Outro servizo de weblogs
Vía ciberlingua, entérome de que Universia, acaba de poñer a disposición dos seus usuarios, un servizo (en probas) para montar bitácoras.
Durante varios días, sekeirox estivo parado, xa que un servidor enguedellouse polo camiño.
Non sei como será noutros contornos do mundo, pero no meu contorno, unha das sensacións que me fan ter eses momentos "ledicia", é a producida ó estar nalgún sitio do rural galego, ó anoitecer ou pola noite pechada, no verán (con ou sen licor café de por medio), e escoitar: o canto do grilo, ou mellor dito dos grilos,... a ducias, a centos, a miles,... Pois ben, supoño que o grilo "A", cando axita os seus élitros, fai chegar a súa mensaxe a unha gran cantidade de grilos veciños, sendo o máis alonxado o grilo "B". O grilo "C", é o máis afastado de "B", e non percibe o sinal de "A" directamente, pero sí lle chega a través da resposta que "B" lle ofrece a "A", ou a través do canto dos outros moitos grilos que están á "escoita".