Blogia
Sekeirox

Recollendo sen recolledor :(

Nestes días de ausencia do sekeirox, fun recollendo, grazas ao meu recolledor (que por certo leva uns días sen funcionar e xa me está a causar máis dun contratempo) e a través do meu del.icio.us un montón de artigos, iniciativas e ferramentas que considero dunha gran utilidade.
Son destas ferramentas máis que interesantes, coas que tras un contacto moi breve, xa sintes que non te podes desprender delas (ata que non apareza outra mellor, por suposto). Para o meu bolsillo e a miña forma de ver a vida, estas ferramentas deberan (a poder ser) ser gratis, libres e abertas; que funcionen vía web; que favorezan un traballo colaborativo e favorezan dun xeito ou outro os procesos de ensinanza - aprendizaxe. O tema dos cartos..., porque non está o forno para demasiados bolos; o tema da liberdade e da súa apertura, porque considero que xestionando o noso egoísmo natural con doses adecuadas de altruismo, xenerosidade e visión cooperativa, saímos todos beneficiados (por suposto respecto a todos aqueles que, no exercicio da súa liberdade e posibilidades, utilizan ferramentas "propietario", de feito en ocasións as utilicei, utilizo e supoño que terei que utilizar).
Writely, Nvu, pdf online, Snippy... e tantísimas que non citarei porque case todas se poden recoller en: ñblog, utilidades y recursos para blogs, ou nas recopilacións que van facendo Mario de Avalúo, ou os compañeiros que participan en Aulablog, tanto neste blog, como no planeta educativo, como nos seus respectivos blogs personais.
Interesantes artigos como por exemplo o de Adriana Gewerc: El uso de weblogs en la docencia.
Interesantísimos blogs que xa me teñen enganchado, como varios que teño no meu del.icio.us baixo os epígrafes de secundaria e/ou orientación, desenvoltos por profesores de primaria, secundaria e dende os departamentos de orientación dos centros, (algúns de centros galegos, magníficos); ou por destacar outros dos que xa son un incondicional, o traballo de Felipe Zallas en El Villena; o novo traballo de Bea Marín; a interesante proposta de traballo para este ano de Juan Freire; ou.... outros moitos que irei citando pouco a pouco.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres