En xullo do ano pasado, publicaba un
post (que agora está en privado, pero que prometo volver a publicar no seu momento), sobre as similitudes entre o blogueo (os blogs) e o "efecto peneira".
As peneiras (cribas) son uns artiluxios, cada vez máis sofisticados, que serven para ir filtrando e tamizando xeneralmente grao, pero podería ser calquera outra cousa.
Para que a peneira funcione, é necesario dotala de movemento (accións) (adiante e atrás; dereita esquerda; circular; con pequenos rebrincos...;... a medida que mexemos a peneira, o elemento peneirado vai mudando de posición, vai cambiando a súa estrutura e incluso a súa composición; os elementos que son máis pequenos que os furadiños da malla (trama)escápanse, o resto permanece na peneira. Tamén producto do "mexemento", os elementos que non se correlacionan coa maioría, quedan destacados, sinalados; e se son elementos non aproveitables, simplemente paramos de mexer, e os apartamos. Unha vez limpo, seguimos mexendo a peneira...
Os blogs, como as peneiras facilítanos, gracias ao "mexemento" ao que están sometidos, unha selección e discriminación eficaz da información sobre diversas temáticas; sobre diversas situacións...
Os blogs, como as peneiras despois de cada movemento, van mudando na súa apariencia, no seu contido, na súa estructura; facilitando que poidamos ver mellor o que nos sobra e o que nos interesa realmente. E moitas veces descubrimos elementos que non coñecíamos, e que tal vez nos conveña deternos para coñecelos mellor (ou non).
O "efecto peneira", que ten moito que ver co nome deste blog (algún día destes contareivos de onde ven o sekeirox), axúdanos a manter vivos os nosos sentimentos, emocións, reflexións, permitíndonos desbotar moitos deles e facer unha selección adecuada que incorporamos á nosa colleita.
O "efecto peneira", permítenos estar activos e atentos para manter unha actitude de reequilibrio constante no continuo vaiven da vida que nos desequilibra a cada momento; e gracias ao cal aprendemos e melloramos.
O "efecto peneira", permítenos estar atentos ao que pasa ao noso arredor, e a tentar ver un pouco máis aló do que ven os nosos ollos; facilítanos que non nos conformemos co que nos ven dado; indúcenos ao rebote, ao inconformismo á subversión.
O outro día, a amiga
Su contábanos que no Brasil da esquerda, a peneira levaba un ritmo demasiado lento, tan lento tan lento que se tornaba cara ao centro. O "efecto peneira" non está a funcionar demasiado ben. Dende
nós na rede, un sector da blogosfera brasileira, en cambio, a peneira estase a mexer con intensidade buscando retomar o ritmo necesario para que a peneira poña cada cousa no seu sito.