Blogs e ferramentas 2.0 nos centros
Cada vez son máis os profes que deciden utilizar o tempo das súas materias optativas ou das súas tarefas adicadas á orientación dos alumnos, precisamente a eso: a orientalos no manexo, uso e disfrute das tecnoloxías que van saíndo todos os días.
- Isidro Vidal ofértalles aos seus alumnos de 2º da ESO un obradoiro de blogs . O programa vaise centrar na creación de blogs individuais e colectivos; aprender a publicar texto, insertar imaxes, audio e video. Traballar con servidores gratuitos para aloxar multimedia: Odeo, Youtube ou Google video, Flickr e utilizar os servizos destos para os blogs. Isidro creou o seu propio blog para o desenvolvemento do obradoiro de blogs .
- Felipe Zallas, aproveita a optativa Redacción y diseño de prensa que se imparte na ESO na Comunidade Valenciana, facendo unha reorientación da súa proposta inicial cara ao seguimento da evolución que está a experimentar os medios de comunicación (prensa dixital, radio e TV por Internet...) e da aparición de novos medios (blogs). Despois dos tanteos iniciais que se poden seguir nas evolucións deste blog de aula: En el Villena, desenvolto o curso anterior, Felipe elaborou esta innovadora (no que se refire a traballo na aula ou fóra dela) proposta ou programa para o curso que comeza.
- Dende o Departamento de Orientación do García Barbón de Verín (Ourense), Daniel Veiga ofrécelles aos seus alumnos esta interesante proposta para "Orientarse en Internet" . A proposta inclúe unha introducción a internet; o correo electrónico: Yahoo e Gmail; Como crear un blog con Blogia; Aprender a buscar información na rede de xeito automático con Bloglines; Aprender a buscar información en internet; Ofrécelles unha serie de recursos de información académica e profesional; e o traballo con outras ferramentas enmarcadas dentro das denominadas da Web 2.0
3 comentarios
Carlos Santos -
Isidro Vidal -
Gracias por la referencia. Saludos cordiales
Daniel veiga -
Unha aperta