Blogia
Sekeirox

Novos medios, novos contornos de aprendizaxe

Nun artigo publicado en elearningeuropa.info , por D. Buckinham: Nuevos medios, nuevos lugares de aprendizaje , o autor pregúntase se nos estamos a enfrontar cunha crise da cidadanía, facéndose eco das opinións de algúns autores, e dun sector da poboación que arremete contra o "pasotismo" da xuventude e da infancia, en xeral.
Dí o autor, que máis que unha crise da cidadanía, o que estamos apresenciar é un proceso no que as formas de cidadanía tradicionais (modernas) están a dar paso a novas formas (posmodernas). Estas novas formas non dependen tanto da situación xeográfica como das novas formas de comunidade que permiten os medios electrónicos. Os xóvenes participan activamente na sociedade e na política, aínda que non do xeito como o poderían desexar os adultos. Fano mediante campañas moi específicas e movementos artesanais.
A educación debe estar moi atenta a estas formas de expresión particulares dos rapaces; concretamente, a educación relativa ós medios de comunicación debería desempeñar un importante papel, tal e como se recolle na Declaración de Sevilla da UNESCO (2002) "a educación relativa ós medios de comunicación é un instrumento para fomentar a participación democrática".
É necesario establecer un nexo entre o que se vive nas rúas e o que se vive na escola.
Debemos comenzar por sintonizar cos usos que dan os nenos ós medios, máis dende a súa axenda de actividades que dende a nosa, atendendo máis ó que eles consideran pertinente que ó que nós pensamos que deberan facer. En segundo lugar debemos recoñecer que a participación é algo máis que o consumo crítico: implica tamén a PRODUCCIÓN. A educación sobre os medios ten que abarcar tanto unha análise crítica (reflexión) como unha producción práctica e creativa; trátase de poñer ó alcance dos rapaces os medios de producción culturais e de animalos a utilizalos dun modo reflexivo e crítico, tendo en conta que os medios que utilizan os rapaces trátanos cada vez máis como individuos autónomos e activos. Os medios requiren unha interacción, non respectan necesariamente a autoridade, son lúdicos e irónicos e ofrecen múltiples voces disonantes.
Ou sexa que os rapaces participan activamente na construcción da sociedade, só que usando as súas normas e as súas ferramentas, e a escola non pode obviar esta realidade, senón que debe partir dela.

0 comentarios