Blogia
Sekeirox

2º Encontro de Edublogs: Marcadores sociais e sindicación de contidos.... por pelotas

2º Encontro de Edublogs: Marcadores sociais e sindicación de contidos.... por pelotas

1. Desculpas

Esta anotación debera estar publicada hai xa uns días, xa que son un dos poucos relatores do 2º Encontro de Edublogs , celebrado en Ayerbe, que todavía non "colgou" a súa presentación ou o guión da súa comunicación ou obradoiro; desculpas tamén polo final do título escollido neste artigo, pero se queres saber por que é asi, terás que chegar ao final da anotación Guiño.

Aproveito esta situación, de publicala unha vez rematado o encontro, para incorporar algún elemento novo, tanto á presentación como ao desenvolvemento do obradoiro.

2. A miña visión do obradoiro

O primeiro reto que se me presentou antes de iniciar o obradoiro, foi facer fronte á gran diversidade de competencias dos asistentes con respecto aos temas a tratar. A sindicación de contidos é un elemento básico na forma de comportarnos na rede na actualidade, e moitas veces facemos uso deste "servizo" sen pararnos a pensar demasiado no tema, e outras veces, simplemente non facemos uso del, ben porque non queremos ou porque non sabemos. E con respecto aos marcadores sociais, para algúns foi un descubrimento pero para a maioría foi unha forma de sacar a flote algo que xa sabían y que tal vez a partir de agora utilicen un pouco máis.

Pois ben, ese era un pouco o obxectivo do obradoiro, falar destes "servizos" que nos ofrece internet (facelos visibles), para facernos a vida un pouco máis doada, pero sen meternos demasiado en aspectos técnicos ou explicacións que poderían resultar demasiado forzadas para algúns e demasiado "light", para outros (e todo iso en 2 horas).

3. O desenvolvemento

O que tivemos, foi unha charla distendida na que contei, de forma sucinta, a miña experiencia persoal no uso destes servizos. Falamos de moitas cousas: de tecnoloxías, de información, de COMUNICACIÓN; de como entendo a utilización destas ferramentas que nos permiten ser parte activa na producción e transmisión da información e non só consumidores; falamos dalgúns aspectos chave, no éxito destes servizos: facilidade de uso e independencia tecnoloxías particulares; o RSS e o etiquetado da información por parte das persoas.

Tomado da wikipediaUnha vez falamos dos conceptos, da súa utilidade e de posibles usos na vida diaria, estivemos a ver como recoñecer ou buscar as sementes RSS dos sitios que nos interesan e falamos dalgunhas ferramentas que coñezo para sacar proveito da sindicación e dos marcadores sociais. Falouse do FeedReader , de Rojo , de Feedness , de Syndigator , de Google Reader e de Bloglines , ferramenta na que afondamos un pouco máis. En canto a marcadores sociais, falouse de Furl , de del.icio.us , de Mr.Wong e sobre todo de Blinklist .

Unha vez abordadas: as ideas, os conceptos, e algunhas formas de facer (procedementos); procuramos provocar unha especie de trebón de ideas en común, para sacarlle punta a estas ferramentas no ámbito educativo. Algunhas destas ideas foron:

 

  • Seguimiento dos blogs personais;
  • Seguimiento de blogs grupais (ou outro tipo de publicación dinámica);
  • Recepción de novedades sobre unha temática determinada;
  • Suscripcións a publicacións concretas (fundamental para os investigadores de calquera nivel);
  • Seguimiento de novas sobre lexislación, subvencións;...
  • Fuentes bibliográficas compartidas e novidades editoriais
  • Ángel: seguimento dos blogs dos seus alumnos; ou dos seus múltiples blogs; compartidos,…

 

Antes de rematar, ofrecemos algunhas ligazóns para afondar no tema: "para nota".

Sindicación:

 

Marcadores sociais ou "levar os favoritos postos"

Personalmente e como relator, quedei encantado co interese amosado polos asistentes ao obradoiro, tanto por algunhas cousas das que contei, como pola forma que foi tomando a charla e o intercambio das ideas.

4. A sorpresa,... por pelotas

Un aspecto que parece que causou certa sensaciónSonriente, foi a visualización do proceso de agregación das sementes RSS e a comprobación real da efectividade desta ferramenta no que a aforro de tempo se refire á hora de manexar a información. Esta visualización ocorréuseme a noite anterior e tíñaa prevista tan só para o caso de que fixese falta, porque non sabía se esta tecnoloxía punta funcionaría ou non; o certo é que funcionou e moi ben. O agregador de sementes RSS, que dende hoxe utilizarei cando toque falar deste tema (do que porei as imaxes en canto as reciba), bautizareino co nome de "Lector de sementes RSS de Ayerbe " ("Lector de semillas RSS de Ayerbe "), en honra ao pobo que tan ben nos acolleu durante este 2º Encontro de Edublogs .

 

 

PD. A explicación do RSS foi un pouco máis extensa. O que aparece no vídeo é unha síntese que quedou recollida grazas a Montse, Charo e Antonio.

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

8 comentarios

cheap coach bag -

You made some good points there. I did a search on the topic and found most people will

agree with your blog.

coach outlet -

I really liked your blog article.Looking forward for more such stuff.

Carlos -

Amiga Bea, a miña anotación sobre a educaparty xa está en producción, pero aínda non tiven o tempo e as forzas para publicalo. Ao chegar de Santander reincorporeime á miña actividade, que xunto coa actualización das miñas lecturas e uns agradables días en familia (con motivo das festas do meu pobo tivéronme alonxado de sekeirox. Prometo comentar algo, e pouco a pouco ir recuperando o ritmo necesario para manter vivo o sekeirox.
Moitas grazas a ti, pola túa compaña (dende fai anos virtual e dende o outro día tamén presencial), por permitirme comprobar en persoa: que o xenio e figura que intuía detrás dos teus escritos e produccións, está aínda máis accesible na realidad.
Alégrome de que o "regaliño" do CiteUlike che gustase e agardo que podamos seguir intercambiando impresións, pareceres, e intereses compartidos...
Unha aperta

Bea -

Joven amigo,
vine para ver si habías dicho algo de Educaparty, pero veo que nos parecemos en la discontinuidad de la escritura y nos hermanamos en el ritmo vital.
Muchas gracias por tu compañía, tus ratitos de intimidad, CiteUlike y la sonrisa con que nos deleitaste.
Quedamos conectados y amigos, comos siempre.

Carlos -

:) Outra aperta meu, alégrome de que che gustase.

dorfun -

...eres un fenómeno!!! XD ...non se pode ser más claro e directo! ...unha aperta!!!

Carlos -

compañero, contesteiche no teu blog como se merecía a anotación. Grazas

eraser -

Me encantó la mijita que ví de tu curso. He hecho un post de Ayerbe y Sekeirox...gracias por todo, no sabía que estabas en la organización....
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres