Blogia
Sekeirox

Monográfico sobre blogs e wikis na educación, e outras lecturas

El mal diseño de las bitácoras”, é o artigo de Alejandro Valero que aparece no Monográfico "Wikis y Blogs en la educación " publicado recentemente polo Observatorio tecnológico del CNICE. Neste artigo, o "maestro" analiza diversos aspectos dos blogs a ter en conta para non caer en erros no deseño de bitácoras que nos poden levar a ter certos tropezós na práctica. Grazas Alejandro por facernos máis fácil o camiño.

Neste mesmo Monográfico podemos atopar outros artigos interesantes nos que se estudan as posibilidades reales na utilización dos blogs no eido educativo, dende o punto de vista práctico a no plano teórico. A medida que os vaia revisando ireinos incluindo no meu CiteUlike:

Outras lecturas que tamén irán pasando ás miñas referencias, a medida que vaian sendo desgranadas, son algúns artigos no novo número de Innovate: Journal of Online Education que ven de publicar o seu Número de Outubro - Novembro 2006 (Vol 3, Nº1) . Neste número os distintos autores, colaboradores, exploran, avalían e ilustran o potencial do software open source e nos informan sobre as últimas tendencias no que se refire á transformación da práctica educativa. Neste numero aparecen os seguintes artigos:

E outra das lecturas nas que estiven entretido estes días foi o artigo publicado por UOC Papers, Nº3 (2006): El Profesor 2.0: docencia e investigación desde la Red , de Ismael Peña, César Pablo Córcoles e Carlos Casado.

2 comentarios

Carlos Santos -

Certo Alejandro, advertidos estamos. Intentarei ir facendo algúns cambios no meu Sekeirox (deses que non implican demasiado "trauma" ;)
Hai outras cuestións que indicas no teu artículo, que nalgúns xestores é moi difícil de modificar.
Outras cuestións, como por exemplo a aparición do blogroll na páxina principal, tal vez sexa un tema para discutir. Por exemplo Sekeirox, además de ser unha páxina aberta a toda a audiencia "internetera", é unha ferramenta de "traballo" para min, e nese sentido resultame moi útil ter todas as ligazóns á miña disposición "ao primeiro vistazo" ou a unha ou dúas voltas de "scroll". Se os poño noutra páxina aparte, tería que facer ademais tal vez un ou dous clics máis co rato. ¿Qué che parece esta cuestión?

Alejandro Valero -

De nada, Carlos. Es un placer poder ayudar a los demás en esto del diseño. Aunque no sé cuántos me harán caso, porque el diseño de los blogs lleva tiempo cambiarlo. Pero ya nadie puede decir que no se lo advirtieron. :-)