Blogia
Sekeirox

Edublogs

Edublogs 2009: en Getxo

 

Roa 2006 , Ayerbe 2007, Santiago 2008, e no 2009... agárdanos Getxo. Durante os días 2, 3 e 4 de xullo, en Aulablog  estamos encantados de convocarvos a 4º Encontro de Edublogs 2009 , que se desenvolverá no IES Julio Caro Baroja de Getxo en Bizkaia.

A maxia que nos engaiolou noutras edicións estamos seguros de que este ano tamén estará presente, polo que decidimos volver a vernos, coñecernos e recoñecernos nun ambiente afable, cordial e cercano, onde o verdadeiro interese é o goce de atopármonos, de aprender e de compartir o que sabemos.

Visitade a sección creada especialmente para o encontro, Edublogs 2009  á que tamén podedes acceder dende o menú da esquerda.

Está aberto o prazo para que podas realizar a túa inscrición así como enviar unha  comunicación.

Comeza a conta atrás e as prazas son limitadas, só 100.

Queremos seguir tendendo pontes, ¡¡en Getxo!!

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

III Encontro de Edublogs 2008 - Santiago de Compostela

 

Roa 2006 , Ayerbe 2007 e en 2008... agárdanos Santiago de Compostela. Durante os días 3, 4 e 5 de xullo, Aulablog ten o gusto de convocarvos ao III Encontro de Edublogs 2008 , que se desenvolverá na Facultade de Ciencias da Educación da USC .

A maxia que nos envolveu aos participantes no Encontro de Edublogs 2006 en Roa de Duero, acompañounos e encheunos de enerxías no encontro de Ayerbe 2007, este ano, estamos seguros de que tamén nos acompañará, polo que decidimos volver a vernos, coñecernos e recoñocernos nun ambiente afable, cordial e próximo, onde o verdadeiro interese é o gozo de encontrarnos, de aprender e de compartir o que sabemos.

A temática central en torno á que se articula o III Encontro de Edublogs, que hoxe presentamos, é a creación de redes sociais educativas a través da utilización das ferramentas que nolo permiten. Conferencias, experiencias, obradoiros (redes sociais, blogs, wikis, ferramentas de autor, xestores de contidos, entornos virtuais de ensinanza - aprendizaxe, multimedia,.. ) e convivencia son parte da oferta recollida no programa deste Encontro.

Como se recolle na páxina de información relacionada co Encontro, xa está aberto o prazo tanto para a inscrición como para o envío de comunicacións .

Comeza a conta atrás e as prazas son limitadas. Agardámoste no camiño, en Santiago!!

 

 

En Camiño cara ao III Encontro de Edublogs

 


 

Recollo nesta anotación o anuncio redactado pola amiga Lourdes en Aulablog "O ano pasado, despedimos o Encontro de Ayerbe cunha bonita metáfora de Tíscar Lara, que nos identificába como peregrin@s en Internet, transitando por camiños inexplorados, cada quen polo seu, inevitablemente en soidade en moitos momentos, pero buscando e gozando dos lugares de encontro para repoñer forzas, trazar a ruta, cargar a mochila, intercambiar experiencias, vivencias e por que non, atopar compañía e amizade.

Este ano a proposta é que emprendades o camiño cara Santiago, ali estamos a preparar o albergue. Compartiremos os itinerarios percorridos, os descubrimentos, as dificultades, o aprendido, o intuído e sobor de todo a ilusión e a ledicia de atopármonos.

Pronto máis novas.

Os amigos de El Tinglado finalistas no Edublog Awards 2007

  Vaia Tinglado!! As cousas ben feitas, ás veces teñen unha boa recompensa.

Vía Aulablog , dou coa nova de que El Tinglado é un dos sitios finalistas nos Edublog Awards2007 na categoría de “best education tech support blog”.

Síntome moi contento de que os amigos do Tinglado opten ao triunfo final.

Para conseguilo é necesario apoialos!!! E merecen que os apoiemos por moitas razóns, algunhas das cales as apuntaba Lourdes : porque se trata dunha experiencia colectiva dentro do mundo educativo, co esforzo que iso conleva; porque os seus artífices, comparten con todo o mundo sen agardar nada a cambio.

Porque é un colectivo próximo, accesible, deses que che acollen cos brazos abertos cando te achegas. Porque o blog e as súas propostas son realmente as mellores:

VOTA AO TINGLADO!!

Blogs e Educação: Uma entrevista

Blogs e Educação: Uma entrevista

Na súa Boteco Escola , Jarbas ofrécenos desta vez unha entrevista que lle fixeron hai algún tempo, sobre a súa visión das bitácoras e os usos que se lles dá ás mesmas en distintos ámbitos, entre eles, e sobre todo no educativo. Non ten desperdicio, Jarbas consegue trasladar a súa visión da utilización dos blogs de forma clara, aporta exemplos moi interesantes de utilización das bitácoras no mundo do ensino e mantén a idea, que comparto totalmente, de ter presente que se trata de ferramentas favorecedoras de procesos de Comunicación con "C" maiúscula. A entrevista apórtanos as reflexión de Jarbas sobre a cuestión, a posta en valor da imaxinación para a utilización das diversas ferramentas e recursos que temos ao noso alcance para adecualas aos nosos propósitos. O ton da mesma, sempre correcto, deixa entrever un certo aire subversivo, como a propia natureza destas ferramentas. Gostei da súa lectura.

Os blogs em educação não devem ser nem pedagógicos, nem didáticos

"...

- Que tipo de recursos os blogs oferecem e que podem ser aproveitados no processo pedagógico? (aspectos técnicos e sociais)

- Continuo a criticar suas perguntas que supõem subordinação dos blogs a interesses pedagógicos. Usos “pedagógicos” dos blogs diminuem a vitalidade dessa forma de comunicação no ciberespaço. Prefiro comentar as possibilidades que os blogs podem trazer em termos de expansão da aprendizagem humana.

..."

"... Há educadores que acham que basta colocar um blog no ar para que as coisas aconteçam de um modo novo e surpreendente. Ou acham que pedir aos alunos para que estes produzam blogs é um modo novo de fazer educação. Não é. Usar ferramentas sem imaginação é uma forma de matar na raiz a possibilidade de abrir novos caminhos de aprendizagem."

Grazas Jarbas, por compartir.

Xornada Espiral 2007

Esta fin de semana tiña unha cita pendente coa xornada Espiral 2007 . Lamentablemente non puiden asistir ao evento que estou seguro, dada a calidade das persoas que participaron, tanto como organizadores, colaboradores e asistentes; resultou máis que interesante. Todos os comentarios que se escoitan ao respecto confirman o que digo e a enerxía positiva que emana de comentarios como o de Juanmi , non fan máis que dar gañas para repetir experiencia e reforzar as ligazóns invisibles que nos unen en torno a intereses compartidos.

 

 

Segundo Encontro de Edublogs (Ayerbe2007)

O ano pasado foi Roa de Duero a sede do primeiro encontro de Edublogs, organizado e impulsado dende "Aulablog" e "El Tinglado". O 2007 a caravana de blogueiros, "edublogueiros" e persoas interesadas no uso de TIC nos contornos educativos, desprázase a Ayerbe. O 2º Encontro de Edublogs (2007) xa está lanzado e a maquinaria en marcha. Só faltas ti por apuntarte (como aconteceu o ano anterior, o aforo está limitado a 50 persoas ou sexa que se non o queres perder xa sabes...

As datas, nas que esperamos revivir e reforzar o espirito de cordialidae, camaradería e bon facer que vivimos en Roa, son o 4, 5 e 6 de xullo

Este encontro, terá como tema central as competencias dixitais nos novos currículos do ensino obrigatorio.

O mesmo que acontecera o ano pasado, haberá espazo para comunicacións, obradoiros, mesa redonda, charlas, e moi bo rollo. Tamén lanzarase un meme, que o terá difícil para superar a participación e as reflexións que suscitou o da primeira convocatoria. Ademais, na páxina do evento, está aberto e agardando polas túas aportacións e opinións, o foro sobre este e outros aspectos importantes relacionados coas tecnoloxías e o ensino.

Se estás interesada ou interesado en presentar unha comunicación no encontro, ou coñeces a alguén que o estea, é necesario enviar un arquivo adxunto á dirección

n blogfesores@gmail.com Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla indicando no asunto: Comunicación.

Tamén nesta web podes atopar o formulario para realizar as Inscripcións

Se ademais necesitas hospedaxe tes información, por exemplo aqui:

Este é o Programa do Encontro sobre o que iremos falando e ampliando datos dende aqui .

 

ayerbe.jpg

 

 

Web social educativa 2.0. Aplicación didáctica dos blogs

A presentación elaborada dende educastur sobre blogs e o seu uso educativo pareceume fantástica. Parabéns polo traballo que están a desenvolver.

Os gañadores do I Premio Espiral Edublogs 2007 son...:

Despois de moito tempo sen prestarlle a atención que se merece este espazo, debido sobre todo a un reaxuste na concentración das enerxías, volvo a comentar sobre o "I Premio Espiral Edublogs" 2007. 

En primeiro lugar, teño que agradecer aos responsables de Espiral, por contar conmigo para a valoración dos blogs presentados. Foi un gran traballo de todo un equipo de avaliadores, que dedicamos parte do noso tempo a observar e dar a nosa opinión sobre diversos aspectos das candidaturas. Para min foi unha gran satisfacción, porque tiven a ocasión de afondar en blogs que xa coñecía e que tiña como referentes, para descubrir novas xoias da blogosfera educativa, e sobre todo para aprender, tanto dos meus compañeiros "avaliadores" como do moito e bon que se está a facer nas aulas utilizando as TIC e neste caso os blogs.

O resultado do premio, que desglosarei a continuación, é fonte de gozo e satisfacción para os elixidos, mais debe selo tamén para todos os presentados, porque o compartir, expoñer e razonar as propostas educativas cos demais, as ideas, os recursos ten un valor para min moi superior ao de calquera premio.

Para min, é moi interesante o resultado tamén, xa que nos debe axudar a reflexionar sobre as tendencias e os conceptos que manexamos neste mundo "blogosferil" , pero sobre todo o que máis me encheu de todo isto, foi o proceso; o proceso de construcción e a evolución de cada blog particular; e o proceso de presentación, argumentación e a valoración en si mesma.

Tamén moi interesante, a presentación de candidaturas en galego, candidaturas, todas elas de gran calidade e algunhas delas resultaron premiadas nalgunha das categorías.

Parabéns logo, para todos: os presentados, os galardonados, os promotores da idea e os que nos tocou a difícil tarea de valorar o traballo dos demais.

Blogs premiados nas distintas categorías.

Blogs de aula

Euskaljakintza
Entre lilas y amapolas olvidado
Cuaderno de Psicología

Blogs de Centros

BioGeo
Guía de Información académica e Profesional
iesquintana.net

Blogs de Colectivos

CHIODO SCHIACCIA CHIODO
Iguales en Las Tres Mil
A Nosa Biblioteca 3.0

Mencións

Zonatic-n
Fem química!
Blog de Mar Gallego

Blogs de Profesoras e Profesores

A pie de aula
Las TIC en Plástica
La lechuza de Minerva

A entrega de premios realizarase na Jornada de Espiral que se celebrará os días 8 e 9 de xuño en Barcelona, Colegio Oficial de Doctores y Licenciados.

Agardo poder asistir (agradezo dende aqui a invitación ao evento).

I Premio Espiral de Edublogs

I Premio Espiral de Edublogs

O outro día Juanmi Muñoz, presidente da Asociación Espiral, propúxome participar dalgún xeito no "I Premio Espiral Edublogs". Pola miña parte tentarei axudar na decisión de quen levará os premios que se conceden.

Ao marxe dos premios en si, considero esta unha iniciativa mais que interesante para dar a coñecer as experiencias que se están a desenvolver en galego, catalán, euskera e castelán no campo dos blogs no ámbito educativo.

Dende aqui, gustaríame facer un chamamento á participación de todos aqueles que teñades un blog de corte educativo (profesoresorado, alumnado, Centros, Centros de recursos, Institucions educativas,...). A continuación unha descricion da convocatoria do I Premio Espiral de Edublogs

A Asociación Espiral, Educación e Tecnoloxía , convoca o I Premio de Edublogs 2007.

Bases

Este premio pretende:

  • Valorar a importancia dos blogs na educación, como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares.
  • Recoñecer o traballo de moitos profesores e profesoras na rede demostrando a súa utilidade pedagóxica.
  • Servir de escaparate motivador dunha corrente educativa dentro da blogosfera, que axuda á xeneralización do uso das TIC na aula.
  • Favorecer canles de opinión e debate sobre a necesidade de avanzar no uso dos blogs na contorna educativa.


Categorías do premio:

  • Blogs de profesores e profesoras: blogs individuais que teñan contido educativo, ben sexa que :
      • ou Contén reflexións sobre a aula e a educación en xeral.
      • ou Ofrece recursos para outros profesores.
      • ou Elabora materiais didácticos.
      • ou Ten un marcado contido educativo.
  • Blogs colectivos de profesores.
  • Blogs de Centros educativos: Colexio, Instituto ou Departamento Didáctico.
  • Blogs de Aula: blogs de uso das alumnas e alumnos onde colgan actividades e exercicios, ben sexa colectivos ou individuais: Blog de profesorado máis os blogs individuais dos alumnos e alumnas, ou blog colectivo de aula da asignatura.
  • Mencións:
      • ou Blogs institucionais, Centros de profesoresde (CPRs, Berritzegunes, CEFIREs, etc): Centros de Asesoramento e Formación do Profesorado que utilizan o blog como coordinación para:
        • Seminarios de Traballo.
        • Coordinación de responsables TIC.
        • Ofrecer servizo de asesoramiento en xeral.
      • ou Blogs de portais e asociacións que ofrecen diversos servizos con relación aos edublogs e a educación.


Premios

Establécense tres premios por cada categoría co motivo do logo deste premio, unha peonza sobre unha espiral :

  • Primeiros premios: Peonza dourada
  • Segundos premios: Peonza plateada
  • Terceiros premios: Peonza bronceada
  • Mencións: Peonza natural


Os premios entregaranse na Xornada de Espiral que se celebrará o día 9 de xuño en Barcelona.

Idioma do blog

Poden presentarse a este Premio blogs de calquera país sempre que estean escritos nalgunha das linguas oficiais do Estado Español: castelán, catalán, euskera e galego.

Proceso de selección e propostas

* Ábrese un periodo de tempo comprendido entre o 27 de febreiro e o 23 de abril para presentar candidaturas a cada categoría.

  • As candidaturas dos blogs poderán ser presentadas por calquera persoa mediante un correo electrónico dirixido a edublogs@ciberespiral.net. Incluirase unha breve valoración sobre o mesmo indicando as ideas principais que xustifican a súa proposta.
  • Cada candidatura será publicada nun artigo neste blog.
  • As candidaturas poden ser valoradas posteriormente por outros lectores mediante comentario en cada artigo ou proposta.
  • As valoracións/comentarios aos blogs candidatos pecharanse o 23 de abril.
  • As propostas e valoracións realizadas aos candidatos serán tidas en conta polo xurado que emitirá o seu fallo entre o 7 e 13 de maio.


Criterios de valoración dos blogs que terá en conta o xurado

  • Deseño e usabilidade do blog.
  • Recursos ofrecidos e utilidade didáctica para a aula e o resto do profesorado.
  • Valoración xeral dos contidos do blog.
  • Grao de popularidade e visitas do blog.

Blogs para educar

Da weblografía imprescindible , recomendada por Paco Muñoz en Aulablog , tiña pendente de lectura máis a fondo do artigo de Tíscar Lara : "Blogs para educar. Usos de los blogs en una pedagogía constructivista ", publicado pola revista Telos (Nº 65 Outubro - Decembro 2005).

Os seus epígrafes:

Coincido con Paco en que o artigo, que comento no meu CiteUlike , é de lectura máis que recomendada.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Aulablog en Educared

Hoxe tampouco podo pasar sen postear, porque quero contar gif educaredque vía Lourdes , entérome de que Aulablog aparece como experiencia destacada en Educared . Adiante blogfesores ;).

Edublogs: Un Meme

O certo é que levo unha boa temporada en silencio; a verdade é que resúltame imposible facer esto que tanto me gusta. (A miña navegación estes días poderíase calificar: de recreo. Agardo por ventos mellores para enfundarme o traxe de faena e saír a pescar e poder compartir a pesca coma sempre).

Bueno non estou tan inactivo, só no que a redacción e produción no blog se refire (que non é pouco); o que non pensaba era que o meu seguinte post fose por seguir un meme ¡¡ meme cajina...!! ;) pero vindo de quen viña o encargo, do meu amigo José , non puiden dicir que non.

Imos aló (eu si teño claro quen vai seguir o conto ;)

Unha frase que defina o teu edublog.

mmm... unha soa?

Gústame compartir; subvertir; a educación, as tecnoloxías; devezo especialmente polos procesos de alfabetización (en tódolos niveis), gústame ensinar, pero sobre todo: aprender; gústame o meu querido contorno: Galiza e a Frouxeira

Unha palabra que che distinga como blogfesor.

Ben, como blogfesor e psicoloblog, opino que bloguear abre as portas para que corra o aire; facilita o mexemento das ideas e permite a súa concreción nun continuo que non cesa.

O edublog que recomendarías.

Puff!! vaia meme!! con perdón. Cando fago este tipo de recomendación non me podo quedar con un só.

Vou dicir tres clásicos: Avalúo o blog de Mario (do outro lado do charco); O blog de Aníbal (por non dicir o de todos e cada un dos membros de aulablog ); e na blogosfera galega, e no ámbito universitario, o Blog de Juan Freire , pola calidade e cantidade dos seus posts

A quen lle paso o encargo? pois a edubloguers de diversos ámbitos:

Xiruela

Serafín Ou alguén de A Nosa Biblioteca

Adriana

20-12-2005. Modificación do post

Hoxe decateime de que Lourdes xa lle encargara o meme a Xiruela , e polo tanto decidín pasarllo a Su ; pero cando a fun avisar, resulta que tamén tiña o seu meme realizado ;), co que a seguinte opción, foi ... Xosé Antón de Ensino en Galego; máis cando llo fun comunicar, xa llo pedira Serafín, a quen eu mesmo lle pasei este meme :( . Polo tanto pásollo a José Luis Cabello de Internet como recurso docente .

Aulablog, un proxecto colaborativo sobre o uso das TIC na aula

Aulablog, un proxecto colaborativo sobre o uso das TIC na aula
Aulablog.com: Un lugar de encontro para docentes
interesados nos Blogs


Un grupo de persoas, con experiencia no uso educativo das TIC ven de unir as súas forzas para crear un sitio Web destinado a todos aqueles docentes que desexan iniciarse na publicación de contidos na Rede a través dun blog ou bitácora.

Aulablog.com é un portal temático sobre a aplicación da Tecnoloxía Dixital na aula que se centra especialmente no uso educativo dos weblogs e no que todos os docentes poden colaborar cas súas propias aportacións.

En Aulablog.com pódense atopar ideas e recursos para
iniciarse no mundo dos Blogs e sacarlles o máximo proveito como ferramenta educativa: información sobre os distintos sistemas de publicación; experiencias cos blogs na aula; ligazóns a servizos para a creación de blogs; tutoriais; trucos; complementos, etc.
Este portal dispón ademais dun foro e un sistema de comentarios nos seus artículos, nos que os usuari@s teñen a posibilidade de opinar, debatir e preguntar.

O proxecto Aulablog comezou a xestarse no Foro de aulablog21 en xaneiro de 2005 e dende entón os seus creadores veñen colaborando para demostrar a todo o mundo como coa ilusión e as gañas dun pequeno grupo de persoas e traballando na distancia se pode axudar na mellora da formación en TIC de profesores e alumnos.


Estades todos convidados a rexistrarvos e a particiar no seu desenvolvemento e mantemento, aportando todos os contidos relacionados co tema que consideredes oportuno; e por suposto, estades convidados a participar nos foros abertos ou que desexedes propoñer.

Benvidos a Aulablog.
Carlos Santos

Membro fundador de Aulablog.com

A Calidade no CPI Atios

Hoxe vou postear sobre un centro do meu contorno: o CPI de Atios (Valdoviño). Por proximidade xeográfica (compartimos o mesmo mar da Frouxeira) e porque teño moitas esperanzas na mellora da calidade dese centro. Reviso a súa páxina web. Despois de ter que ver toda a introdución (porque non fun quen de saltala, xa que non dá tempo), e de trastear ca navegación, atopei recursos e ligazóns ben interesantes, dirixidos a todos os membros da comunidade.
A sección que máis me gustou é o taboleiro que inclúe os "palabros", algunha "anécdota" e sobre todo a revista dixital na que se expoñen unha serie de traballos nos que se deixa ver a man dos alumnos.
E revisando o directorio do blogomillo, din co bolg: A Calidade no CPI Atios elaborado e xestionado polos profesores Miguel Carlos de Castro e Graciela, que están a traballar o tema da calidade no centro na liña de poder obter a certificación de centro de CALIDADE según a norma ISO.

Globoeduca

Globoeduca Cóntame Daniel Primo que dende hai un tempo están embarcados nun novo blog de fondo educativo. Trátase de Globoeduca, que pretende completar a web do Colexio San Agustín de Valladolid, con recursos educativos para alumnos e profesores; e con información actualizada. Ademais pretenden que no futuro sexa a porta de acceso para usar, todavía máis, as novas tecnoloxías no contorno educativo do centro.
Gustoume globoeduca; gustáronme os seus outros blogs; e alegroume ver ao sekeirox entre as súas ligazóns. Tamén os teño recollidos no meu feedness.

Máis blogs do meu interese

O listado de blogs que son do meu agrado non para de medrar; pronto terei que facer algo no meu blogroll; por suposto, tamén os acabo de ligar ao meu recolledor de novas (que tampouco para de medrar).
Neste caso tres blogs sobre educación - tecnoloxías - sociedade - blogs,...
Xiruela, o blog de Xiruela, acaba de nacer na blogosfera, pero como cando nacen as estrelas, faino desprendendo unha gran enerxía: promete ;) de feito a súa categorización previa de temas de interese, demostran que o nivel do seu punto de partida está moi alto, e que os seus temas de interese (iniciais), están ben claros.
Socrates Technological University; este blog do profesor Ronald M. Ayers, defínese como un blog "sobre a ensinanza con tecnoloxías" e no seu eslógan parafrasea a Socrates (que coincide co nome do blog) dicindo que "non lle pode ensinar nada a ninguén, só pode facelos pensar", toda unha declaración de intencións, que ten moito que ver co medio que utiliza
O terceiro blog que recollo (vía aulablog21), é Aprendente, que se define no seu aquel como un "Espaço de comunicação sobre Weblogs em educação, WebQuests, WebGincanas e outros recursos TIC, além de eventuais comentários sobre o que rola no mundo". Realmente interesante: a proposta do blog, as súas ligazóns e os últimos posts: dicas sobre usos educacionais de blogs; ou o prohibido blogar; ou o post sobre os microcontos, por citar algúns.

Iniciarse nos blogs

Wila nos ofrece en alternativa dous posts cunhas ligazóns estupendas. Por unha banda, ofrece os blogs de traballo dos seus alumnos, entre os que destaco (só por abreviar, xa que todos son de calidade) (Con la mochila al hombro e Crónicas de rusti-boy en la Tierra)na materia Escritura no lineal.

E por outra banda, a ligazón ao Blog de Borealca, que me pareceu estupendo pola súa claridade expositiva na narración do proceso de creación dun blog (bloglines, RSS, Flikr, etiquetas,...).
Enhoraboa Wila, e enhoraboa a Boreal.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Iniciarse nos blogs

Wila nos ofrece en alternativa dous posts cunhas ligazóns estupendas. Por unha banda, ofrece os blogs de traballo dos seus alumnos, entre os que destaco (só por abreviar, xa que todos son de calidade) (Con la mochila al hombro e Crónicas de rusti-boy en la Tierra)na materia Escritura no lineal.

E por outra banda, a ligazón ao Blog de Borealca, que me pareceu estupendo pola súa claridade expositiva na narración do proceso de creación dun blog (bloglines, RSS, Flikr, etiquetas,...).
Enhoraboa Wila, e enhoraboa a Boreal.

Os recursos docentes de Juan Freire

Ben preto da casa, dou ca actividade docente dun profesor da U. da Coruña que me chamou poderosamente á atención polo uso combinado que fai, de distintas aplicacións, entre as cales están os blogs e wikis. Trátase do traballo do profesor Juan Freire. Gustoume a súa proposta docente e o enfoque dos seus blogs, tanto o persoal, como o do seu grupo de investigación. Polo interese que compartimos pola innovación educativa, e pola utilización destas ferramentas na docencia, pasa a formar parte do meu roteiro de visitas; unha nova canle para o meu recolledor de novas.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres