Recursos edublogs
Á hora de darlle a publicar a anotación anterior sobre a xornada de novas tecnoloxías e xestión cultural , leo sobre a "felicísima" idea de Anibal de ir desenvolvendo no wiki no que se recollen recursos vencellados á Web 2.0 , unha sección denominada "Recursos edublogs" na que se recollen un montón de recursos sobre os blogs en xeral e sobre os blogs educativos en particular.
Como para a preparación da miña intervención no obradorio sobre creación e xestión de blogs, utilicei algúns dos recursos que se recollen neste sitio, e xa que moitos dos seus autores foron de cita obrigada, paréceme de cumpridísima referencia destacalo e apuntalo para a súa consulta diaria. Como ten aberta a porta á participación, xa engadín algún elemento, que espero que a Anibal lle pareza oportuno. (PD. Tal e como lle comentei ao interesado, as cariñas da túa presentación , servíronme para axudar a ilustrar a miña Moitas grazas)
Os elementos que se recollen nesta sección agrupanse en:
- 1 Artigos
- 2 Presentacións
- 3 Obradoiros
- 4 Manuais - Tutoriais
- 5 Na aula
- 6 Colaborativos
- 7 Podcasting
- 8 Sindicación de contidos
- 9 Blogosfera
- 10 Varios
0 comentarios