Levar os apuntes da universidade por Vigo adiante
O outro día, en Código Cero recollían unha nova á que chegara uns días antes revisando materiais sobre o EEES (Espazo Europeo de Educación Superior), para facer unha anotación. Desta nova fixéronse eco en diversos medios de tirada autonómica e nacional, como se pode apreciar nas novas do portal habilitado pola Vicerreitoría de Novas Tecnoloxías e Calidade da Universidade de Vigo, para recoller todo o relacionado con este estupendo servizo de UVigoTV. No portal describen o servizo como "unha televisión corporativa sobre Internet, que permite a transmisión en directo de eventos a toda a rede de Uvigo ou a todo Internet, según se desexe. A súa recepción faise a través do computador persoal coa mesma facilidade que a visión dunha páxina web. Asimesmo, este sistema permite gravar eses eventos e facelos dispoñibles baixo demanda a través da Videoteca de Uvigo-TV". Os profesores que o desexen, poden facer uso dos recursos multimedia que ofrece a Universidade de Vigo, como por exemplo ofrecer os apuntamentos aos seus alumnos en formato mp3, aínda que como aclara Vicente Goyanes, un dos pais e responsable da criatura, a asistencia a clase segue a ser obrigatoria. Ademais das clases e videos explicativos a través da rede, e as gravacións en mp3, hai que sumarlle a posibilidade deacceso ás presentacións e notas dos profesores sobre diversos temas.
A Universidade de Vigo dá un paso importante no eido da formación apoiada no uso das redes e sitúase como unha institución de ensino superior punteira neste senso. Parabéns
4 comentarios
Carlos -
dan3 -
un saludos a ambos
Carlos -
Neste caso o que me parece máis interesante non é o repositorio en si, senón o servizo que supón para os alumnos (e para os profesores, por que non; e os cambios nas formas de facer na universidade que poidan derivarse do seu uso.
Catuxa -
Non deixa de ser un estupendo repositorio.