Blogia
Sekeirox

E cercáronme as ondas, que grandes son!

Sedia-m´eu na ermida de San Simión
e cercarin-mi-as ondas que grandes son.
Eu atendendo´o meu amigu´! E verrá?
Estando na ermida, ant´o altar
cercarin-mio-as ondas grandes do mar.
Eu atendendo´o meu amigu´! E verrá?
E cercaron-mi-as ondas que grandes son:
non ei barqueiro nen remador.
Eu atendendo´o meu amigu´! E verrá?
E cercaron-mi-as ondas do alto mar:
non ei barqueiro nen sei remar.
Eu atendend´o meu amigu´E verrá?
Non ei barqueiro nen remador
morrerei fremosa no mar maior.
Eu atendend´o meu amigu´E verrá?
Non ei barqueiro nen sei remar
morrerei eu, fremosa, no alto mar.
Eu atendend´o meu amigu´E verrá?

Meendinho. Este xograr foi especialista en cantigas de amigo. Viviu no século XIII e empregou un nome desprovisto de apelido, diminutivo de Mendo. Pénsase que naceu nalgún punto da Ría de Vigo, posiblemente na parroquia redondelá de Quintela, por existir nela un lugar chamado "O Mendo", con vistas á illa de San Simón. A única composición que se conserva da súa autoría é a da ermida de San Simón, a 438, integrada no Cancioneiro da Vaticana. Foi escrita no ano 1250 é coñécese como a CANTIGA DE SAN SIMÓN CRTVG

Seguro que as ondas que cercaban á protagonista desta fermosa cantiga, a pesar da inquedanza que lle producían, e fóra de interpretacións literarias, non eran como as que asolaron estes días a unha metade do mundo.
Will R. e Mario Núñez fanse eco da nova do New York Times sobre a incidencia dos blogs no seguemento do desastre.
Ademais Will R. fai referencia a un blog creado para axudar ás víctimas do desastre, e tamén a entrada recollida na wikipedia sobre o tremor que asolou as costas bañadas polo Océano Índico.

O meu pesar e solidariedade cas víctimas.

0 comentarios