Blogia
Sekeirox

O canto do grilo

O canto do grilo Non sei como será noutros contornos do mundo, pero no meu contorno, unha das sensacións que me fan ter eses momentos "ledicia", é a producida ó estar nalgún sitio do rural galego, ó anoitecer ou pola noite pechada, no verán (con ou sen licor café de por medio), e escoitar: o canto do grilo, ou mellor dito dos grilos,... a ducias, a centos, a miles,... Pois ben, supoño que o grilo "A", cando axita os seus élitros, fai chegar a súa mensaxe a unha gran cantidade de grilos veciños, sendo o máis alonxado o grilo "B". O grilo "C", é o máis afastado de "B", e non percibe o sinal de "A" directamente, pero sí lle chega a través da resposta que "B" lle ofrece a "A", ou a través do canto dos outros moitos grilos que están á "escoita".
Pois ben esta imaxe, dos grilos, aseméllase moito ó que acontece na arañeira (web), só que me atrae máis a idea da grileira que a da arañeira. Cando un grilo empeza a "cantar", prodúcese unha reacción incontrolada de resposta de milleiros de grilos veciños. Esto é o que pasou cando o grilo que escribe, provocou co seu canto ó seu veciño dorfun. Neste caso a petición era unha chamada para que alguén escribise algo sobre a sindicación. A resposta é este documento que está aberto a ser mellorado por outros grilos interesados.

1 comentario

Jaio la espía -

Carlos: magnífica historia. Me uno a su propuesta de llamar a esto una jaula de grillos en lugar de una tela de araña.
Gracias por el enlace.