Sekeirox

Levar os apuntes da universidade por Vigo adiante

O outro día, en Código Cero recollían unha nova á que chegara uns días antes revisando materiais sobre o EEES (Espazo Europeo de Educación Superior), para facer unha anotación. Desta nova fixéronse eco en diversos medios de tirada autonómica e nacional, como se pode apreciar nas novas do portal habilitado pola Vicerreitoría de Novas Tecnoloxías e Calidade da Universidade de Vigo, para recoller todo o relacionado con este estupendo servizo de UVigoTV. No portal describen o servizo como "unha televisión corporativa sobre Internet, que permite a transmisión en directo de eventos a toda a rede de Uvigo ou a todo Internet, según se desexe. A súa recepción faise a través do computador persoal coa mesma facilidade que a visión dunha páxina web. Asimesmo, este sistema permite gravar eses eventos e facelos dispoñibles baixo demanda a través da Videoteca de Uvigo-TV". Os profesores que o desexen, poden facer uso dos recursos multimedia que ofrece a Universidade de Vigo, como por exemplo ofrecer os apuntamentos aos seus alumnos en formato mp3, aínda que como aclara Vicente Goyanes, un dos pais e responsable da criatura, a asistencia a clase segue a ser obrigatoria. Ademais das clases e videos explicativos a través da rede, e as gravacións en mp3, hai que sumarlle a posibilidade deacceso ás presentacións e notas dos profesores sobre diversos temas.

A Universidade de Vigo dá un paso importante no eido da formación apoiada no uso das redes e sitúase como unha institución de ensino superior punteira neste senso. Parabéns

 

 

 

09/01/2007 18:39.

Comentarios » Ir ao formulario

gravatar.comAutor: Catuxa

Cando estiven na universidade de Vigo impartiendo cursos, a universidade os reproducía logo pola uvigo tv!

Non deixa de ser un estupendo repositorio.

Data: 10/01/2007 09:47.


gravatar.comAutor: Carlos

Certo Catuxa, non deixa de ser un repositorio de materiais educativos en formatos determinados.
Neste caso o que me parece máis interesante non é o repositorio en si, senón o servizo que supón para os alumnos (e para os profesores, por que non; e os cambios nas formas de facer na universidade que poidan derivarse do seu uso.

Data: 10/01/2007 12:36.


gravatar.comAutor: dan3

Catu, Carlos sólo un pequeño apunte: por el momento, el uso dominante del servidor es como mediateca o repositorio de eventos. Los materiales docentes están en zonas privadas o en claroline o moodle bajo clave de acceso. Eventos y cursos públicos son sólo un primer cambio para una reforma más radical que está pendiente en la universidad en general
un saludos a ambos

Data: 11/01/2007 00:08.


gravatar.comAutor: Carlos

Apunte anotado Daniel. Os cambios nas universidades van despacio, pero eses pequenos cambios, sobre todo se son apoiados e coordinados son unha punta de lanza, que ata o de agora só se vía en ocasións moi contadas. Todas as universidades fan cousas moi interesantes de cara a ese cambio (adaptación ás condicións da sociedade actual), seino de primeira man, pero as portas aínda seguen a estar demasiado pechadas. Coa integración de servizos como este xunto cos xa máis estendidos de ensino apoiado polas redes (como os que comentas) e outros como a utilización de ferramentas que fomentan o traballo máis colaborativo e cooperativo, os pasos de cara a ese cambio máis radical coido que se acelerarán en gran medida.

Data: 11/01/2007 00:28.


Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.



O Recanto

Semente RSS:

Temas

Archivos

Enlaces

Blogheadas

Contorno

Deseño

Deseño Instruccional

Document Ando

Edublogs

Educ Ando

Eduticadas

Recursos

(SI) Sociedade da Inf...

Tecnoloxías

WebQuests

1,2,3 a contar ...

  • http://www.nedstatbasic.net/stats?ADIBBgDbTJ2JU1eeJYJIpNzInpbQ

Contact Ando

  • http://sekeirox.blogia.com/index.xml
  • http://del.icio.us/xacaes
  • http://skype:xacaes?call
  • mailto:sekeirox@gmail.com
  • mailto:xacaes@hotmail.com
  • http://odeo.com/sendmeamessage/CarlosSantos
  • http://www.google.com/reader
  • http://www.aypwip.org/webnote/sekeirox
  • http://www.getblogs.com
  • http://www.bitadir.com
  • http://www.chuza.org
  • http://www.blogfesor.org/manifiesto.htm
  • http://www.flickr.com/photos/sekeirox/99190449/
  • http://creativecommons.org/licenses/by/2.5/es/deed.gl
  • http://www.feedness.com/

Imaxin Ando

CeroTres

www.flickr.com
This is a Flickr badge showing public photos from Sekeirox. Make your own badge here.

Sindicación

Smart RSS Button Engadir feed a:
¿RSS, feeds, sindicación? (Axuda grazas a blogum)

Declaración de RoaEste blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma.
Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe).

Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo .

Usa Firefox!. Navégase mellor


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.