I Congreso Galego de Educación Infantil 0 - 3
Os días 27, 28 e 29 de xuño celebrarase o "I Congreso Galego de Educación Infantil 0-3" no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)
No portal galescolas.net temos acceso a esta información sobre o Congreso. Nesta edición teño o gusto e o reto de formar parte da organización. Agardamos que a participación sexa inesquecible.Destinatarios:
Persoal das escolas infantís
Obxectivos:
- Servir de punto de encontro a profesionais que desenvolven o seu traballo no primeiro ciclo da educación infantil.
- Facilitar o coñecemento de experiencias que se están desenvolvendo no ámbito da educación infantil.
- Crear un foro de discusión teórica e práctica sobre a educación infantil.
- Ofrecer técnicas de aplicación nas aulas.
- Coñecer os últimos avances no ámbito da educación infantil.
Conferencias Plenarias:
Diversas persoas de recoñecido prestixio axudarannos a facer unha reflexión teórica e práctica sobre a situación da educación infantil 0-3 e a importancia dunhas boas prácticas no traballo das escolas infantís.
Relatores:
- Lois Ferradás, decano da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
- Quinto Borghi, coordinador pedagóxico das escolas infantís de Módena.
- Vicenç Arnaiz, psicólogo.
- Miguel A. Zabalza, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da USC.
Paneis de Experiencias:
Un dos obxectivos do Congreso é o de facilitar o coñecemento de experiencias que se están desenvolvendo no ámbito da educación infantil, e iso preténdese conseguir cos paneis de experiencias en que, a partir de pequenas comunicacións, moitas escolas infantís poidan poñer en común experiencias, reflexións e ideas sobre a súa práctica cotiá.
Obradoiros:
Desenvolverase algunha sesión de obradoiros alternativos sobre temas de interese para o traballo na educación infantil:
- Expresión dramática e educación infantil.
- Xogo heurístico.
- Animación á lectura.
- A música na educación infantil.
DOCUMENTOS DE INTERESE:
- Tedes aquí o Boletín de inscrición no congreso (data límite para a inscrición: 20 de Xuño)
- Aquí hai información co Boletín de presentación de experiencias educativas no congreso (data límite para a presentación de propostas: 23 de Maio)
- Nesta ligazón ofrécese unha guía para a presentación de experiencias educativas
0 comentarios