Segundo Encontro de Edublogs (Ayerbe2007)
O ano pasado foi Roa de Duero a sede do primeiro encontro de Edublogs, organizado e impulsado dende "Aulablog" e "El Tinglado". O 2007 a caravana de blogueiros, "edublogueiros" e persoas interesadas no uso de TIC nos contornos educativos, desprázase a Ayerbe. O 2º Encontro de Edublogs (2007) xa está lanzado e a maquinaria en marcha. Só faltas ti por apuntarte (como aconteceu o ano anterior, o aforo está limitado a 50 persoas ou sexa que se non o queres perder xa sabes...
As datas, nas que esperamos revivir e reforzar o espirito de cordialidae, camaradería e bon facer que vivimos en Roa, son o 4, 5 e 6 de xullo
Este encontro, terá como tema central as competencias dixitais nos novos currículos do ensino obrigatorio.O mesmo que acontecera o ano pasado, haberá espazo para comunicacións, obradoiros, mesa redonda, charlas, e moi bo rollo. Tamén lanzarase un meme, que o terá difícil para superar a participación e as reflexións que suscitou o da primeira convocatoria. Ademais, na páxina do evento, está aberto e agardando polas túas aportacións e opinións, o foro sobre este e outros aspectos importantes relacionados coas tecnoloxías e o ensino.
Se estás interesada ou interesado en presentar unha comunicación no encontro, ou coñeces a alguén que o estea, é necesario enviar un arquivo adxunto á direcciónn blogfesores@gmail.com indicando no asunto: Comunicación.
Tamén nesta web podes atopar o formulario para realizar as Inscripcións
Se ademais necesitas hospedaxe tes información, por exemplo aqui:
Este é o Programa do Encontro sobre o que iremos falando e ampliando datos dende aqui .
0 comentarios