Blogia
Sekeirox

Os gañadores do I Premio Espiral Edublogs 2007 son...:

Despois de moito tempo sen prestarlle a atención que se merece este espazo, debido sobre todo a un reaxuste na concentración das enerxías, volvo a comentar sobre o "I Premio Espiral Edublogs" 2007. 

En primeiro lugar, teño que agradecer aos responsables de Espiral, por contar conmigo para a valoración dos blogs presentados. Foi un gran traballo de todo un equipo de avaliadores, que dedicamos parte do noso tempo a observar e dar a nosa opinión sobre diversos aspectos das candidaturas. Para min foi unha gran satisfacción, porque tiven a ocasión de afondar en blogs que xa coñecía e que tiña como referentes, para descubrir novas xoias da blogosfera educativa, e sobre todo para aprender, tanto dos meus compañeiros "avaliadores" como do moito e bon que se está a facer nas aulas utilizando as TIC e neste caso os blogs.

O resultado do premio, que desglosarei a continuación, é fonte de gozo e satisfacción para os elixidos, mais debe selo tamén para todos os presentados, porque o compartir, expoñer e razonar as propostas educativas cos demais, as ideas, os recursos ten un valor para min moi superior ao de calquera premio.

Para min, é moi interesante o resultado tamén, xa que nos debe axudar a reflexionar sobre as tendencias e os conceptos que manexamos neste mundo "blogosferil" , pero sobre todo o que máis me encheu de todo isto, foi o proceso; o proceso de construcción e a evolución de cada blog particular; e o proceso de presentación, argumentación e a valoración en si mesma.

Tamén moi interesante, a presentación de candidaturas en galego, candidaturas, todas elas de gran calidade e algunhas delas resultaron premiadas nalgunha das categorías.

Parabéns logo, para todos: os presentados, os galardonados, os promotores da idea e os que nos tocou a difícil tarea de valorar o traballo dos demais.

Blogs premiados nas distintas categorías.

Blogs de aula

1º Euskaljakintza
2º Entre lilas y amapolas olvidado
3º Cuaderno de Psicología

Blogs de Centros

1º BioGeo
2º Guía de Información académica e Profesional
3º iesquintana.net

Blogs de Colectivos

1º CHIODO SCHIACCIA CHIODO
2º Iguales en Las Tres Mil
3º A Nosa Biblioteca 3.0

Mencións

1º Zonatic-n
2º Fem química!
3º Blog de Mar Gallego

Blogs de Profesoras e Profesores

1º A pie de aula
2º Las TIC en Plástica
3º La lechuza de Minerva

A entrega de premios realizarase na Jornada de Espiral que se celebrará os días 8 e 9 de xuño en Barcelona, Colegio Oficial de Doctores y Licenciados.

Agardo poder asistir (agradezo dende aqui a invitación ao evento).

0 comentarios