Blogia
Sekeirox

1º Encontro de Edublogs

 

 

Os "aulablogueros", "blogfesores", "edubloggers" e todos aqueles interesados no uso das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicacion) no eido educativo, estamos de enhoraboa.

Dende Aulablog , e coa colaboración de El Tinglado , ven de convocarse o 1º Encontro de Edublogs , a celebrar en Roa de Duero (Burgos) os días 6 e 7 de xulio. A oferta formativa do encontro, conta con participantes de primeira orde que abordarán, en diversos paneis de expertos e obradoiros temas como:

  • A integración das TIC no ensino: a súa situación actual e perspectivas de futuro
  • Os blogs como ferramenta educativa e comunicativa
  • aplicacións educativas dos wikis
  • Recursos multimedia nos blogs
  • Xestión e aproveitamento educativo dos blogs docentes
  • Aprendizaxe virtual con Moodle

Ademais prestarase especial atención ás comunicacións seleccionadas (relacionadas coa integración de TICs en calquera ámbito ou nivel educativo e que xa podedes empezar a enviar) que poderán ser publicadas na web do encontro.

Como peche deste encontro, gustaríanos rematar elaborando unha "Declaración da Ribera" a favor da integración curricular das TIC.

Para participar no encontro xa podes inscribirte. Hai 50 prazas dispoñibles!!

Tedes cumprida información sobre o evento e sobre a inscrición, na web do encontro .

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

4 comentarios

dorfun -

vía chuza, igual che interesa este artigo:

http://www.dosdoce.com/continguts/articulosOpinion/vistaSola_cas.php?ID=9

Carlos -

Eu tamén o espero dorfun ;)
Xosé Antón, levas moita razón. Nesta ocasión saíu adiante polo interese dos organizadores polo tema y pola boa vontade dos participantes.
Para o segundo encontro, xa hai algunha proposta dende terras catalanas. Ogallá algunha administración ou organismo oficial se decidise a apoiar e recoñecer traballos como estes e nos "conviden" (ao colectivo de Aulablog e do Tinglado, por exemplo) a (organizar) participar en vindeiros encontros aqui en Galiza.

Xosé Antón -

Moi interesante iniciativa. A ver cando se fai algo similar poe estas latitudes.

dorfun -

...agardo que podas ir, para facernos unha crónica... e compartir todas esas cousas que sei que botas de menos...
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres