Blogia
Sekeirox

Weblogs como e-Portafolios

Vía weblogg-ed, atopo e-Portfolios for learning, de Helen Barrett. Neste sitio pódense atopar novas e comentarios de gran interese sobre os e-Portafolios e sobre o uso de weblogs para esta fin. No último post do seu blog: Second order tool use, fala esta blogger, de dos distintos niveis de uso dunha ferramenta, neste caso de software. O primeiro nivel de uso, é para o que foi creado e deseñado, e o segundo nivel de uso, sería para abordar unha necesidade que pode cubrir (a modo de bricolaxe do que tanto gusto).
En canto aos blogs, o seu primeiro nivel de uso é para postear novas online, e que nun segundo nivel se poderían usar como e-Portafolios (no senso de construir unha historia de ensinanza aprendizaxe), se cumplisen uns criterios: Que permita crear unha estructura dun e-Portafolio mediante ligazóns hipertextuais, que permita facer un diario reflexivo e que permita crear un listado (inventario) de obxectos reutilizables noutro contexto.

1 comentario

wsefe -

Excelent


www.kuki.com.es - Gadget