Sekeirox |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema Blogheadas. Entre o encerado e o ciberespazo: entrevista a Lourdes BarrosoO outro día, despois dunha xornada moi dura, chegou unha conversa que me fixo virar o día. O mal rollo da xornada, transformouse en risas e unha charla distendida que me serviu para descansar mellor esa noite. A charla era coa amiga Lourdes Barroso , unha das persoas que está a tirar do carro de Aulablog . Comentábame, nesa conversa, sobre unha entrevista que lle estaban a facer para un medio de comunicación (e botamos unhas risas). Por suposto, estiven ben atento á prensa do día para ver onde e como saía esa reportaxe. Onte esa entrevista "Entre la pizarra y el cibersespacio" saía publicada en elmundo.es Estou encantado de que o traballo de currantas e currantes do ámbito educativo, neste caso do ámbito das TIC na educación, como é o caso de Lourdes se vexa recoñecido públicamente nos medios. Parabéns polo teu traballo Lourdes !!
![]()
Non chorizarás,...
Gústame o cine e ir ao cine, aínda que non vou demasiado. Ontes estiven no cine e fun ver: "The Ant Bully" da WB. A peli é entretida e os rapaces o pasaron ben. Ademais a máis de un lle fixo reflexionar sobre o mal que o poden pasar os animais cando os maltratan (esa auga amarela caida sobre os formigueiros,... o chorro da mangueira..., o chedarlle co pau para ver como saen as formigas ..... Bueno, o caso é que a algún lle fixo reflexionar sobre iso, e sobre a importancia da unión e do compartir intereses: " a unión fai a forza"; e "moitos pequenos unidos, poden cun máis forte"; bueno esas cousas comentáronas os pequenos ao saír do cine. Eu quedeime con outro detalle que aconteceu antes de que empezase a película. Despois dos típicos anuncios lembrando apagar o mobil,... sae outro que di: "Non roubarás: bolsos, carteiras, ... ou sexa, que non sexas "chorizo"; e tamén din que non debes roubar as pelis baixándoas e visionándoas dende internet; por suposto se che pillan gravando no cine incáutanse do material ilegal e tes que saír acompañado dos membros dos corpos de seguridade. En fin, que como xa sabiamos, iso de roubar non está ben (que é distinto que compartir). O caso é que cando saín do cine, saín coa carteira "baleira": desplumáronme. Os locais están ben, boas pantallas, bo audio,... pero cada entrada.... 5'90€!!!; eramos catro... 24 euros; coas palomitas e tal...: "30 euros"!!! para ver hora e media de película; película que posiblemente en breve poderei ver nos cines ao aire libre do Concello ou que poderei alugar e visionar na casa por un módico prezo compartíndoa con toda a familia e os amigos dos pequenos. Loxicamente, ninguén me mandou ir vela ao cine, pero ... non lle estarán a facer un fraco favor a esta industria con eses prezos tan abusivos?? a alguén lle extraña que nos últimos anos desaparecesen a maioría dos cines da comarca de ferrolterra?? En fin, que voltei para a casa coa "sensación" de ter sido víctima dunha desas "chorizadas"; aínda que contento porque os rapaces desfrutasen da película. Si, si si, a BLOGSE xa está aqui!!Vía Lourdes Barroso , Alejandro Valero de Páginas dispersas e Aníbal, enterome desta sorprendente (tan só polo momento no que foi aprobada, case rematando o ano e xusto antes de que os diferentes grupos políticos collan as súas vacacións de nadal) e esperada nova (as manifestacións como a recollida na imaxe inferior reproducíronse en todo o país). A nova lei de educación: a BLOGSE , foi aprobada por consenso. Todos os detalles poderanse consultar en breve nos boletíns oficiais (que supoñemos que tamén en breve irán adoptando formato blog). Lourdes ofrécenos o texto integro da Lei .
![]()
PaseniñoPaseniño. A este ritmo vai sekeirox nestas datas. Foron moitos os descubrimentos e aprendizaxes deste ano, produto dun activo mexemento que tentou ser recollido en parte neste blog; máis agora toca baixar o ritmo, apousar ideas e desfrutar máis ca familia e os amigos. A peneira II En xullo do ano pasado, publicaba un post (que agora está en privado, pero que prometo volver a publicar no seu momento), sobre as similitudes entre o blogueo (os blogs) e o "efecto peneira".As peneiras (cribas) son uns artiluxios, cada vez máis sofisticados, que serven para ir filtrando e tamizando xeneralmente grao, pero podería ser calquera outra cousa. Para que a peneira funcione, é necesario dotala de movemento (accións) (adiante e atrás; dereita esquerda; circular; con pequenos rebrincos...;... a medida que mexemos a peneira, o elemento peneirado vai mudando de posición, vai cambiando a súa estrutura e incluso a súa composición; os elementos que son máis pequenos que os furadiños da malla (trama)escápanse, o resto permanece na peneira. Tamén producto do "mexemento", os elementos que non se correlacionan coa maioría, quedan destacados, sinalados; e se son elementos non aproveitables, simplemente paramos de mexer, e os apartamos. Unha vez limpo, seguimos mexendo a peneira... Os blogs, como as peneiras facilítanos, gracias ao "mexemento" ao que están sometidos, unha selección e discriminación eficaz da información sobre diversas temáticas; sobre diversas situacións... Os blogs, como as peneiras despois de cada movemento, van mudando na súa apariencia, no seu contido, na súa estructura; facilitando que poidamos ver mellor o que nos sobra e o que nos interesa realmente. E moitas veces descubrimos elementos que non coñecíamos, e que tal vez nos conveña deternos para coñecelos mellor (ou non). O "efecto peneira", que ten moito que ver co nome deste blog (algún día destes contareivos de onde ven o sekeirox), axúdanos a manter vivos os nosos sentimentos, emocións, reflexións, permitíndonos desbotar moitos deles e facer unha selección adecuada que incorporamos á nosa colleita. O "efecto peneira", permítenos estar activos e atentos para manter unha actitude de reequilibrio constante no continuo vaiven da vida que nos desequilibra a cada momento; e gracias ao cal aprendemos e melloramos. O "efecto peneira", permítenos estar atentos ao que pasa ao noso arredor, e a tentar ver un pouco máis aló do que ven os nosos ollos; facilítanos que non nos conformemos co que nos ven dado; indúcenos ao rebote, ao inconformismo á subversión. O outro día, a amiga Su contábanos que no Brasil da esquerda, a peneira levaba un ritmo demasiado lento, tan lento tan lento que se tornaba cara ao centro. O "efecto peneira" non está a funcionar demasiado ben. Dende nós na rede, un sector da blogosfera brasileira, en cambio, a peneira estase a mexer con intensidade buscando retomar o ritmo necesario para que a peneira poña cada cousa no seu sito. O día de... Case que tódolos días do ano temos para celebrar "O día de..." algo ou alguén. Eu xa hai bastante tempo que decidín permanecer un pouco á marxe desta "moda" dos "Días de...". Non é que non teña a ben lembrarme desas persoas, ou que non me guste celebrar eses días especiais, ou que non me solidarice coas distintas causas ás que se refiren os "Días de..." (aínda que a maioría das veces as campañas dos "Día de..." teñen tan só un motivo comercial por detrás); senón todo o contrario. A miña opinión é que esas causas, persoas, cousas... ás que desexo lembrar, se merecen moito máis que un día, e por iso procuro facelo sempre que podo. Por suposto respecto a todas as persoas que viven con máis ou menos paixón "O día de...", pero eu procuro pasar de puntiñas por eles, "deixándome facer" procurando non amolar aos que con toda a boa intención do mundo viven con maior intensidade e ilusión estes días (por suposto, hai "Días de..." nos que participo activamente (non son ningún becho raro, ¿ou si?), isto pasa cando coas miñas accións podo contribuír a algunha causa que outros días me resultaría máis difícil facelo. Hai "días de..." en que "ou é ese día ou non é"). O día de hoxe (31 de agosto), é o proposto para a celebración do "Día do Blog", ou BlogDay. Esta iniciativa do día dos blogueiros, promocionar dalgún xeito a "novos" blogueiros, doutras nacionalidades e doutros centros de interese. Para este fin, cómpre destacar nun post cinco "novos" blogs; facer unha breve descrición dos mesmos (cas súas ligazóns pertinentes) e facerlles saber aos "novos" bloguers, que foron citados no post; e por último agregar a etiqueta BlogDay de Technorati: http://technorati.com/tag/BlogDay2005 e unha ligazón ao sitio BlogDay: http://www.blogday.org No meu caso, o día de hoxe (coma case tódolos días) din con oito ou nove blogs, interesantísimos, tanto pola súa temática como polo seu contido e a súa presentación. Pero, seguindo o meu parecer sobre os "Día de..." considero que non debo destacar só a cinco (como dí Catuxa en Deakialli: faría falla un BlogDay case que tódolos días), para ser xusto coa incipiente blogosfera que cada día se nutre de novos blogs fantásticos. Ademais de descubrir ou redescubrir eses estupendos blogs, púxenme en contacto coa maioría deles a través de comentarios aos seus posts, e con outros espero facelo; outros están (ou o estarán en breve) recollidos: nas ligazóns de sekeirox, no meu flikr, no meu del.icio.us , no meu feednes, no meu CiteUlike e nas ligazóns doutros sitios nos que blogueo como en aulablog. A través destas pegadas que vou deixando, coido que é unha forma de recoñecer, día a día que eses sitios son do meu interese e que llos recomendo a todo o mundo. Mañá seguro que será outro bo "BlogDay" ;) Poñerse ao día (III)Comentaba no post anterior o difícil que me resultaba manterme "ao día", e sobre todo de recollelo no blog. O certo é que ao día, máis ou menos me manteño, pero no que respecta ao blog,.... estou a facer todo o que non se debe facer para manter vivo un blog, tendo en conta o que di Carlos Corredor en Baquia. Non me sinto satisfeito co que estou a facer con sekeirox, pero polo momento, é o que hai. De sekeirox, tan só se está a salvar e polos pelos, o seu contorno, e por suposto a Frouxeira, que é o único modo de ir mantendo as pilas un pouco cargadas. Iso si,... non parei nen un intre, o tema vacacións quedará para máis adiante. A miña presenza na rede estivo por outros lares lonxe de sekeirox, outros blogs, outras ferramentas, outras comunidades, outras actividades e roles, pero case sempre con temas comúns: as tic e a educación, andan case sempre polo medio. Espero que o vento acompañe e que sopre na dirección adecuada; nese momento, retomarei sekeirox con forza. Mentres tanto, a desfrutar das aportacións dos membros das redes nas que teño algún nó (nodo, nudo), que cada vez se amplían máis e desfrutar das outras mareas nas que estou enrolado... Máis que un xogo Coincidindo co 70 aniversario do xa clásico xogo de mesa Monopoly, atopo vía boingboing e abundando esta versión, que vai do clásico Monopoly ao... Blogpoly. A proposta publicada en littleolso non deixa de ser curiosa, e a imaxe do taboleiro gustoume bastante.E ti por que blogueas?Vía Teaching and developing online, Darren Cannell fai referencia ao post The Conclusion Illusion: Blogging as Exploration publicado en Contentius por Amy Gahran. Neste post a autora, achéganos as súas reflexións sobre o porqué blogueamos, e chega a conclusións ben interesantes. Apunta que ela bloguea para explorar, para mellorar as súas exploracións e para compartilas. Destaca o papel fundamental do feito de escribir como acción que a axuda a pensar e a comprender mellor. Sinala ademais que as entradas dun blog teñen unha dependencia enorme do contexto, da situación e do momento en que se editan e que a través do historial se poden ver as impresións e percepcións do autor, sobre un tema nun momento determinado, podendo facer un seguimento da evolución destas posibles diferentes perspectivas. Destaca tamén que os blogs son traballos que están en progreso e evolución. Fala ademais da diferencia de escribir para un medio tradicional onde o feedbak non é inmediato ou simplemente non é, fronte a facelo neste medio, que supón unha conversación, un intercambio de puntos de vista a través dos comentarios sucesivos que se poden xenerar. Permítelle abrir a súa mente aos demais e compartila; de modo que se xenera un intercambio de intereses e perspectivas. Innovar con blogsEn D'arcy Norman Dot Net, aparece un post: Innovation through blogging, que nos leva ao mundo do emprego de blogs polas comunidades de pesquisadores. Moi interesantes, tanto o post como as ligazóns que nos ofrece sobre o tema. Visita inesperadaVolveume visitar. Estivo case que dúas semanas con nós, pero agora parece que xa non está a gusto na casa e quere marchar. Nesta ocasión ademais, veu acompañada da súa parente informática (troianos, dialers, programas de control remoto, e outros "viruxes" de distintas cepas e peligrosidade, coláronse no "trebello" que utilizo habitualmente). Supoño que terei que tomar medidas drásticas ao respecto, agardando que o "trebello" non morra definitivamente. Algún día destes adicareille un post ao cracker descoñecido En fin,... superado o meu estado febril, as cousas parecen volver á normalidade. Reviso o meu recolledor de feeds e atópome con que está aos topes. Nunha primeira ollada, vexo moooitas cousas interesantes, das que intentarei ir dando conta pouco a pouco. Paseniño Entroido e "avatares"Miro pola fiestra: Tempo da Frouxeira (que din por aqui); tempo de: cocido, lacón con grelos, cachucha, orellas e demais larpeiradas.... Entroido: Mascaritos, cabezudos, pantallas, peliqueiros, cigarróns...; A xente disfrázase dende hai séculos; as persoas durante esta época do ano sofren unha deslocalización do curso habitual da súa vida; como di Su aludindo ao proceso de carnavalización identificado por Bakhtin, nos seus estudos da cultura popular da Idade Media: As persoas fican suspensas das prohibicións e restriccións ao comportamento, aos medos, ao respecto pola autoridade. Di Su no seu traballo, que a carnavalización supón unha quebra da xerarquía, das normas sociais, políticas e relixiosas. Boto unha ollada ao particular entroido brasileiro: mozos e mozas "garotas" locen os seus corpos esculturais, provocando á multitude que participa no sambódromo e nas rúas, apenas ataviadas cunha minúscula (ou non) máscara que as "protexe", e "reserva a súa identidade real" durante esta época de ficción. Na informática, dada a importancia da apariencia, da metáfora, da ficción; de darlle un sentido humanizado ao mundo dos bits..., o concepto de máscara aparece por todos lados: (máscaras gráficas, capas, interfaces, ...) Pero sobre o que quero reflexionar hoxe, é sobre ese "vivir continuo no entroido" da inmensa maioría das persoas que conviven na grileira entendida como un grandísimo sambódromo. Como no verdadeiro entroido, a ausencia de normas iniciais, trócase co tempo nun proceso autorregulado; cada un vai disfrazado como lle peta, ou ás veces como lle mandan. Cando te identificas nun servizo da rede, podes crear o teu perfil case como che veña en gaña. É algo propio das comunicacións on-line, o uso de nicknames ou alcumes que poden ter que ver ou non ca identidade real; o uso de imaxes identificativas (avatares); ou outras formas alternativas de identidade, que en certo modo cumpren algunhas das funcións das fantasías e máscaras do entroido. Ao final cando levas moito tempo "vivindo" na grileira, e fas un percorrido polos teus distintos perfís (dos múltiples formularios de servizos que cubriche algunha vez), pódeste levar unha sorpresa maiúscula, e chegar á conclusión de que eres unha especie de camaleón (que xa sabes que cambia de cor segundo a ocasión) ou de Mortadelo. Tamén é certo que co tempo afaste a levar case sempre o mesmo disfraz (serán os anos) e os demais grilos ou surfeiros acaban tendo unha idea máis que aproximada de como eres na túa vida real,(ás veces incluso saben ou intúen máis do que demostras na realidade). O meu actual alcume: xacaes ven de vello. O meu primeiro aquel era: caes (algunhas das iniciais do meu nome), despois de participar en diversas comunidades con el, e das múltiples caídas nos chats debido á penosa conexión que teño na casa, acabáronme dicindo: - que???... xa caes???, e asi foi como me quedei co: xacaes. Pensaches algunha vez no/s teu/s perfil na rede? Abrigarse na grileiraVai sol, mais entra un aire frío do norte, que corta as verbas. Refúxiome no meu recanto (as raiolas de sol entran pola fiestra, e o frío queda fóra). Decido dar un paseo polo blogomillo para ir entrando en calor. E xa sabes co mo vai esto..., dunha baliza vas para outra e de cando en vez, afástaste do camiño trazado ata chegar a un novo sitio que balizar. O mapa vai medrando, facéndose máis complexo, pero segue a ser un mapa. Despois dun rato navegando, entro en calor e esquézome da climatoloxía exterior. Entérome da presentación da comunidade alg-a o día 2 de febreiro na sala NASA de Compostela. Entro no RSS Blogomillo e vexo que coido que os feeds de sekeirox non o "alimentan" ben. Pescudarei por se hai algún erro. Sigo navegando, e dou cun post en tintachina que me picou a curiosidade e abre unha nova rota pola que meterse, e argallar. Resulta que Gemma Ferreres, fala no seu post Tinta xinesa de como está a crear a súa "edición internacional" de tintachina, utilizando diversos traductores automáticos e tomando como fonte de inspiración: Spanish Speaking Bloggers Blogging in English: An Aggregator publicado en el eCuaderno de José Luis Orihuela. Dende a lista: Constructivismo de hotmail, dou cun novo blog que se acaba de estrear na grileira: El constructivismo en el aula, que pola temática e o estilo dos seus posts, coido que me vai gustar. Chamada de teléfono, corte na conexión (asi estamos neste pobo), teño que saír e enfrontarme de novo ao frío de finais de xaneiro. "bloghear" e "postear"Vía weblogg-ed, Will, R fai unha interesante reflexión sobre a diferenza entre o "blogging" e o "posting"; fala das características da linguaxe cando se bloghea; do sentido de "audiencia" que desenvolve o blogger e das implicacións que ten este, sobre a súa forma de escribir. Fala tamén da conveniencia de aproveitar e facilitar a oportunidade de bloghear para favorecer a mellora da escritura dos alumnos." Outro servizo de weblogsVía ciberlingua, entérome de que Universia, acaba de poñer a disposición dos seus usuarios, un servizo (en probas) para montar bitácoras. Un servidor no camiño Durante varios días, sekeirox estivo parado, xa que un servidor enguedellouse polo camiño.O canto do grilo Non sei como será noutros contornos do mundo, pero no meu contorno, unha das sensacións que me fan ter eses momentos "ledicia", é a producida ó estar nalgún sitio do rural galego, ó anoitecer ou pola noite pechada, no verán (con ou sen licor café de por medio), e escoitar: o canto do grilo, ou mellor dito dos grilos,... a ducias, a centos, a miles,... Pois ben, supoño que o grilo "A", cando axita os seus élitros, fai chegar a súa mensaxe a unha gran cantidade de grilos veciños, sendo o máis alonxado o grilo "B". O grilo "C", é o máis afastado de "B", e non percibe o sinal de "A" directamente, pero sí lle chega a través da resposta que "B" lle ofrece a "A", ou a través do canto dos outros moitos grilos que están á "escoita".Pois ben esta imaxe, dos grilos, aseméllase moito ó que acontece na arañeira (web), só que me atrae máis a idea da grileira que a da arañeira. Cando un grilo empeza a "cantar", prodúcese unha reacción incontrolada de resposta de milleiros de grilos veciños. Esto é o que pasou cando o grilo que escribe, provocou co seu canto ó seu veciño dorfun. Neste caso a petición era unha chamada para que alguén escribise algo sobre a sindicación. A resposta é este documento que está aberto a ser mellorado por outros grilos interesados. ¿Cara onde van os weblogs?Manuel Anchón en alzado.org , publicou recente mente un nteresante artigo sobre o presente e o futuro dos weblogs en España: ¿Hacia dónde van los weblogs? . Interesante, sobre todo pola cantidade de comentarios suscitados a partir da súa publicación. cabrafanada e outros máisLin o artigo publicado recentemente en A Nosa Terra sobre os blogs "Blogueiros, os novos escritores de diarios", e tiven o pracer de descubrir algunhas ligazóns de interese que á súa vez ligan con outros sitios, algúns interesantes e outros menos. Aqui van as ligazóns: O blog de Fran Alonso Cabrafanada O blog de Manuel Gago O blog de María Yañez todonada Salvemos ó animalEsta historia, foi escrita cando aínda non se sabía que pasaría o que pasou. É unha histria que pasou polo meu maxín hai xa tres anos bos. Aí vos vai ¡Salvemo-lo animal! É verdade que o tempo pon a cadaquén no seu sitio... Este pensamento asáltame case que tódolos días cando ergo a mirada dos meus libros, para botar unha ollada pola fiestra deste edificio cheo de cultura encriptada. O que outrhora ía sempre cunha camisa nova mirando cara ó sol, e que saíra da bisbarra ferrolana para instaurar un sistema terrorífico e espallar a inxusticia pola hispania de mediados do século que estamos a rematar; segue ahi, a pesar dos pesares; continúa erguido no seu cabalo no mesmo sitio de sempre, na mesma postura; ainda que algo está a cambiar... pouco a pouco a ferruxe estalle a chegar ós c...ostados. O seu busto, infinitamente venerado por algúns e odiado por outros, é agora o lugar preferido polas almas de tantísimos españois reencarnados en gueivotas, que veñen ex profeso, para depositar ali, día tras día, os seus excrementos. ¿E que dicir da montura? Ó pobre equino non lle queda outro remedio que aguantar e aguantar o peso de tan insigne opresor, ainda que non queira. A cola do animal fica ergueita, tal como se quixese colaborar na tarefa das gueivotas, e manchar, ainda máis, ese chan polo que está a pasar sen pasar; ese camiño que os leva a algures onde nunca acaban de chegar. ¿E pregúntome..., non será tempo de librar de tanto sufrimento ó animal? ¿Non será momento de axudar a ese cabalo a atravesar dunha vez por todas a Plaza de España? |
Temas
Archivos
Enlaces
BlogheadasCeroTresContornoDeseñoDeseño InstruccionalDocument AndoEdublogsEduc AndoEduticadasRecursos(SI) Sociedade da Inf...TecnoloxíasWebQuests1,2,3 a contar ...Contact AndoImaxin Ando
Este blog está adherido á Declaración de Roa, elaborada no 1er. Encontro de Edublogs. Fai clic aquí para acceder a ela e suscribila coa túa firma. Descarga / copia o banner no teu blog e lígao para difundir este documento. (Fai clic co botón dereito do rato e selecciona copiar imaxe). Documento en pdf ou quizais prefiras velo e escoitalo . |