Blogia
Sekeirox

Recursos

Paseando con Platero

Paseando con Platero O outro día, na aulablog21 de Paco coñecín Paseando con Platero , unha adaptación de "Platero y yo" de J.R. Jiménez. A presentación: coidada e currada, pareceume un bo traballo de Elías Colomo Cámara, a quen felicito, do IES Santo Reino (Torredonjimeno - Jaén) en cuxa web tamén gostei dos mútiples recursos ofrecidos para gozar da literatura cos alumnos e demais visitantes.

Seguir compartindo

O 2007, tamén é un bo ano para seguir compartindo. Por exemplo na Escola dos caracois , comparten connosco esta aplicación que ven que "nin pintado". O chorreado de Pollock neste soporte, nos ofrece a posibilidade de pasar un bo rato, e dar renda solta á creatividade.

 

 

Ferramentas a ter en conta

Da man de Anibal , cheguei a Clipmarks . Unha ferramenta que permite seleccionar elementos que aparecen na pantalla do navegador, e facelos teus, gardalos, etiquetalos, compartilos,... simplemente fantástica "Con Clipmarks podes marcar co rato tantos elementos dunha páxina como queiras, construindo deese xeito un "recorte" (clip). Unha vez realizado, éstes quedan gardados no servizo que teñen en Internet, polo que poden ser rescatados en calquera momento dende calquera ordenador con conexión. A partir de ahí as posibilidades explotan: podes clasificar os teus recortes en categorías, editalos, asignarlles tags, incluírlles comentarios, envialos por mail, facelos públicos ou privados, etc. etc. Incluso teñen un sistema de clasificación de clips ao estilo de meneame ou digg".

E da man do outro maestro José Cuerva , chego por segunda vez a Bookr , un dos Flickr toys desenvoltos por PimPamPum . Aquí unha mostra dunha presentación de imáxes tomadas de Flickr e retocadas con cariño para exemplificar o xogo dos meniños nos túneles e noutras actividades preparatorias para a marcha.



As clases de ciencias

O outro día, lía en Código Cero sobre as 101 actividades a desenvolver en toda Galicia con motivo da Semana da Ciencia 2006, que coordina en Galiza a Consellería de Innovación a través da Dirección Xeral de I+D co apoio da Fundación Española e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Educación e Ciencia, e que este ano xira en parte arredor dos achados relacionados co cerebro.

Polo que estou a ver, son moitas e moi interesantes as actividades que se están a desenvolver por toda Galiza e que, estou seguro, servirán para ofrecer aos profesores maís recursos e ideas para desenvolver nas súas aulas.

Pola miña banda, estiven (estivemos en familia) a probar algúns recursos que me pareceron moi completos e atractivos.

  • Da man de Anibal , cheguei a RYM (Research Your Mind), dispoñible en tre outras linguas en catalán e castelán. Trátase dun xogo tipo trivial, sobre ciencia que ten o obxectivo concienciar á sociedade, principalmente xóvenes do importante papel que desenpeñan as ciencias no noso contorno, fomentar o aprezo pola ciencia e divulgar diversos aspectos da investigación científica dun modo orixinal e atractivo. Simplemente magnífica.
  • En Ecourban: Educación ambiental, científica y TICs , dou cunha estupenda unidade didáctica interactiva sobre a auga que non coñecía: El agua, un recurso indispensable para la vida .
  • Na páxina da Consellería de Educación da Xunta de Galicia , estivemos a xogar e pasar un bo rato co Preguntoiro .
  • Vía Uso educativo de las TIC , atopamos Fisicanet , un espazo que ofrece apuntes e exercicios para as áreas de matemáticas, física, química e tecnoloxía, ademais doutros materiais de consulta, como citas, artigos e monografías de carácter científico.

 

Google para educadores - Google Docs - Google

José Luis Cabello en Aulablog ofrécenos un interesante artigo comentando sobre as bondades das ferramentas integradas en Google para educadores . Será unha boa cousa seguir o foro aberto en Aulablog para afondar no uso destas ferramentas.

Outra ferramenta Google, aínda en "Beta", que me pareceu moi boa, e que seguro integrarán neste paquete para educadores é o Google Docs , á que chego vía Microsiervos . Trátase dun potente editor de textos e folas de cálgulo qo que podemos acceder vía web (só  necesitamos un navegador); hai outras ferramentas similares, pero esta parece más potente que outras revisadas. Este novo servizo permite logo, aos usuarios rexistrados (Quen non está rexistrado nalgún servizo dos que oferta Google?) crear documentos de texto e follas de cálculo; compartilos, traballar neles de forma colaborativa, editalos en diversos formatos, etiquetalos, gardalos en liña ou no propio ordenador en diversos formatos doc, html, rtf, Open office, PDF, e as follas de cálculo tamén en CSV, ODS, XLS. Casi nada

Achádegos: "La clase abierta" e a "Revista de Educación" (online)

Hoxe din con dous novos achádegos.

Un da man de Paco en aulablog21 . Paco ofreceunos a ligazón a un blog: La clase abierta (outra semente que recoller), "Un espazo que bucea na práctica educativa con blogs, wikis, podcast e outras ferramentas colaborativas". Gustoume o estilo das anotacións, a presentación do blog e as entrevistas que inclúen, entre as que destaco a de Bea Marín e a que lle fixeron a James Farmer (que envexa Guiño! Non teñen desperdicio)

O outro achádego chega da man de Luis en Orientaeduc.com . "Trátase da Revista de Educación . Unha publicación do MEC adicada á difusión da investigación e innovación educativa que agora se pode consultar Online e descargarse en formato PDF".

Máis sitios, ferramentas, experiencias

Estes días andiven bastante leado en varios temas, (tantos que xa me están a preguntar na casa: qué carallo fago tantas horas metido neste meu cuarto de traballo). Cando lles digo que intento non perder o fío do que se mexe na blogosfera educativa, primeiro míranme con cara de Sorprendido ou de Sin palabras e sigo outro rato coas máis de trinta e pico pestanas do Firefox abertas, as catro conversas simultáneas que manteño polo chat de Gmail, a miña música, a conversa por Skype e o Feedness,... ¡¡veña a apuntar cousas novas!! (é certo que asi non se pode).

A fin de mapear o terreo e non perderme, vou citar algúns dos sitios polos que pasei e botei un bo rato (ademais dos destacados no del.icio.us; algunhas ferramentas coas que estiven a trastear e algunhas lecturas coas que estiven a encher os ocos baleiros ;).

Sitios:

  • Por suposto, son de obrigada visita, todos os sitios que pasan a formar parte do Planeta Educativo .
  • Foi un pracer encontrarme co blog desta Escola dos Caracois (EI) . Vexo que contan cun portal no que nos ofrecen un montón de interesantes recursos para o traballo nas aulas de Infantil.
  • E foi outro pracer reencontrarme co Redactor dixital que xa visitara hai algún tempo.
  • Por suposto, tamén de obrigada visita os novos blogs abertos polos diversos blogfesores máis experimentados, para as súas novas andainas deste novo curso académico; nesta ocasión destaco o Blog de Fol da "blogfe" Lourdes .

Ferramentas:

  • Non coñecía o Tabblo , unha bonita e completa ferramenta para traballar con fotos e acadar presentacións personalizadas e coidadas. Achegueime a ela grazas a Jose Cuerva (o mestre das fotos).
  • A mellora da interface de Google Reader , xunto coa súa integración con outras ferramentas da mesma familia, fai deste agregador un serio candidato a facernos a vida un pouco máis cómoda e polo tanto, unha seria opción a ter en conta á hora de escoller un lector de sementes RSS.
  • O novo OpenOffice 2.0.3 en galego para Windows e o novo corrector ortográfico que nos ofrecen dende Mancomun.org .
  • Estiven a trastear co sistema de publicación de blogs Nireblog , (re)recomendada polo blogfe Paco e a verdade é que me quedou unha moi boa impresión, iso de dar facilidades para a xestión dos perfís, para a importación e exportación de blogs, facer copias de seguridade, facilidades para a edición dos contidos; para o tratamento das imaxes; e para a xestión dos diversos elementos do blog de forma tan intuitiva e visual, gustoume.
  • Outra ferramenta coa que estiven a trastear, grazas a Fernando Santamaría , é o YackPack . Todavía non lle collín o truco a esta ferramenta deseñada para xestionar conversas de forma asíncrona mediante mensaxes de voz e en torno a comunidades ou grupos. Os creadores da criatura avísannos das súas bondades no eido educativo . Haberá que afondar nela un pouco máis.

Artigos:

 

Curso de JClic

En Integración Curricular de las TIC , Domingo Méndez infórmanos do curso de JClic que pon á nosa disposición (nun contorno Moodle). Parabéns polo fantástico curso Domingo.

Novo portal da Asociación Sociopedagóxica Galega

Da man de mancomun.org dou coa nova da creación do novo portal da AS-PG (Asociación Sociopedagóxica Galega) . Este portal estará desenvolto integramente utilizando Software Libre. Nesta web pódense atopar, entre outras cousas, contidos educativos en galego, xogos e diversas utilidades para docentes e estudantes. Haberá que seguir de preto as evolucións deste novo "centro de recursos".

Comunicación e cultura

Entre os materiais que nos entregaron aos asistentes das Xornadas sobre Novas tecnoloxías e xestión cultural , está a revista Interea Visual 07 , editada pola Deputación de A Coruña. Este número da revista, que ten a súa versión dixital, contén unha serie de artigos na súa sección de "Temas: Comunicar en cultura ", que me pareceron ben interesantes. Algún deles pasa a formar parte das miñas referencias no CiteUlike

 

A utilidade dun blog académico...

Da man do meu recolledor, dou cun artigo que me pareceu máis que interesante e que pasa a formar parte das miñas referencias no CiteUlike . Trátase do artigo de Tíscar Lara: La utilidad de un blog académico . Tíscar, neste caso aborada o, ás veces acalorado debate, sobre "a banalización dos temas científicos (ou da súa abordaxe), que a comunidade científica lle achaca a miudo aos medios de comunicación" e á idoneidade do achegamento do traballo dos científicos a posicións máis populares, de modo que lle axude a dotalo de sentido pra a maioría das persoas.

Sen entrar no debate de cheo, sinala unha serie de motivacións que aporta un blog académico para os "académicos" asi como algunhas resistencias de cara á adopción deste formato para o mesmo colectivo.

Sinala ademais unha serie de similitudes e diferenzas entre a Academia e os blogs, relacionadas cos sistemas de acreditación; protocolo de citado; o obxecto da publicación; os tempos de publicación; o estilo; o público ou audiencia a quen van dirixidos.

Indica tamén unha serie de "regras de xogo" para a publicación nos blogs; e inclúe unhas "Recomendacións para os académicos recén chegados". Esta úlitma parte, pasou a formar parte dos consellos para a escritura nun blog, recollidos no blog para o Obradoiro TiC .

Actualización:

Antes de publicar esta anotación (estivo unha noite en "estado de borrador" ),  vexo a actualización que fai Tíscar sobre o tema, no que incorpora novos elementos e ligazóns interesantes que complementan o seu post anterior sobre os blogs académicos, como por exemplo: o artigo de  A. Fumero; o artigo de J.A. García Landa ou o artigo:  Impacto de cita y blogs académicos, de ComuniSfera, a propósito do post de Microsiervos ¿Son los blogs académicos una nueva forma de comunicación científica?

Recursos edublogs

Á hora de darlle a publicar a anotación anterior sobre a xornada de novas tecnoloxías e xestión cultural , leo sobre a "felicísima" idea de Anibal de ir desenvolvendo no wiki no que se recollen recursos vencellados á Web 2.0 , unha sección denominada "Recursos edublogs" na que se recollen un montón de recursos sobre os blogs en xeral e sobre os blogs educativos en particular.

Como para a preparación da miña intervención no obradorio sobre creación e xestión de blogs, utilicei algúns dos recursos que se recollen neste sitio, e xa que moitos dos seus autores foron de cita obrigada, paréceme de cumpridísima referencia destacalo e apuntalo para a súa consulta diaria. Como ten aberta a porta á participación, xa engadín algún elemento, que espero que a Anibal lle pareza oportuno. (PD. Tal e como lle comentei ao interesado, as cariñas da túa presentación , servíronme para axudar a ilustrar a miña Guiño Moitas grazas)

Os elementos que se recollen nesta sección agrupanse en:

  • 1 Artigos
  • 2 Presentacións
  • 3 Obradoiros
  • 4 Manuais - Tutoriais
  • 5 Na aula
  • 6 Colaborativos
  • 7 Podcasting
  • 8 Sindicación de contidos
  • 9 Blogosfera
  • 10 Varios

 

Documentación e materiais sobre Moodle

O bon de seguir as pegadas dun monstro como Anibal (que entre outras cousas, é un dos pesos pesados da comunidade de Aulablog ), é que sabes que sempre che vai sorprender con algo interesante. Do seu "nivelaso" no uso e ensinanza da plataforma Moodle , xa teño falado por aqui, o os que o coñecedes, sabedes tamén que ten un blog adicado ao "mundo Moodle": o seu Moodler blog .

Nesta ocasión, sorprendeunos gratamente ao compartir con todos nós unha serie de materiais sobre Moodle presentados a modo de titorial. Estiven a seguilos, e quedei impresionado, tanto polo que ali se conta (aínda que que un tamén ande neses "fregaos" sempre se aprende dos Monstros), como (e sobre todo) pola forma en que se conta.


Anibal é un Mestre; ten a cualidade de achegar o que sabe á súa audiencia de forma sinxela; como adoito a dicir: faino fáaacil.

Grazas Anibal por liberar e compartir estes materiais html, os PDF e as animacións. Todo un luxo

RSS: a importancia das cousas básicas

O outro día, nunha conversa ¿con ou sen likorca polo medio?, reflexionabamos sobre a importancia que teñen certas cuestións básicas para a nosa vida diaria, e o pouco que falamos delas, precisamente polo obvias que nos parecen.

Cando hai uns anos, descubrín o tema do RSS e dos recolledores (agregadores), a miña vida cambiou. Si, si, sen dúbida mudei a miña forma de traballar e de relacionarme co medio, neste caso a través de Internet. E para nada foi un cambio traumático...; desas cousas que... as probas e xa sabes que ata que saia algo mellor "non poderás pasar sen elas".

O asunto é que últimamente o meu recolledor de sementes "feeds" está aos topes, e aínda o estaría máis se moitos dos novos blogueiros que se meten na blogosfera, tivesen en conta a importancia de ofrecer as súas sementes RSS, e fosen conscientes das facilidades que proporciona o utilizar un recolledor ou agregador de "feeds".

Moitos de nós tardamos un tempo en decatarnos da importancia das sementes RSS e dos agregadores. Neste senso, os proveedores que nos ofrecen o servizo de xestión e publicación dos blogs, xogan un papel fundamental: os máis sensibilizados co tema (que non son todos), inclúen por defecto nas diferentes plantillas a ligazón necesaria para acceder ás sementes RSS; e deste xeito, case sen decatarnos xa estamos a ofrecer nos nosos blogs máis información sobre a propia información (meta) da que pensamos.

Nos últimos tempos, supoño que precisamente polo obvio do asunto, as persoas que con-formamos dalgún xeito a blogosfera, oviamos moitas veces estes temas; e moitos dos proveedores que ofrecen servizos de blogs..., pois tamén.

O resultado: un montón de novos blogs interesantes que quedan sen recoller nos nosos recolledores, por non teren (máis) "visibles" as ligazóns ás súas sementes RSS.

Hai uns días Dorfun falaba do tema e posteriormente Anibal , que tamén está de volta de todo isto, ofreceunos un post ao respecto que non ten desperdicio: "RSS: No navegues, deja que Internet llegue a ti, por ejemplo mediante Bloglines " ao respecto que non ten despercicio. Estes dous "monstros", coma sempre, nolo presentan: doado, sinxelo, didáctico.

Tradutor apertium galego - español

A Universidade de Vigo ven de poñer á nosa disposición esta impresionante ferramenta: "apertium ", desenvolta de forma conxunta entre o Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo e o Grup d’investigació Transducens da Universitat d’Alacant.

Trátase dun magnífico tradutor de galego a español (e viceversa, por suposto). Pódense traducir textos escritos directamente ou copiados; ficheiros (en formato de texto, html e rtf); e temos a opción de navegar pola web con tradución. Magnífica ferramenta.

Como sempre, que falamos de tradutores, non se trata de usar só o tradutor, senón de utilizalo como un complemento máis, xunto cos correctores ortográficos e demais ferramentas lingüísticas que temos á nosa disposición.

Aqui vai un exemplo: A páxina de entrada de El Mundo.es, tras pasarlle o tradutor...

UDCDspace: o repositorio dixital da Universidade de A Coruña

LogoUDCDSpace

Se o outro día falaba de MOREA , o repositorio de obxectos "para reutilizar con fins de ensinanza", presentado pola Universidade de Santiago ; vía Juan Freire , dou con UDCDSpace : o repositorio dixital da Universidade de A Coruña . Trátase, segundo a definen os seus responsables, dun "sistema que proporciona de xeito estable e seguro a preservación de documentos dixitais produto da actividade científica e institucional da UDC, e facilita a súa accesibilidade en Internet".

Este sistema de repositorio dixital de documentación científica está baseado en DSpace, e permite almacenar, indexar e distribuír contidos dixitais. Que se pode facer, segundo se desprende da información que nos aportan en DSpace:

  • Institutional Repositories (IRs)
  • Learning Object Repositories (LORs)
  • eTheses
  • Electronic Records Management (ERM)
  • Digital Preservation
  • Publishing
  • and more

Este sistema emprégano moitas institucións a nivel mundial, como por exemplo o MIT. Trátase dunha tecnoloxía Open Source, e segundo comenta Juan Freire, adáptase fácilmente ás necesidades de cada institución.

De momento, na UDC mostran de forma aberta (con protección de copyright), unha serie de recursos agrupados no que denominan: comunidades e coleccións. en cada unha destas comunidades, dividen os materiais en: Artigos; congresos e conferencias; documentos de traballo; e Libros, capítulos etc...

As buscas (conta cun sistema de busca avanzado) pódense facer por: palabras chave, autor, título, materia, resumo, serie, partocinador, identificador ou idioma.

Como resultado da petición de busca, o sistema ofrécenos información sobre: o título, os autores, as palabras chave, a data de edición, a cita bibliográfica, o resumo, o seu URI (identificador uniforme de recursos), a colección onde aparece, datos sobre o arquivo e unha ligazón ao recurso; ademais pódese acceder aos metadatos (dc) do recurso (mostrar o rexistro en formato completo)

Juan Freire indícanos no seu post que o proxecto UDCDspace é en realidade iniciativa dun grupo de persoas da UDC (os bibliotecarios Carlota Balsa, Xaquín Lores e Javier Uranga, e Vicente Guerreiro, do Centro de Cálculo da Facultade de Informática).

Con este sistema, sinala Freire, "crearon en realidade un servizo de xeneración de páxinas web personais que pode ser utilizado por persoas sen ningún coñecemento sobre o tema. Cada profesor e/ou grupo pode publicar os documentos que considere convintes. Por outra banda, o sistema de autoarquivo que utiliza DSpace fai posible unha alta visibilidade dos documentos en buscadores e polo tanto permitirá incrementar o seu impacto".

Haberá que estar atentos á súa evolución e desenvolvemento; e sobre todo ao seu impacto, tanto na propia institución coruñesa, como a nivel autonómico (a verdade é que gostaría de probar esta ferramenta).

O perfil dos promotores deste proxecto, e o dos promotores do repositorio de obxectos de aprendizaxe MOREA, tamén creo que é un tema ben interesante para o debate, xa que o enfoque de ambos proxectos e a súa execución dependen en boa medida do punto de vista dos seus promotores e dos seus intereses.

Reencontro no(co) chat

O outro día tiven un agradable “reencontro” cun vello “contertulio”: o amigo Batea.

Haberá xa uns cinco ou seis anos, que empezou a andaina do chat de La Voz de Galicia ; e nesta andaina nos embarcamos un grupo de persoas que nos fixemos asiduos a este "encontro" e que co paso do tempo se foi facendo máis e máis nutrido. Había persoas que estaban lonxe da casa e que atopaban ali un nexo coa terriña que lles axudaba a levar mellor a súa morriña; familias que quedaban para conversar a un prezo máis módico que as tarifas telefónicas do momento; investigadores, xornalistas, mecánicos, estudantes, hosteleiros, amas de casa, políticos, profesores,... galegos e non galegos, de Galicia e de fóra dela que nos xuntabamos para pasar un bo rato. Cada día: unha leria distinta.
Pouco a pouco, fomos conformando unha pequena gran comunidade, unha pequena rede social a través do chat. Naquel entonces, os blogs eran a excepción, e as ferramentas de mensaxería instantánea, comezaban a facerse un oco no mercado.

O caso é que co paso do tempo, por “haches” ou por “bes”, tiven que ir deixando un pouco de lado aquel meu “vicio” e costume practicado durante un par de anos, de “reunirme” cos colegas a parolar un pouco. Dende hai tres ou catro anos tan só fixen aparicións puntuais e en horarios que non coincidían co das “nosas” quedadas, para comprobar que aquel grupo inicial se fóra debilitando co paso do tempo.

O outro día, cando me atopei con “batea”, contoume que os encontros fornecéranse máis do que eu pensaba e que agora incluso procuraban facer unha xuntanza anual con merenda e licor-café de por medio (isto último o engado eu porque estou case seguro de que será así); non estaban todos (moitos fómonos espallando) pero foron quen de manter o grupo, que foi medrando e mudando como é lóxico co paso do tempo.

O IRC “chat”, é sen dúbida unha das ferramentas de “comunicación” (intercambio de información intencional entre persoas) clásicas, básicas e nucleares no desenvolvemento de internet; e aínda que agora estanse a utilizar cada vez máis, unha gran variedade de ferramentas de mensaxería instantánea que engaden outros complementos á conversa. As bases do uso do chat, permanecen e esténdense ás súas evolucións.

O chat segue a ser a canle de comunicación a través de internet preferida dos máis xoves, e dos que non o son tanto, a nivel mundial. Moitos foron os encontros e desencontros que tiveron e teñen lugar a través desta ferramenta: negocios, negocietes; novas parellas, divorcios; experiencias solidarias (cousas boas e coussa malas, como a vida mesma); experiencias docentes, ... todo tipo de encontros, que teñen como nexo común o diálogo participación, e tantos temas como variedade de persoas nos podemos atopar nos diversos ámbitos sociais.

Sen dúbida, a mellor forma de conversar cos demais, é cara a cara, pero cando algún dos interlocutores non pode asistir fisicamente á charla, o chat (e os seus derivados) son unha excelente ferramenta para mantela.

No ámbito educativo, o seu uso docente é o mesmo que o de calquera conversa que teña lugar no proceso de ensino, coas peculiaridades propias do medio (dependencia e mediación dos ordenadores e da rede).

O intercambio de impresións en tempo real é moito máis fluído que o asincrónico (propio por exemplo dos foros, incluso dos blogs), e se pode utilizar para realizar explicacións; atender titorías; como punto de encontro dos estudantes para realizar traballos ou para manter conversas informais sobre diversas temáticas.

Algúns usos e aspectos ater en conta cando usamos o chat nas clases:

  • A programación de sesións de Chat con fins titoriais ou monográficos implica que todos os participantes teñan “estudado” (revisado) con anterioridade os materiais obxecto de estudio e isto require unha coidadosa planificación e xestión das instrucións, previas ao inicio da actividade.
  • Un uso bastante habitual, é a organización de encontros moderados, con expertos (persoas de referencia sobre unha temática determinada), nos que se poden alternar explicacións e roldas de preguntas.
  • A posibilidade de envío de mensaxes privadas, permite crear conversas con limitación de interlocutores, axudando a personalizar o proceso de ensino e facilitando o desenvolvemento de actividades de tipo colaborativo entre os estudantes.

De "netiqueta ": Algúns consellos de bos modais no Chat:

    • Debemos procurar respectar as “quedadas” como se fosen citas presenciais, para o caso é o mesmo.
    • Procuremos non facer algo que non nos gustaría que nos fixesen a nós
    • Fagamos o esforzo de pensar (aínda que sexa un pouquiño) antes de escribir, queda todo recollido e ás veces deixámonos levar pola conversa e podemos meter a pata; neste caso as palabras non as leva o vento.
    • Non debemos escribir en maiúsculas, xa que equivale a falar berrando e iso amola bastante
    • Evitade textos e mensaxes excesivamente longas, equivale a monopolizar a conversa e resulta máis pesado de seguila.
    • Procuremos non perdernos no medio das “pseudoconversas” que se manteñen entre os distintos participantes, é moi importante procurar seguir o fío.
    • Respectemos a privacidade e a intimidade do resto de usuarios, se alguén nos quere contar algo xa nolo dirá, pero o medio sérvenos en ocasións de “parapeto” para sentirnos máis seguros e abrirnos aos demais.
    • Non “ataquemos” aos usuarios que cometan erros tipográficos, xa que é moi doado equivocarse co teclado, e non todo o mundo ten a mesma soltura, nin un coñecemento da lingua apropiado, cada un se comunica como pode ou como sabe. Se nunha clase imos controlar a escrita dos alumnos, cómpre que llo digamos para que se esforcen e tomen as medidas oportunas.
    • Os saúdos automáticos, publicidade e mensaxes periódicas non son ben recibidas, e resultan molestas
    • Teñamos en conta o contexto e a orixe dos seus contertulios. Evitade malas interpretacións das súas expresións, “chistes”,...

Tedes feito outros usos docentes do chat? como credes que se pode mellorar a netiqueta proposta para o seu uso?


Unha Morea de recursos

Recollo do Blog de Novas Tecnoloxías e Profesorado , a boa nova do lanzamento de MOREA (Múltiples Obxectos Reutilizables de Ensinanza e Aprendizaxe) . Segundo a definición de Adriana: trátase dun "espazo web destinado ao profesorado universitario para apoialo na elaboración dos seus materiais para a web". "Un lugar onde accederás a recursos que che poden servir para elaborar materiais dun xeito máis sencilla".
"
Un repositorio de obxectos para reutilizar con fins de ensinanza"; "Ten orientacións para o deseño de propostas de ensinanza con soporte web baseadas en diferentes estratexias didácticas: simulacións, webquest, estudo de casos, presentacións, multimedia…"; "Ofrece guías para a reutilización de recursos multimedia nos propios materiais de ensinanza".

Trátase, segundo indican na páxina, dun proxecto desenvolto por grupos de investigación da USC; e financiado pola Secretaría de Estado de Universidades e Investigación.

Paréceme unha iniciativa ben interesante. Presentada a ferramenta, irase desenvolvendo e tocará empezar a sacarlle proveito; coido que a súa maior ou menor penetración a nivel institucional, dependerá da habilidade para ofrecela e "facela chegar" á comunidade educativa; do uso que se empece a facer dela; e da flexibilidade que lles ofreza aos profesores, tanto para poñer a disposición dos demais os seus propios materiais como para adaptar os existentes no repositorio ás súas prácticas docentes.

Neste tipo de ferramentas, moitas veces non abonda con adecuarse aos estándares habituais que nos permiten unha boa xestión dos recursos para situacións de ensinanza; é necesario ademais facer unha boa catalogación baseada na experiencia docente; e por suposto ter en conta que os obxectos deben ser elementos a adaptar para cada situación particular por parte dos profesores.

A miña enhoraboa ás persoas implicadas no desenvolvemento desta ferramenta, que si ben como nos indica Adriana está nos seus comezos, pode resultar de gran interese e proveito para todos.

Ferramentas, recursos, artigos, revisións,... sobre blogs

Posto que non dou feito, como para postear coa intensidade que eu quixera en sekeirox, vou facer un pequeno resumo do que recollín durante esta última semana.

Por suposto as interesantes aportacións que están aparecendo en Aulablog , que pouco a pouco estase a conformar nunha comunidade activa e na que se barallan os temas previstos, o aproveitamento do uso educativo das ferramentas que nos ofrece internet, especialmente os blogs.