Google para educadores - Google Docs - Google
José Luis Cabello en Aulablog ofrécenos un interesante artigo comentando sobre as bondades das ferramentas integradas en Google para educadores . Será unha boa cousa seguir o foro aberto en Aulablog para afondar no uso destas ferramentas.
Outra ferramenta Google, aínda en "Beta", que me pareceu moi boa, e que seguro integrarán neste paquete para educadores é o Google Docs , á que chego vía Microsiervos . Trátase dun potente editor de textos e folas de cálgulo qo que podemos acceder vía web (só necesitamos un navegador); hai outras ferramentas similares, pero esta parece más potente que outras revisadas. Este novo servizo permite logo, aos usuarios rexistrados (Quen non está rexistrado nalgún servizo dos que oferta Google?) crear documentos de texto e follas de cálculo; compartilos, traballar neles de forma colaborativa, editalos en diversos formatos, etiquetalos, gardalos en liña ou no propio ordenador en diversos formatos doc, html, rtf, Open office, PDF, e as follas de cálculo tamén en CSV, ODS, XLS. Casi nada
0 comentarios