As letras galegas...
Mañá día 16 de maio estamos de celebración en Galiza. Un destes "Día de..."; como cando é o día da nai, ou do pai, ou de... facemos unha homenaxe especial en forma de agasallo ou recordatorio especial. Personalmente non gosto demasiado dos "Días de..." aínda que entendo que poidan ter o seu papel. Neste caso, e pola súa importancia, todo o que se poida facer a prol do galego, antóxaseme imprescindible e insuficiente.
Este ano, o día das letras galegas 2007, está dedicado a María Mariño a verba interior materializada e inmortalizada na escrita. De Recursos educativos para mestres , recollo estes dous recursos para o seu uso nas aulas.
e
E seguindo coas celebracións ou "días de...", o 17 poderemos celebrar tamén o Día de Internet . Co gallo desta celebración, na ETSE da USC organizáronse unhas xornadas: "Estratexias TIC e de Sociedade da Información en Galicia " promovidas polas tres universidades galegas e a Consellaría de Innovación.
___
Actualización
Vía mancomun.org dou co relatorio: "Século XXI: a lingua galega na internet" que vai desenvolver AGNIX o vindeiro día 17 en colaboración polo SNL do Concello, a DXPESI e mancomún.org
2ª Actualización:
Ligazon a algúns dos poemas de María Mariño .


.
A opción galega, en galego e non comercial que ofrece un servizo de creación e aloxamento de blogs, é

A fin de semana estiven (coa familia) a reforzar redes sociais do presente e co pasado. O
Sempre me gustou esta canción, pero dende que oín a nova de que lle van facer unha estatua a John Lennon na Coruña (seique está a quedar moi ben), e a un ano de lembrar os 25 anos do seu pasamento, ronda pola miña cabeza de cando en vez a música e letra de Imagine. Recollo de
Sekeirox xa é parte do meu contorno. Naceu coa idea de ser un ámbito de experimentación sobre o uso dos weblogs en distintos ámbitos, pero sobre todo na docencia.