Blogia
Sekeirox

III Encontro de Edublogs 2008 - Santiago de Compostela

 

Roa 2006 , Ayerbe 2007 e en 2008... agárdanos Santiago de Compostela. Durante os días 3, 4 e 5 de xullo, Aulablog ten o gusto de convocarvos ao III Encontro de Edublogs 2008 , que se desenvolverá na Facultade de Ciencias da Educación da USC .

A maxia que nos envolveu aos participantes no Encontro de Edublogs 2006 en Roa de Duero, acompañounos e encheunos de enerxías no encontro de Ayerbe 2007, este ano, estamos seguros de que tamén nos acompañará, polo que decidimos volver a vernos, coñecernos e recoñocernos nun ambiente afable, cordial e próximo, onde o verdadeiro interese é o gozo de encontrarnos, de aprender e de compartir o que sabemos.

A temática central en torno á que se articula o III Encontro de Edublogs, que hoxe presentamos, é a creación de redes sociais educativas a través da utilización das ferramentas que nolo permiten. Conferencias, experiencias, obradoiros (redes sociais, blogs, wikis, ferramentas de autor, xestores de contidos, entornos virtuais de ensinanza - aprendizaxe, multimedia,.. ) e convivencia son parte da oferta recollida no programa deste Encontro.

Como se recolle na páxina de información relacionada co Encontro, xa está aberto o prazo tanto para a inscrición como para o envío de comunicacións .

Comeza a conta atrás e as prazas son limitadas. Agardámoste no camiño, en Santiago!!

 

 

6 comentarios

jordan shoes -

El reloj de arena recuerda el momento en que perdió!

atopar -

Anunciate Gratis en Galego


www.atopar.es "Anuncios en Galego"

Carlos -

Amigo dorfun, a temática neste encontro está sempre relacionada á aplicación das TIC no ensino, pero por suposto as persoas que no nsexan "do gremio" como dis, e eque estean interesadas en acudir serán benvidas. Se non podes acudir, tentaremos facerche chegar toda a información do que ali aconteza, pero botaráseche de menos.

dorfun -

...entre que as xornadas son "entresemán" e que a asistencia é do gremio, non vou poder facer unha visita como gustaría, pero deséxovos o mellor e que aprendades todos moito!!!

Carlos -

Belén, a pesar do choio que implica, as miñas experiencias anteriores neste encontro concreto mereceron moito o esforzo. Este ano tentaremos facelo o mellor que poidamos. Agardámoste.

Belén -

A pesares da época do curso e do cansad@s que imos sona moi apetecible ;)