Blogia
Sekeirox

Máis blogs do meu interese

O listado de blogs que son do meu agrado non para de medrar; pronto terei que facer algo no meu blogroll; por suposto, tamén os acabo de ligar ao meu recolledor de novas (que tampouco para de medrar).
Neste caso tres blogs sobre educación - tecnoloxías - sociedade - blogs,...
Xiruela, o blog de Xiruela, acaba de nacer na blogosfera, pero como cando nacen as estrelas, faino desprendendo unha gran enerxía: promete ;) de feito a súa categorización previa de temas de interese, demostran que o nivel do seu punto de partida está moi alto, e que os seus temas de interese (iniciais), están ben claros.
Socrates Technological University; este blog do profesor Ronald M. Ayers, defínese como un blog "sobre a ensinanza con tecnoloxías" e no seu eslógan parafrasea a Socrates (que coincide co nome do blog) dicindo que "non lle pode ensinar nada a ninguén, só pode facelos pensar", toda unha declaración de intencións, que ten moito que ver co medio que utiliza
O terceiro blog que recollo (vía aulablog21), é Aprendente, que se define no seu aquel como un "Espaço de comunicação sobre Weblogs em educação, WebQuests, WebGincanas e outros recursos TIC, além de eventuais comentários sobre o que rola no mundo". Realmente interesante: a proposta do blog, as súas ligazóns e os últimos posts: dicas sobre usos educacionais de blogs; ou o prohibido blogar; ou o post sobre os microcontos, por citar algúns.

0 comentarios