Informática máis libre
No artigo do pedagogo Antonio Feria, publicado no número 338 da revista Cuadernos de Pedagogía , cóntase a experiencia de integración de TIC nas aulas do IES Calamonte, na Comunidade Autónoma de Extremadura. Conta como ca axuda dun reducido grupo de profesores que actúan como dinamizadores, o resto da comunidade vai entrando nunha dinámica de traballo en rede cas tecnoloxías. Esta iniciativa, ten detrás unha proposta "filosófica", social, cultural respaldada pola administración autonómica extremeña: utilizan software libre. O seu lema: Se legal..., copia GNU/LinEx. Pero sobre todo, parten do principio de que contar ca tecnoloxía é importante, pero só con ela non se aprende. O labor de mediación do profesor segue a ser chave no proceso de ensino.
1 comentario
dorfun -