Blogia
Sekeirox

De vacacións (I): Facerse un sitio na blogosfera

Hoxe, "ergues" preguntoume se estaba ou non estaba de vacacións?..., porque estaba como case tódolos días enganchado no trebello, e eu díxenlle que si, pero que lle estaba a dar un uso non demasiado habitual naquel intre; estaba a revisar a prensa, vía o meu recolledor de novas pero durante o almorzo (tranquilamente, disfrutando del) mmmm; e ademais estaba lendo uns cantos posts dos que quería dar conta posteriormente. Pregunteille (xa sabía a resposta) se el non disfrutaba lendo o que lle gusta, durante as súas vacacións, e non tivo máis remedio que rendirse, xa que leva devorados uns cantos libros (dos gordiños)..., pois ben, eu díxenlle que en vez de ler libros de aventuras, neste momento disfruto coa lectura deste tipo de artigos; e sobre todo, disfruto posteando e escribindo un pouquiño sobre eles.
Ou sexa que os meu hábitos están a mudar un pouco, aínda que me propuxen estar uns días sen encender o trebello, de momento deixareino para a semana que ven, que espero estar desenchufado totalmente.
O caso é que estiven con un par de artigos que chegaron ao meu recolledor dende a súa orixe, e tamén dende outros blogs, como por exemplo de Avalúo y Tecnologías de Aprendizaje, ou "por boca" de James Farmer, por citar algúns, cos que comparto intereses.
Un deles é o How To Be Heard de Stephen Downes. Simplemente fantástico. Stephen, de forma clariña e aberta nos ofrece unha serie de consellos para sermos "escoitados" na rede, a través dos nosos blogs. Ofrece a súa ampla experiencia para amosarnos o camiño para acadar un blog que teña certo éxito. No meu CiteULike irei dando conta dos comentarios ao respecto deste estupendo artigo "apto" e altamente recomendable para bloggers de tódolos niveis.

2 comentarios

Carlos -

Grazas polo cumprido, Catuxa. O caso é que tes razón: as ideas sacadas deste artigo ben merecen un post; en canto atope o momento, tentareino.

Catuxa -

Leín as tuas estupendas notas que fixeches o artigo en http://www.citeulike.org/user/xacaes/article/267585, preguntome, ¿por que non lles das o lugar que se merecen para facelas mais visibles, poñendo esas ideas nun post?

Creo que son unhas reflexións magníficas para un post!