En Inforensino 2007
Ao longo desta xornada, estarei compartindo con outros poñentes o estrado do Pazo de Congresos de Lugo nas xornadas Inforensino 2007 , organizadas polo CFR de Lugo , a quen lles agradezo a invitación a participar (tamén a ti Paco) que terán lugar os días 14, 15 e 16 de setembro.
Charlaremos sobre a Web 2.0, sobre algunhas ferramentas que podemos incluír neste saco, e de como lles podemos sacar proveito no ámbito educativo. A segunda parte da miña intervención estará centrada no uso de blogs e wikis nos centros.
Xa contarei as miñas impresións (teño aínda pendente a crónica do acontecido na EducaParty 2007 - Santander ) na que compartín, entre outras cousas, labouras de formador xunto a moitos amigos e amigas da blogosfera educativa. A crónica está no forno a puntiño de saír. ;)
7 comentarios
Carlos -
Carlos -
Moitas grazas de novo Raúl, seguimos en contacto.
Raúl -
No Inforensino houbo moitos fallos, gran parte deles debidos a mi falta de experiencia na organización deste tipo de eventos. Espero non repetilos o próximo ano se sigo metido neste fregado.
Mis desculpas a Carlos e a todas as persoas que asistiron a súa charla.
Belén -
Graciñas polo comentario.
Lémonos!!
Carlos -
As xornadas son unha boa inicaitiva, pero tantas liñas abertas con tan pouco tempo para cada unha non dá para máis que para dar unhas pinceladas do que ti entendes de cada tema. Nesta ocasión tiven mágoa por non poderme quedar ao resto das xornadas, sobre todo ás ceas e charlas post xornadas; tamén me quedou mágoa por non ter escoitado a charla dalgúns polentes aos que me gustaría coñecer persoalmente, e mágoa por non ter charlado máis cona algúns que se cadra te leen ou os les nos blogs pero que no contacto directo pois non dan o paso adiante (cousa que tamén respeto).
En canto á miña charla: a primeira media hora foi caotica: 20 minutos en que non funcionaban os equipos (ata 4 equipos para poder poñer a miña presentación en PPT), os 10 seguintes pasoume factura o desbaraxuste inicial xunto coas miñas gañas de contalo todo, cun equipo de son que non funcionaba e as miñas ideas que non acababan de saír coa fluidez coa que tiña previsto (dadas as circunstancias) unha vez pasada esa primeira hora: senteime, pasei de formalismos, botei en falta un pouco de tempo para trastearmos con algunhas ferramentas, pero coido que o que contei serviu para o obxectivo que me propuxen inicialmente que non era outro que tentar trasladar a miña idea do que é a web 2.0 e amosar un par de ferramentas que a min me teñen axudado moito, desas que che fan a vida un pouco máis doada; e que polos comentarios e expresións da xente creo que tomaron boa nota delas, porque creo que realmente viron a súa utilidade; tamén afondei un pouco no tema de blogs e wikis e no meu punto de vista, compartido con outras persoas, de que non son excluíntes senón todo o contrario son complementarias e ambas teñen, ou poden ter un papel relavante nas prácticas docentes.
Xa contarei algo máis na crónica, na que tentarei tender unha vía de discusión sobre esta última idea do comentario, xa que houbo alguén que me dixo que non estaba dacordo co que eu plantexaba, pero non me dixo en que non estaba de acordo, polo que creo que sería interesante fomentar un debate ao respecto, para intercambiar pareceres, a ver se o conseguimos.
Lu, estouche lendo e estouche escoitando. Un pracer
Un saúdo.
Lu -
xanocebreiro -