, Ottawa e McMaster; a universidade china de Zhejiang, o Instituto Indio da Ciencia ou a Bibliotheca Alexandrina de Egipto.

Por outra banda, destacan a través de barrapunto.com, o post de rvr que informa de que a versión en galego do Wikcionario, chegou a sobrepasar as 10000 entradas (10391 concretamente ás 13h de hoxe), colocándose dentro dos tres maiores wikcionarios.

E por último, e pola mesma vía, din tamén co artigo: Education for All Global Monitoring Report 2005 - The Quality Imperative, (o seu resumo pódese descargar tamén en fírgoa), no que se argumenta que a calidade: é o centro da educación; que inflúe no que aprenden os estudiantes, no ben ou mal que estudian, e nos beneficios que obteñen do seu proceso educativo.
Tras facer unha análise profunda da situación educativa de diversos países e a nivel mundial, fálase da importancia que teñen os gobernos tanto a nivel nacional como internacional, de cara a asegurar un ensino de calidade a todos os alumnos do mundo, por medio de políticas educativas solidarias.

A solidariedade e o compartir no ámbito educativo, son elementos comúns aos tres artigos comentados. Leerei este último da UNESCO con máis detemento estes días.

Máis sobre ePortafolios

George Siemens publica en eLearnspace este interesante artigo sobre os ePortafolios. Completo: definicións, como e cando utilizalos; beneficios do seu uso; compoñentes dun ePortafolio; como crealos (proceso de creación); consenso ou estandarización; tendencias; e unha ampla bibliografía.

Tipoloxía de Comunidades Virtuais

No what's new do eLearningCentre e en elearnspace comentan o atrigo: A Typology of Virtual Communities: A Multi-Disciplinary Foundation for Future Research de Constance Elise Porter da University of Notre Dame, e publicado polo Journal of Computer-Mediated Communication da University of Southern California. O obxectivo central deste artigo é o desenvolvemento dun sistema de clasificación das comunidades virtuais, atendendo ás súas características definitorias. É un artigo que tenta poñer certa orde ante un dos termos máis utilizados polos investigadores educativos pero que aínda xenera certa confusión, dependendo do ámbito do que se analice. Neste artigo, defínise unha comunidade virtual como un conxunto de persoas ou entidades que interactúan en torno a intereses compartidos, estando esta interacción mediada na súa totalidade ou en parte polas TICs e guiados por algúns protocolos e normas.

Aprendizaxe por proxectos

Pola mesma vía de aulablog21, boteille unha nova ollada aos artigos publicados na eduteka. de todos eles, un máis interesantes para mín que outros, destaco os dous capítulos (capítulo 1 e capítulo 2 escritos por David Moursund, do libro Project-Based Learning Using Information Technology, publicado por ISTE e traducidos por eduteka.
Nel faise unha introducción ao tema da aprendizaxe por proxectos, as súas características; exemplos; recomendacións para a incorporación de TICs a este tipo de metodoloxía instructiva.

Unha sociedade da información para todos: principios fundamentais

Unha sociedade da información para todos:  principios fundamentais Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005

Declaración de principios:
19. Estamos decididos a proseguir a nosa busca para garantir que as oportunidades que
ofrecen as TIC redunden en beneficio de todos. Estamos dacordo en que, para responder a tales desafíos, todas as partes interesadas deberían colaborar para ampliar o acceso á infraestructura e as tecnoloxías da información e as comunicacións, así como á información e ao coñecemento; fomentar a capacidade; reforzar a confianza e a seguridade na utilización das TIC; crear un contorno propicio a todos os niveis; desenvolver e ampliar as aplicacións TIC; promover e respectar a diversidade cultural; recoñecer o papel dos medios de comunicación; abordar as dimensións éticas da Sociedade da Información; e alentar a cooperación internacional e rexional. Acordamos que estes son os principios fundamentais da construcción dunha Sociedade da Información integradora.

Inspiración en aulablog21

Magníficos, os catro comentarios que publican en aulablog21 con data de 21-11-04. Algunha das novas xa as coñecía como a de Google Scholar, pero non coñecía o directorio de programas gratuitos que destacan vía Avalúo y Tecnologías del Aprendizaje, ou o convertidor a PDF online, nin o artigo de Alek Couros: Presentation about Bloging in Education. Dá gusto cando dás con alguén que está inspirado nas súas pescudas e as comparte. Grazas unha vez máis.

Chamarlle ás cousas polo seu nome

Coincido con García Areito, na necesidade de chamarlle ás cousas polo seu nome, e de non reinventar continuamente o que xa está inventado pola vía de renomealo. O seu artigo, Blended Learning, ¿Es tan innovador? recolle esta idea, aplicada ao concepto de Blended Learning.

Weblogs na educación

Coma sempre dorfun e José Luis Orihuela dende eCuaderno e en educ.ar, están na punta da lanza e fan referencia a un novo artigo sobre o uso dos weblogs na educación: Los weblogs como herramienta educativa: experiencias con bitácoras de alumnos. Este artigo elaborado por Orihuela xunto con Mª Luisa Santos, forma parte do último monográfico adicado á educación a distancia publicado na Revista de nuevas tecnologías y sociedad de QuadernsDigitals.
Só revisei os resumos destes documentos, pero hai algúns (ademáis do citado) que, polas miñas inquedanzas, me teñen moi boa pinta, e se podo comentarei máis adiante:

Sobre los nuevos entornos virtuales de enseñanza y aprendizaje
de Alejandra Bosco
El sistema de campus virtual como solución integral para un adecuado proceso de formación on line de Marta González Arechabaleta
Los entornos virtuales de aprendizaje como instrumento de mediación de Cristóbal Suárez Guerrero
Acompañando al profesor universitario en el uso de las TIC en la docencia de Marina Tomás Folch; Gemma Carreras; Alejandro Villela.
Contenidos en e-learning: El rey sin corona de Javier Martinez Aldanondo
E-learning y gestión de la calidad: reflexiones prácticas a partir de una experiencia de Charo Repáraz Abaitua; Fernando Moreno.
Promoción del uso del web docente en la Universidad de Navarra: Estrategia seguida y evaluación de Concepción Naval Durán; J. Redrado; L. Echarri Prim; P. Sánchez de Miguel; G Pérez Beruete.

Crear comunidades para compartir recursos

Jordi de sierto destaca neste blog un artigo de Sergio Monge Benito, de entre unha morea de outros interesantes artigos presentados ao I Simposio Pluridisciplinar sobre Diseño, Evaluación y Descripción de Contenidos Educativos Reutilizables.
O artigo que elixiu Jordi, pola súa temática, fala sobre a necesidade de crear auténticas comunidades de práctica docente, que de modo similar ao modelo de traballo comunitario dos deesenvolvedores de software libre, compartan os seus contidos e recursos. Para que esto fora posible, sería necesario adoptar estándares nos distintos ámbitos que rodean á creación dos contidos educativos, sinala o autor que estes estándares ben poden ser os propostos no SCORM.

Primeiras Xornadas de Software Libre na Educación

Coincido con dorfun e con Vicente, nas súas apreciacións sobre as Primeiras Xornadas de Software Libre na Educación, organizadas por AGNIX.

EVAs: especificacións

Na mesma liña de unificar criterios e especificacións técnicas do post anterior, o AACE Journal, publica un documento de Kathleen Roberts The need for universal design in Online Learning Environments (OLEs), sobre a necesidade de aunar criterios e estándares para o deseño e uso dos entornos virtuais de aprendizaxe.

ePortafolios: especificacións

Dende a web de Stephen, e dende octeto, chego á nova do IMS Global Learning Consortium que acaba de publicar un primeiro borrador das especificacións dos ePortfolio que ten o obxectivo a mellora da interoperabilidade dos portafolios electrónicos entre institucións e sistemas. Na IMS aceptan comentarios deste borrador con data límite de 12 de novembro.

Monográfico: Formación virtual

En Educaweb.com, dedican o seu último monográfico á formación virtual.

Aprendizaxe aberta e a distancia

Seguindo a mesma fonte de Horizonte, dou con dous documentos da UNESCO en PDF. Trátase de dous documentos que xa tiña ollado pero non recollido. Un deles é: Aprendizaje abierto y a distancia. Consideracións sobre tendencias, políticas e estratexias, e o outro :Las tecnologías de la información y la comunicación en la formación docente. Guía de planificación, que fai unha análise do cambio educativo a nivel mundial, a raíz da incorporación de TICs en tódolos ámbitos da docencia.