Blogia
Sekeirox

A peneira II

A peneira II En xullo do ano pasado, publicaba un post (que agora está en privado, pero que prometo volver a publicar no seu momento), sobre as similitudes entre o blogueo (os blogs) e o "efecto peneira".
As peneiras (cribas) son uns artiluxios, cada vez máis sofisticados, que serven para ir filtrando e tamizando xeneralmente grao, pero podería ser calquera outra cousa.
Para que a peneira funcione, é necesario dotala de movemento (accións) (adiante e atrás; dereita esquerda; circular; con pequenos rebrincos...;... a medida que mexemos a peneira, o elemento peneirado vai mudando de posición, vai cambiando a súa estrutura e incluso a súa composición; os elementos que son máis pequenos que os furadiños da malla (trama)escápanse, o resto permanece na peneira. Tamén producto do "mexemento", os elementos que non se correlacionan coa maioría, quedan destacados, sinalados; e se son elementos non aproveitables, simplemente paramos de mexer, e os apartamos. Unha vez limpo, seguimos mexendo a peneira...
Os blogs, como as peneiras facilítanos, gracias ao "mexemento" ao que están sometidos, unha selección e discriminación eficaz da información sobre diversas temáticas; sobre diversas situacións...
Os blogs, como as peneiras despois de cada movemento, van mudando na súa apariencia, no seu contido, na súa estructura; facilitando que poidamos ver mellor o que nos sobra e o que nos interesa realmente. E moitas veces descubrimos elementos que non coñecíamos, e que tal vez nos conveña deternos para coñecelos mellor (ou non).
O "efecto peneira", que ten moito que ver co nome deste blog (algún día destes contareivos de onde ven o sekeirox), axúdanos a manter vivos os nosos sentimentos, emocións, reflexións, permitíndonos desbotar moitos deles e facer unha selección adecuada que incorporamos á nosa colleita.
O "efecto peneira", permítenos estar activos e atentos para manter unha actitude de reequilibrio constante no continuo vaiven da vida que nos desequilibra a cada momento; e gracias ao cal aprendemos e melloramos.
O "efecto peneira", permítenos estar atentos ao que pasa ao noso arredor, e a tentar ver un pouco máis aló do que ven os nosos ollos; facilítanos que non nos conformemos co que nos ven dado; indúcenos ao rebote, ao inconformismo á subversión.
O outro día, a amiga Su contábanos que no Brasil da esquerda, a peneira levaba un ritmo demasiado lento, tan lento tan lento que se tornaba cara ao centro. O "efecto peneira" non está a funcionar demasiado ben. Dende nós na rede, un sector da blogosfera brasileira, en cambio, a peneira estase a mexer con intensidade buscando retomar o ritmo necesario para que a peneira poña cada cousa no seu sito.

7 comentarios

Air Jordan shoes -

Treasures today, treasures the life, treasures you to have all.

Chat -

salutacions!

Lu -

Hola, disculpa, no sé escribir gallego, aunque puedo leerlo y medio-entenderlo (mi lengua materna es el catalán y la profesional el castellano).
Acabo de leer un comentario tuyo en mi cutre-blog, como diría un amigo tuyo, acerca de las blogheadas. Anoto esta nueva palabra en la lista de nuevas formaciones que mis alumnos inventan con la palabra blog.
Se agradece.

Carlos -

Mariña, alégrome de que che gustase o blog. Coido que se trata precisamente do que ti apuntas... compartir para mellorar.
Coñezo (máis ou menos) o traballo que realizáchedes na materia do ano pasado, a través dos vosos blogs (algúns deles, como o teu, os teño sindicados no meu feedness). Seguro que coa materia deste ano tedes outra visión do uso das tecnoloxías nas vosas clases (outras ferramentas, outros plantexamentos...). Estarei atento aos teus comentarios ao respecto das túas novas experiencias. Saúdos

Carlos -

Serafín, eu tamén lembro con agarimo as tardes no hórreo dos avós, nunha aldeiña de Cabana de Bergantiños, a terra do bardo.
Naquel hórreo as colleitas mantíñanse frescas, aireadas e secas; alí acababan de madurar os froitos.
Non vas desencamiñado; unha das tres razóns de ser do nome do sekeirox vai por ahi..., mais non pensara no tema da luz daqueles atardeceres subido ao horreo. Sacáchesme un sorriso axudándome a lembralo ;)

Mariña -

Ola Carlos! Esta mañán levei unha moi agradable sorpresa ó atopar o teu comentario no meu cutre-blog (despois de ollar o teu non pode recibir outro calificativo). En resposta ás túas preguntas, na materia do ano pasado sí que faciamos uso do Campus Virtual que nos servía como punto de encontro para participar en foros, para ter acceso ós correos electrónicos dos compañeiros e da profesora así como a artigos e enlaces de interés, empregar distintas sás do chat da universidade, crear o noso portafolios particular, e, como non, tamén tiñamos cada un o seu blog (ademáis de contar coas direccións dos blogs dos demáis).
Nas materias que mencionaba de este ano arrancamos empregando o correo electrónico (fora do Campus Virtual) como medio principal de comunicación, e o profesor, como parte de un grupo de investigación, ten unha páxina (a do Observatorio Atrium Linguarum) que nos pode ser moi útil e na que imaxino que participaremos facendo comentarios e preguntando dúbidas. Este profesor tamén espera que fagamos uso do chat e de tódalas ferramentas que nos faciliten o acadar os obxectivos que temos para estas materias.
Moitas gracias polo teu comentario (fíxome moita ilusión). O teu blog é unha pasada, gracias por compartir todo iso.
Outro saúdo.

Serafín -

A min gustábanme as regandixas de luz interior do pequeno hórreo dos meus avós, do cabaceiro como me aprenderon a chamarlle eles. É esa a luz dos sequeiros?