As clases de ciencias
O outro día, lía en Código Cero sobre as 101 actividades a desenvolver en toda Galicia con motivo da Semana da Ciencia 2006, que coordina en Galiza a Consellería de Innovación a través da Dirección Xeral de I+D co apoio da Fundación Española e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Educación e Ciencia, e que este ano xira en parte arredor dos achados relacionados co cerebro.
Polo que estou a ver, son moitas e moi interesantes as actividades que se están a desenvolver por toda Galiza e que, estou seguro, servirán para ofrecer aos profesores maís recursos e ideas para desenvolver nas súas aulas.
Pola miña banda, estiven (estivemos en familia) a probar algúns recursos que me pareceron moi completos e atractivos.
- Da man de Anibal , cheguei a RYM (Research Your Mind), dispoñible en tre outras linguas en catalán e castelán. Trátase dun xogo tipo trivial, sobre ciencia que ten o obxectivo concienciar á sociedade, principalmente xóvenes do importante papel que desenpeñan as ciencias no noso contorno, fomentar o aprezo pola ciencia e divulgar diversos aspectos da investigación científica dun modo orixinal e atractivo. Simplemente magnífica.
- En Ecourban: Educación ambiental, científica y TICs , dou cunha estupenda unidade didáctica interactiva sobre a auga que non coñecía: El agua, un recurso indispensable para la vida .
- Na páxina da Consellería de Educación da Xunta de Galicia , estivemos a xogar e pasar un bo rato co Preguntoiro .
- Vía Uso educativo de las TIC , atopamos Fisicanet , un espazo que ofrece apuntes e exercicios para as áreas de matemáticas, física, química e tecnoloxía, ademais doutros materiais de consulta, como citas, artigos e monografías de carácter científico.
2 comentarios
Carlos -
Haberá que animar a profes e alumnos a que participen.
Eva -