Blogia
Sekeirox

Etiquetas

Quedei gratamente sorprendido cando vin a incorporación das etiquetas tags en blogia. Era algo que, como lle teño comentado ao administrador nalgunha ocasión, botaba en falta. Grazas Roberto

4 comentarios

xacaes -

As etiquetas, son as palabras clave que ti lle podes asignar a un post determinado. En Blogia tes a opción de activalas ou desactivalas no teu panel de administración. Cada vez son máis os servizos que che permiten engadir etiquetas ás túas entradas a fin de categorizalas dalgún xeito. En blogia, ademáis de poder realizar buscas polas etiquetas dentro do teu propio blog, líganse as etiquetas que ti publicas nos teus posts ca base de etiquetas de Technorati (grazas á información que se ofrece no RSS), que á súa vez integra tamén as etiquetas de flickr (imaxes), de del.ici.ous, e as que poñen manualmente outros bloggers.
Supostamente cando premes na etiqueta (ou eso é o que me acontece a min) ábrese a páxina de technorati e sae un listado dos posts, (ou imaxes, ou outros recursos) que comparten a etiqueta).
Eu aínda lle estou investigando ao tema, para ver a punta que se lle pode sacar ou sexa que tamén lle estou aprendendo, en canto saiba máis por suposto compartireino, e se alguén nos pode axudar a "sacarlle punta" ao tema, pois benvidos sexan os comentarios.

ifrit -

Eu inda non entendo ben como funciona isto das etiquetas... A verdade é que non sei siquera se funciona ben...
Eu clicko no enlace dunha das etiquetas e po-lo xeral pon que non hai esa etiqueta... Pero se a estou usando eu?! Non entendo a verdade...

Carlos -

Pois a verdade é que non me vira todavía, moitas grazas polo aviso e polas felicitacións. A verdade é que foi unha grata sorpresa.

estela -

Hola carlos, te viste en re- descubriendo blogs, de eCuaderno? felicitaciones!
Estela