Blogia
Sekeirox

E ti por que blogueas?

Vía Teaching and developing online, Darren Cannell fai referencia ao post The Conclusion Illusion: Blogging as Exploration publicado en Contentius por Amy Gahran. Neste post a autora, achéganos as súas reflexións sobre o porqué blogueamos, e chega a conclusións ben interesantes.
Apunta que ela bloguea para explorar, para mellorar as súas exploracións e para compartilas. Destaca o papel fundamental do feito de escribir como acción que a axuda a pensar e a comprender mellor. Sinala ademais que as entradas dun blog teñen unha dependencia enorme do contexto, da situación e do momento en que se editan e que a través do historial se poden ver as impresións e percepcións do autor, sobre un tema nun momento determinado, podendo facer un seguimento da evolución destas posibles diferentes perspectivas. Destaca tamén que os blogs son traballos que están en progreso e evolución. Fala ademais da diferencia de escribir para un medio tradicional onde o feedbak non é inmediato ou simplemente non é, fronte a facelo neste medio, que supón unha conversación, un intercambio de puntos de vista a través dos comentarios sucesivos que se poden xenerar. Permítelle abrir a súa mente aos demais e compartila; de modo que se xenera un intercambio de intereses e perspectivas.

1 comentario

dorfun -

...e por que deixas de bloguear?

http://www.blogpocket.com/scripts/view.php?arch=posts0504&articulo=verpermalink&id=200504111