RSS: a importancia das cousas básicas
O outro día, nunha conversa ¿con ou sen likorca polo medio?, reflexionabamos sobre a importancia que teñen certas cuestións básicas para a nosa vida diaria, e o pouco que falamos delas, precisamente polo obvias que nos parecen.
Cando hai uns anos, descubrín o tema do RSS e dos recolledores (agregadores), a miña vida cambiou. Si, si, sen dúbida mudei a miña forma de traballar e de relacionarme co medio, neste caso a través de Internet. E para nada foi un cambio traumático...; desas cousas que... as probas e xa sabes que ata que saia algo mellor "non poderás pasar sen elas".
O asunto é que últimamente o meu recolledor de sementes "feeds" está aos topes, e aínda o estaría máis se moitos dos novos blogueiros que se meten na blogosfera, tivesen en conta a importancia de ofrecer as súas sementes RSS, e fosen conscientes das facilidades que proporciona o utilizar un recolledor ou agregador de "feeds".
Moitos de nós tardamos un tempo en decatarnos da importancia das sementes RSS e dos agregadores. Neste senso, os proveedores que nos ofrecen o servizo de xestión e publicación dos blogs, xogan un papel fundamental: os máis sensibilizados co tema (que non son todos), inclúen por defecto nas diferentes plantillas a ligazón necesaria para acceder ás sementes RSS; e deste xeito, case sen decatarnos xa estamos a ofrecer nos nosos blogs máis información sobre a propia información (meta) da que pensamos.
Nos últimos tempos, supoño que precisamente polo obvio do asunto, as persoas que con-formamos dalgún xeito a blogosfera, oviamos moitas veces estes temas; e moitos dos proveedores que ofrecen servizos de blogs..., pois tamén.
O resultado: un montón de novos blogs interesantes que quedan sen recoller nos nosos recolledores, por non teren (máis) "visibles" as ligazóns ás súas sementes RSS.
Hai uns días Dorfun falaba do tema e posteriormente Anibal , que tamén está de volta de todo isto, ofreceunos un post ao respecto que non ten desperdicio: "RSS: No navegues, deja que Internet llegue a ti, por ejemplo mediante Bloglines " ao respecto que non ten despercicio. Estes dous "monstros", coma sempre, nolo presentan: doado, sinxelo, didáctico.
3 comentarios
dorfun -
Carlos -
Rss facil ten a súa base no feedreader, que creo que foi o primeiro que utilicei, como non, da man de dorfun. Realmente moi bo e sinxelo.
Non coñecía a iniciativa RSSFácil: interesante; outra cousa a seguir ;)
Catuxa -
Proba, rss facil, unha iniciativa para achegar o publico comun que é iso das sementes :)