A blogosfera no CMG
Ontes estiven no CMG (Centro Multimedia de Galicia) , en Santiago. Alí están a desenvolver unhas xornadas, dentro da súa proposta formativa, sobre a blogosfera. O obxectivo destas xornadas é "achegar o mundo dos Blogs a través das experiencias dos máis destacados blogueiros galegos. Por medio destas xornadas daranse a coñecer, entre outros temas, o uso de diferentes aplicacións dos Blogs, o perfil do blogueiro galego e os Blogs con temática fotográfica e de video".
O programa dá moitos máis detalles sobre esta proposta formativa-informativa a continuación esbozase o temario:
- XORNADA 1: A BLOGOSFERA: PRIMEIROS PASOS
- Como crear un blog: Pedro Silva
- Ler blogs: "Opaco"
- Información sen control xerárquicos: o modelo Chuza. Berto Yáñez
- XORNADA 2: REFLEXIONANDO SOBRE BLOGS
- O deseño dos blogs e o perfil do blogueiro galego. Carlos Neira
- A libre difusión de contidos: as licenzas Cretive Commons. Eduardo Allende
- Blogs: información e novo xornalismo. Nacho Mirás
- XORNADA 3: BLOGS PARA MIRAR
- Blogs e ilustración. Santy Gutiérrez
- Blogs e fotografía. Paula Gómez
- Blogs e vídeo: o fenómeno YouTube. Martín Pawley
- XORNADA 4: BLOGS PARA ESCOITAR
- Podcast
- Da radio á rede_e-music. Isaac González
- Música da libre difusión. "O Regueifeiro"
Actualización 10-01-2006
Chiti pediume un resumo do acontecido nas xornadas; no seu lugar podedes descargar toda a información que nos proporcionaron nas xornadas aqui:
2 comentarios
Carlos -
Poñereime co resumo, ou case mellor, poñerrei á vosa disposición os materiais que ali nos ofreceron
Chiti -