AMIE:nenos, pais dos medios rurais. Foro Europeo
Tras unha longa pero boa viaxe dende Galiza chegamos a Biarritz (Francia), cidade que nos acolleu de marabilla aos asistentes ao Foro Europeo AMIE . Unha ampla representación de persoas "amigas" de Preescolar na Casa (Galicia), ICE (Portugal) e ACEPP (Francia) acudimos a esta xuntanza que ten un programa do máis completo e interesante. A convivencia e a acollida que tivemos foi de sacar o sombreiro. A maratoniana xornada do sábado (A acollida 9:00h, a apertura as 10:00h, a continuacion a conferencia debate: De l'éducation à l'engagement citoyen pour le développement des territoires ; e pola tarde ás 14:30h os obradoiros nos que se traballou sobre os temas abordados na conferencia matinal; as 17:30h as conclusións dos obradoiros; e remataremos cunha velada festiva amenizada por unha coral de cantantes do País Vasco, que son moi boas; en canto remate esta anotación alá vou.
A xornada de mañá tamén se prevé do máis interesante: ás 9:30h comenzará a exposición de diversas experiencias desenvoltas nos diversos territorios polas institucións que forman parte do programa AMIE .
En canto volte, a crónica do evento máis detallada.
Xa hai algunhas fotos do encontro na rede. Pola minha parte puxen algunhas en flickr, coa etiqueta: amie07
0 comentarios