Entroido e "avatares"
Miro pola fiestra: Tempo da Frouxeira (que din por aqui); tempo de: cocido, lacón con grelos, cachucha, orellas e demais larpeiradas....
Entroido: Mascaritos, cabezudos, pantallas, peliqueiros, cigarróns...; A xente disfrázase dende hai séculos; as persoas durante esta época do ano sofren unha deslocalización do curso habitual da súa vida; como di Su aludindo ao proceso de carnavalización identificado por Bakhtin, nos seus estudos da cultura popular da Idade Media: As persoas fican suspensas das prohibicións e restriccións ao comportamento, aos medos, ao respecto pola autoridade. Di Su no seu traballo, que a carnavalización supón unha quebra da xerarquía, das normas sociais, políticas e relixiosas.
Boto unha ollada ao particular entroido brasileiro: mozos e mozas "garotas" locen os seus corpos esculturais, provocando á multitude que participa no sambódromo e nas rúas, apenas ataviadas cunha minúscula (ou non) máscara que as "protexe", e "reserva a súa identidade real" durante esta época de ficción.
Na informática, dada a importancia da apariencia, da metáfora, da ficción; de darlle un sentido humanizado ao mundo dos bits..., o concepto de máscara aparece por todos lados: (máscaras gráficas, capas, interfaces, ...)
Pero sobre o que quero reflexionar hoxe, é sobre ese "vivir continuo no entroido" da inmensa maioría das persoas que conviven na grileira entendida como un grandísimo sambódromo. Como no verdadeiro entroido, a ausencia de normas iniciais, trócase co tempo nun proceso autorregulado; cada un vai disfrazado como lle peta, ou ás veces como lle mandan.
Cando te identificas nun servizo da rede, podes crear o teu perfil case como che veña en gaña. É algo propio das comunicacións on-line, o uso de nicknames ou alcumes que poden ter que ver ou non ca identidade real; o uso de imaxes identificativas (avatares); ou outras formas alternativas de identidade, que en certo modo cumpren algunhas das funcións das fantasías e máscaras do entroido.
Ao final cando levas moito tempo "vivindo" na grileira, e fas un percorrido polos teus distintos perfís (dos múltiples formularios de servizos que cubriche algunha vez), pódeste levar unha sorpresa maiúscula, e chegar á conclusión de que eres unha especie de camaleón (que xa sabes que cambia de cor segundo a ocasión) ou de Mortadelo.
Tamén é certo que co tempo afaste a levar case sempre o mesmo disfraz (serán os anos) e os demais grilos ou surfeiros acaban tendo unha idea máis que aproximada de como eres na túa vida real,(ás veces incluso saben ou intúen máis do que demostras na realidade).
O meu actual alcume: xacaes ven de vello. O meu primeiro aquel era: caes (algunhas das iniciais do meu nome), despois de participar en diversas comunidades con el, e das múltiples caídas nos chats debido á penosa conexión que teño na casa, acabáronme dicindo: - que???... xa caes???, e asi foi como me quedei co: xacaes.
Pensaches algunha vez no/s teu/s perfil na rede?

1 comentario
dorfun -
...sobre a explicación, eu supoño que será unha dexeneración do meu nome de pila, porque realmente eu non sei porqué me chama así... e meu pai tampouco!?!?