Blogia
Sekeirox

Edublogs

sekeirox no eCuaderno

Antes de que tivese tempo de comprobalo por min mesmo, o amigo dorfun e Estela de Colaborativo, coméntanme que José Luis Orihuela na sección (re)Descubriendo blogs do seu eCuaderno, tivo a deferencia de incluír a sekeirox no listado de blogs destacados no apartado de educación. Grazas José Luis.

Habelos hailos

Blogs na universidade; unha forma de organizalos no CENT da UJI (Universidad Jaume I)

Ser activos na Sociedade da Información

Ser activos na Sociedade da Información Cumio mundial sobre a sociedade da información. Xenebra 2003 - Túnez 2005

Principios: 4. Creación de capacidades
32. Os creadores, editores e productores de contido, asi como os profesores, instructores, arquivistas, bibliotecarios e alumnos, deben desempeñar unha función activa na promoción da sociedade da información, particularmente nos países menos adiantados.
33. Para acadar un desenvolvemento sostible da sociedade da información, deben reforzarse as capacidades nacionais en materia de investigación e desenvolvemento de TIC. Por outra banda, as asociacións entre países desenvolvidos e países en desenvolvemento, incluídos os países con economías en transición, con fins de investigación e desenvolvemento, transparencia de tecnoloxías, produción e utilización dos productos e servizos TIC, son indispensables si se desexa propiciar a creación de capacidades e unha participación mundial na sociedade da información. A fabricación do productos para as TIC representa unha oportunidade importante de creación de riqueza.

E me pregunto, como se distribúe logo esa riqueza na realidade?

Weblogs na educación

Vía aulablog21 dou co artigo Weblogs en educación de Fanny Contreras, publicado na Revista Digital Universitaria de la UAEM.
De fácil lectura, fai unha descrición resumida dos weblogs e dos seus usos educativos.
Ademais, a Revista Dixital da UAEM, vaise converter nun novo lugar de parada. Ten moi boa pinta. Poñerei unha baliza.

Unha bitácora para alumnos e con alumnos

Fabian cóntanos como lle vai na súa experiencia co blog feito para os alumnos e polos alumnos, no que incide sobre todo na importancia de que os alumnos non só busquen información, senón que tamén a produzan. Conta como foi o proceso de posta en marcha da bitácora, da súa organización, asi como das dificulatdes coas que se foi atopando.
Gústame o traballo que está a desenvolver.

Plantilla de blogs

En aulablog21 publican un post titulado: plantilla para avaliar blogs de profes e alumnos, e fala dunha plantilla elaborada por Bernie Dodge.
Teño que dicir que entendo a palabra avaliar no sentido de recurso para a mellora, non cun sentido cualificador ou clasificador. Dende este punto de vista paréceme unha boa idea, un primeiro paso, pero coido que está moi verde. Sería de interese ir facendo algo asi pero verdadeiramente enfocado ao traballo docente e adaptado ás características do noso contorno.

Segunda parte de Weblogs: Nuevos Cuadernos de Bitácora

Xa comentara a primeira parte deste artigo publicado en Red. Agora o número 11 desta revista da Universidade de Murcia, publica a segundas partes dos artigos de Miguel Zapata e de Chris Ashley.
Inclúe ademais un artigo de Carlos Marcelo sobre contidos e construcción da aprendizaxe na rede.

Weblogs como e-Portafolios

Vía weblogg-ed, atopo e-Portfolios for learning, de Helen Barrett. Neste sitio pódense atopar novas e comentarios de gran interese sobre os e-Portafolios e sobre o uso de weblogs para esta fin. No último post do seu blog: Second order tool use, fala esta blogger, de dos distintos niveis de uso dunha ferramenta, neste caso de software. O primeiro nivel de uso, é para o que foi creado e deseñado, e o segundo nivel de uso, sería para abordar unha necesidade que pode cubrir (a modo de bricolaxe do que tanto gusto).
En canto aos blogs, o seu primeiro nivel de uso é para postear novas online, e que nun segundo nivel se poderían usar como e-Portafolios (no senso de construir unha historia de ensinanza aprendizaxe), se cumplisen uns criterios: Que permita crear unha estructura dun e-Portafolio mediante ligazóns hipertextuais, que permita facer un diario reflexivo e que permita crear un listado (inventario) de obxectos reutilizables noutro contexto.

A escritura con weblogs

A escritura con weblogs Na EDUTEKA, publican un interesante artigo, sobre o uso de blogs nas aulas. Inclúe unha selección de ligazóns e recursos de interese.

Ensino en Galego

Xosé Antón ven de estrear o seu blog: Ensino en galego.
Benvido

Espallar os contidos na Blogosfera

Espallar os contidos na Blogosfera Chegoume por varias fontes, a referencia dun artigo de Richard E. Ferdig e Kaye D. Trammell da Universidade de Florida, que trata do uso dos blogs na educación: Content Delivery in the 'Blogosphere' .
O artigo está publicado en The journal online («Technological Horizons in Education»), na súa edición do mes de febreiro.

Os autores defenden as vantaxes dos blogs como ferramentas de participación e creación de coñecemento. Neste artigo enmarcan as súas propostas de traballo cos blogs, desde unha perspectiva constructivista e ofrecen algunhas ideas para utilizalos nas clases.

Artigo moi interesante, que ofrece consellos, e un bo listado de referencias.

Weblogs: Novos cadernos de bitácora

No número 10 da revista RED , recóllense dous interesantes artigos sobre os weblogs na educación, por parte de Miguel Zapata Gros, do Departamento de Picoloxía Evolutiva da U. de Murcia
Os artigos están en formato PDF:

Weblogs: Nuevos cuadernos de bitácora
Miguel Zapata Ros
"...dende unha perspectiva, de profesionais e usuarios da educación aberta e a distancia a través de redes, as bitácoras están chamadas, como espacios das comunidades de aprendizaxe, a protagonizar un papel de actor principal no terreo dos recursos formativos de internet, favorecendo a creación de contornos novos e distintos de aprendizaxe".

El uso de los Cuadernos de Bitácora o Weblogging: Otro tipo de sitios web
Orixinal de Chris Ashley
Traducción de Nora Lizenberg
Adaptación de Miguel Zapata Ros

Weblogs, part II: A Swiss Army website?
Chris Ashley

Weblogs: The Reading/Writing Connection

A profesora Nancy Peralta, a través do seu blog , ofrécenos unha guía rápida e moi útil para a utilización dos weblogs nas aulas, o seu artigo: "The Reading-Writing Connection: Internet Publishing made SIMPLE with Weblogs", contén informaicón e ligazóns moi útiles como apoio á aprendizaxe do uso dos blogs.
Ademais fai unha chamada ó uso desta ferramenta nas aulas:

"If you’re looking for a powerful way to connect reading and writing across the curriculum, this class is for you! A weblog, or “Blog,” is a fun and easy way to publish a journal on the internet, and it’s guarenteed to get students “writing like enlightened readers." Learn to blog and create a cass blog for a Standards based project of your choice! You and your students will share the excitement of collaborative writing and publishing for a real audience of readers ith this simple online software.Come on—be part of the BLOGOSPHERE!"

Thoughts on Edblogger

Interesantes reflexións sobre o uso dos blogs nas escolas, e unha porta aberta á investigación.http://www.weblogg-ed.com/2003/11/24#a1201