Blogia
Sekeirox

30 retos de futuro

30 retos de futuro Ontes, como cada mes, recibín na casa por correo ordinario, a revista Cuadernos de Pedagogía, nesata ocasión o número 342; podo lela na grileira, pero recibila e lela en papel, é un dos praceres e "vicios" que me sigo permitindo. O caso é que ontes foi día 19 e a revista sae o día 1, co que por "haches ou por bes" lina pero con "bastante retraso".
O titular principal é: 30 anos de historia, 30 retos de futuro; ou sexa que están de aniversario (30 anos xa son anos) e decidiron cambiarlle un pouco o formato, novas cores, nova maquetación,... agradécese.
Estupenda a entrevista a Edgar Morin; e clariños os 30 obxectivos prioritarios, que expón Jaume Carbonell, nos que debe traballar a educación nos próximos anos:
1- Lograr un pacto social pola educación entre as as administracións educativas, as forzas políticas e os axentes educativos e sociais.
2- Acadar a plena escolarización básica nos países pobres e a progresiva eliminación das altas tasas de analfabetismo.
3- Garantir o principio de igualdade de oportunidades entre todos os ciudadáns con medidas compensatorias e de discriminación positiva.
4- Impulsar programas de estímulo do éxito escolar e de prevención do fracaso escolar.
5- Mellorar a calidade da ensinanza.
6- Facer un bo uso das NTIC e das distintas fontes de aprendizaxe, para convertir a información en coñecemento relevante.
7- Fixar uns contidos e competencias básicos na escola obrigatoria.
8- Educar nos valores que contribúan a unha sóolida educación para a cidadanía e que protexan a convivencia democrática e a cohesión social.
9- Avanzar cara unha escola laica como mellor forma de garantir a pluralidade, a liberdade de conciencia e a convivencia.
10- Respectar a máis ampla diversidade individual e colectiva sempre que esta non xenere situacións de desiguladade nin actitudes insolidarias ou que atenten contra os dereitos humanos.
11- Intensificar a relación educativa entre alumnado e profesorado.
12- Propiciar e consolidar a democracia participativa.
13- Recuperar e promover as teorías e as prácticas máis innovadoras e creativas.
14- Crear unha ampla rede pública de escolas infantís e de outros espazos educativos.
15- Desenvolver un sólido dominio da linguaxe na Escola Primaria.
16- Crear bibliotecas escolares ben dotadas de libros e doutros materiais.
17- Dignificar a Formación Profesional e convertila nunha oferta atractiva.
18- Garantir unha aprendizaxe ao longo de toda a vida.
19- Consolidar o espazo europeo de educación.
20- Adecuar a función do profesorado ás novas demandas sociais e educativas.
21- Reorientar radicalmente a formación inicial do profesorado.
22- Concibir a formación permanente do profesorado como unha reflexión sobre a súa intervanción individual e colectiva.
23- Pormover redes de colaboración docente e enriquecer e consolidar as xa existentes.
24- Elaborar un Estatuto da Función Pública que regule a carreira docente, dereitos e responsabilidades e o sistema de incentivos.
25- Organizar un sistema de avaliación con participación democrática, continuo e coherente, que comprometa a todos os axentes educativos.
26- Outorgar maior autonomía para pensar e xestionar institucións educativas máis abertas e flexibles.
27- Obter máis tempo para educar mellor.
28- Comprometer ás administracións educativas para que sexan sensibles ás demandas maioritarias e prioritarias que se plantexan e poñan os medios necesarios para satisfacelas.
29- Crear comunidades educativas que comprometan a todos os axentes escolares e sociais do territorio.
30- Soñar sempre coa utopía.

Quen non está dacordo con estes obxectivos?... agora ben, coido que para estar realmente convencido de enfocar o traballo docente cara á súa consecución, é fundamental crer e ter sempre presente o último: Soñar sempre coa utopía..
O autor amplía a información relacionada con cada un destes obxectivos. Recapitular e facer este tipo de Declaración de intencións, sempre ven ben para non esquecernos: do mundo no que estamos; da función que desenvolvemos; e das ferramentas cas que contamos.

0 comentarios