Paseniño II: resumo resumido
O outro día falaba da necesidade de baixar o ritmo e irmos paseniño. Dese xeito disfutamos moito máis de todo o que nos rodea en cada momento: saboreámolo, reflexionámolo, refacémolo, compartímolo,...; como contrapartida podemos perder a oportunidade de estar mos rodeados de moitos e bos elementos que poderían enriquecernos un pouquiño máis. Nesas estamos, tentando buscar o equilibrio que nos permita difrutar sen perder o tren da inquedanza polo coñecemento do que está a acontecer en cada intre nos ámbitos que nos interesan.
O meu recolledor e as ferramentas de postaxe de ligazóns (del.icio.us ) e referencias (citeulike ) de interese, están a xogar un papel fundamental nesa búsqueda dese equilibrio. E todas as ferramentas de recollida, xestión e edición da información que van aparecendo na web e para a web (II), póñenos cada vez as cousas máis doadas.
Como "resumo resumido" de aspectos destacados nos últimos días debo sinalar:
Ferramentas
- Destaco a miña segunda toma de contacto (as novas ferramentas facilitan bastante o camiño) co mundiño dos podcasts (en canto teña algo presentable aparecerá por sekeirox) e é que ultimamente estanse a ver marabillas ( Lourdes , Lu , Anibal , Alejandro, José, Isidro de hitzez ...) realizadas nesta liña.
- A utilización de ferramentas como o Transfer Big Files , atopado vía El utilitario e probado por necesidade cun resultado óptimo.
Entrevistas
- A José Luis Orihuela en La Voz de Galicia
- a Tony Bates en El País Universidad
- a Margarita Rivière en El País (aiaiaiaii :( )
Blogs (hai moitos máis que cautivaron a miña atención, pero por destacar algúns...)
- A Pie de Aula (Un edublog de Lourdes Domenech que leva dende o mes de novembro no ar
- O Outeiro (Sei que o amigo Daniel de Galinus estivo a facer cambios interesantes no seu blog) ;)
- Mackenzieblog (Un redescubrimento engadido ao Planeta Educativo : un luxo)
Artigos
- Puff son moitos os revisados, pero destaco: Teach tools for Learning de Will Richardson ; The Inevitable Personal Learning Environment Post de James Farmer ; Web Educativa 2.0 de Anibal de la Torre (en Edutec ).
- As derradeiras publicacións recollidas en Aulablog : Weblografía imprescindible de edublogs , de Francisco Muñoz; Cómo aprovechar el alojamiento gratuito del CNICE , de Alejandro Valero; Formatos gráficos en la Web II , de Anibal de la Torre
Iniciativas interesantes
- Como as recollidas por xiruela sobre o desenvolvemento de contidos dixitais para a presentación de empresas e para o eLearning no marco do proxecto AMEDIDA ; ou o proxecto efelcren coordinado pola USC e que ten como obxectivo o desenvolvemento dun espazo de traballo colaborativo para a creación e validación comunitaria de materiais didácticos, que serán empregados en espazos de formación online de Primaria e Secundaria.
- A iniciativa de RedeGalega.org recollida vía O Outeiro sobre a reclamación dun dominio de internet para Galiza