Blogia
Sekeirox

Unha sociedade da Información incluínte e solidaria

Unha sociedade da Información incluínte e solidaria Ata hai uns meses, cada luns facía referencia a algún dos distintos principios recollidos no Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005, e agora tentarei seguir facendo o mesmo, retomando os principios onde os deixei naquela ocasión.
Declaración de principios:
16. Seguiremos concedendo especial atención ás necesidades particulares dos habitantes dos países en desenvolvemento, os países con economías de transición, os países menos adiantados, os pequenos países insulares en desenvolvemento, os países sen litoral en desenvolvemento, os países pobres moi endebedados, os países e os territorios ocupados, os países que se están a recuperar de conflictos e os países e rexións con necesidades especiais, así como ás situacións que supoñen amenazas graves ao desenvolvemento, tales como as catástrofes naturais.
17. Recoñecemos que a construcción dunha sociedade da información incluínte require novas modalidades de solidariedade, asociación e cooperación entre os gobernos e demais interesados, é dicir, o sector privado, a sociedade civil e as organizacións internacionais. Recoñecendo que o ambicioso obxectivo da presente Declaración -colmar a fenda dixital e garantir un desenvolvemento armonioso, equitativo e xusto para todos- esixirá o decidido compromiso de todas as partes interesadas, facemos un chamamento á solidariedade dixital, tanto nacional como internacionalmente.
18. Nada da presente Declaración poderá interpretarse no sentido de que menoscaba, contradí, restrinxe ou deroga as disposicións da Carta das Nacións Unidas e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, de ningún outro instrumento internacional ou das leis nacionais adoptados en virtude deses instrumentos.

0 comentarios