Blogia
Sekeirox

Chamada no blogomillo

Xa había tempo que esperaba unha chamada deste tipo. E tivo que ser o amigo Dorfun, na súa versión 3.0 (segundo moitos que pasaron por ela, unha das épocas nas que optimiza a relación froza - creatividade - produción;D), quen a fixera. Temos falado da necesidade de darlle un empurrón ao blogomillo, e Dorfun acaba de poñer unha seMente de algo que promete.
De momento a idea é "ter un punto onde a xente poda construír documentos colaborativos, aportar novas, crear foros, dirixir bitácoras,… e tamén solicitar e/ou crear cursos en liña, enfocado sempre a axudar a outros a sobrepasar os seus problemas e dúbidas informáticas diarias". É un xerMolo que, entre outras cousas, puidera dar cabida, por que non? a ese planeta galego do que temos falado e que é tan desexado por moitos de nós.

Oída a chamada, tentarei seguir este interesantísimo proxecto, e na medida en que me dean os folgos, participar e colaborar. Sabendo quen leva a brúxula, estou seguro de que se chegará a bo porto.
Non sabes canto me alegrei hoxe ao descubrir esta seMente! Dorfun, enhoraboa.

1 comentario

dorfun -

A seMente está plantada. Agora só se precisa que cada un lle vaia botando unha pouca auga, para que medre con forza... Todo o mundo está convidado!!!
En canto ó planeta blogmillo... tempo, un pouquiño de tempo... ;D