Blogia
Sekeirox

Visita inesperada

Volveume visitar. Estivo case que dúas semanas con nós, pero agora parece que xa non está a gusto na casa e quere marchar.
Nesta ocasión ademais, veu acompañada da súa parente informática (troianos, dialers, programas de control remoto, e outros "viruxes" de distintas cepas e peligrosidade, coláronse no "trebello" que utilizo habitualmente). Supoño que terei que tomar medidas drásticas ao respecto, agardando que o "trebello" non morra definitivamente.
Algún día destes adicareille un post ao cracker descoñecido (ao cabronazo descoñecido), que o estivo a pasar "chachi" co trebello en cuestión; sobre todo por obrigarme a tomar medidas ¿¿extremas?? de prevención cando non considero que as miñas prácticas na rede, sexan de alto risco nin moito menos (use o sistema que use). Actuou/aron de mala fé, e iso é o que máis me amola. Eu considero o papel do "hacker", fundamental para o desenvolvemento progresivo das TIC,.. pero os crackers,... ai os crackers!..., vaia... que non son "santos" da miña devoción precisamente...

En fin,... superado o meu estado febril, as cousas parecen volver á normalidade. Reviso o meu recolledor de feeds e atópome con que está aos topes. Nunha primeira ollada, vexo moooitas cousas interesantes, das que intentarei ir dando conta pouco a pouco.
Paseniño

1 comentario

dorfun -

...por moita seguridade que un teña, sempre haberá quen nos faga unha faena!

...vaia, nestes momentos está a nevar! ;D ...bueno "esfolerpa" un pouquiño XD